martes, 2 de diciembre de 2014

Bochornoso

CHANCHONADA 347º
Bochornoso.



Estes Domingos de inverno, cando fai un día soleado temos que aproveitalo, desfrutar das escasas horas de sol, sobre todo nesas horas que o sol quece e temos unha agradable temperatura por riba dos 15º. Na nosa comarca miñota non andamos sobrados de grandes parques de esparcimento, como se fose un bosque dentro da zona urbana, onde desfrutar de paseos, deixa-los nenos correr coas bicis,...

Tamén un bó lugar onde pasar unha tarde dominical son as praias do río Miño, por sorte están caseque valeiras, gozas dun gran espacio aberto, sobran lugares onde estacionar,... Moitos desfrutamos de ser pais ou nais nestes intres; pero sempre hai alguen que está conectado e non pode despegarse do móvil ou da tableta. Este Domingo, mentrás nós desfrutábamos da praia da Lamiña, unha amiga (moi cabreada) fixonos chegar un enlace dunha páxina de internet.


Esta amiga é lectora da revista “Hola”, como moitas mulleres en España; na súa versión de internet deste fin de semana, propoñia como unha escapada de fin de semana: visitar A Guarda (Pontevedra); pero a nosa amiga despois de olla-lo artigo ficou enfadada. Imos a expoñe-las causas do enfado da querida amiga.

1º) No citado artigo non se fala nada da Guarda, da nosa historia, gastronomía, restauración, cultura, do Monte,....

2º) Fálase do Ferry, que leva dende o mes de Abril sen funcionar (+8 meses inactivo); ademáis expón o horario de verán, que só é operativo dous meses.

3º) Según a proposta da revista, ó chegar A Guarda hai que colle-lo ferry e irse para Caminha.

4º) Tamén nos falan de visitar Tui, Vila Nova de Cerveira,... a desembocadura do río Miño en Camiña.

5º) Para disfrutar da gastronomía local propoñen ir a Afife, a Gondarém,...

A seguir, fica a dirección URL da páxina, a copiades e a introducides na barra de enderezos do buscador.

http://www.hola.com/viajes/2014112775298/planazos-fin-semana-madrid-pontevedra-jaen-granada/



Querida amiga, nos tamén estamos indignados; na Guarda temos moi bós restaurantes e unha boa gastronomía,... nós estamos orgullosos do noso Monte, das nosas praias do río Miño. Pasar uns días na Guarda e non proba-la nosa “Rosca de Xema”, debería ser pecado,... Poderíamos falar de moitas excelencias da nosa Vila, dos viños do Rosal,...

Pero isto non é a nosa función; para isto temos á Sra. Montserrat Magallanes concelleira de Comercio e Turismo; unha cousa é sair en fotos de auto-propaganda pagada có diñeiro de todos; outra distinta e acadar que medios de comunicación importantes te propoñan como un destino turístico para o seu público, e logo ollamos que falan das localidades veciñas e da nosa non. Isto é un exemplo da incompetencia e inutilidade da promoción turística feita dende o Concello de A Guarda.

Estamos mordendo a lingua para traga-lo noso veneno; pero os concelleiros, os hosteleiros, comerciantes, empresarios de hoteis,... deberían sair en defensa do seu sector económico e profesional esixindo responsabilidades por tanta incompetencia. Sra. Carmen García Braga, por favor explíquelle á Sra. Montserrat Magallanes que o diñeiro municipal é para facer promoción do turismo na Guarda, non é para promociona-la concelleira de Turismo da Guarda,... sabemos que soa parecido, pero son cousas diametralmente opostas.

Acadar que unha revista ou xornal de gran tirada a nivel nacional faga un artigo sobre A Guarda, ten moito máis valor e relevancia que 10.000 guías e panfletos feitos polo Concello. Pois neste caso que nos expoñemos, a revista “Hola” pode acadr un nivel de 1.000.000 de lectoras, ou máis; por ineptitude de algúns foi unha gran oportunidade perdida.



Mirador do Monte Ancos, a 2 de Decembro do 2.014.
Luis Felipe Cabeza Calva. Director de operaciones portuarias del Servicio de Puertos Estatales en Puerto Cabello (Estado de Carabobo; Venezuela).


No hay comentarios:

Publicar un comentario