¡¡O
Gordo!!.
Nestes
días, un dos temas recorrentes na barra do bar tomando o café, como
non poder ser de outro xeito é a loteria do Nadal. Dende logo
atopamos moita ignorancia no tema; imos a tratar de desfacer erros:
1º)
Cando é unha cantidade importante (superior a 2.500€) é
obrigatorio cobra-la nunha entidade financiera. O
procedemento é entrega-lo documento da loteria, decimo, resguardo,
quiniela,... para que a entidade financiera o verifique có organismo
de Loterias do Estado, a Once,... Normalmente os premios teñen un
período de pago de 3 meses, despois de depositalo, a entidade
financiera fará o depósito na nosa conta bancaria entre os 5 días
a 20 días posteriores.
2º)
Na conta bancaria, imos a ter ingresado o importe do premio, xa
descontado o importe dos impostos correspondentes. Atención a todos,
esta operación de ingreso está exenta de comisións
bancarias. Se a vosa entidade bancaria vos ofrece un adianto
a conta do premio, coidado pois seguramente vos ofrecen un crédito a
conta do premio como garantía do mesmo. ¡¡¡Ser pacientes!!!
3º)
Imos a repartir parte do premio cós familiares, parentes,... Por
favor, no intre de face-lo depósito do boleto na entidade bancaria,
comunicarlle a esta que o premio pertence a Fulanito, Menganita,
Butanito e Benzanita,... cós seus DNI,... para que facenda faga o
ingreso i emita un documento acreditando que cada un cobra a súa
parte do premio, xa descontados os impostos. En caso contrario, ó
repartir o que estamos facendo é unha donación, e isto conleva o
pago de novos impostos. ¡¡¡Unha cousa é ser xenerosos, e outra
ser tontos!!!
4º)
Como somos uns inversores precavidos, non queremos riscos, nin
preferentes,... Faise necesario lembrar unha cousa; a concentración
de moito diñeiro nunha mesma conta dunha entidade bancaria ten
“riscos colaterais”. O “Fondo de Garantía de Depósitos
en España” só cubre 100.000€ por titular i entidade financiera.
5º)
¿Podo levarme o diñeiro do premio ó extranxeiro?; SI. Pero é
necesario comunicarllo á Facenda, mendiante o modelo de declaración
informativa 720; así como facer unha declaración anual das
contas bancarias e rendimentos que obtemos no extranxeiro. Non hai
normas que me prohiban leva-lo diñeiro a Suiza, o ilegal é non
declaralo.
Sinceramente,
todos temos a fantasía dun premio de Loteria con varios millóns,
para deixar de traballar e vivir nunhas longas vacacións,... ¿Qué
cantidade mínima debe ser este premio?, isto non é fácil depende
da idade, cargas familiares, saúde, ritmo de vida, expectativas,...
Primeiro
temos que ter en conta que o premio non o cobramos integro, Facenda
xa desconta a súa parte. Agora xa temos un patrimonio, e non tódalas
Comunidades gravan este imposto por igual, polo cal é
interesante pasar a residir nas Comunidades onde o tipo impositivo do
imposto de patrimonio sexa o menor; non é o mesmo pagar un 0,25% que
un 2,5% ó ano.
Se
deixamos de traballar, deixamos de cotizar á Seguridade Social e
perdemos a cobertura sanitaria. Para contratar unha cobertura
sanitaria privada, similar (que nunca será igual) á da Seguridade
Social, necesitamos obter unha rentabilidade por riba dos
100.000€/ano. O máis recomendable é crear un pequeno negocio,
para cotizar como autonomo, e así mante-la cotización á Seguridade
Social; ademáis con esta solución temos prestacións sanitarias e
dereito a unha pensión, en caso contrario tamén teremos que cotizar
nun plan privado de pensións, polo que necesitamos un rendemento
monetario maior.
¿Cánto
imos a gastar de golpe ó cobra-lo premio?; este é un dos puntos
máis importantes, onde todos queren un coche novo de alta gama, unha
nova casa, un chalet para as vacacións, darse unha viaxe por medio
mundo,... Aquí o noso premio vai sofrir unha merma moi considerable,
canto maior sexa a merma, menor serán as posibilidades de
vivir da rentabilidade do mesmo. O mellor consello é non
entrar nunha toleira consumista nos primeiros meses; pois este
incremento de vida vai atraer a moitos “amigotes”, do mesmo xeito
que a mel atrae ás moscas. ¡¡¡Hai
que ser discreto e non chama-la atención!!!
Agora
xa estamos na recta final, ahi que considera-la nosa idade e a
esperanza de vida (anos que posiblemente ainda nos fican por vivir);
que cantidade monetaria necesitamos ano a ano,... Esta cantidade ten
que ser inferior ó rendimento que esperamos sacar do noso capital,
pois en caso contrario comemos o capital. Hoxe con moita sorte e
facendo boas inversións, sería un resultado aceptable obter un
rendimento despois de impostos dun 2% anual.
Por
exemplo, temos ó veciño de todos coñecido “Fulanito Butano
Propano”; quere levar unha vida regalada, para os vindeiros anos, a
un ritmo de vida anual de 30.000€. Necesita ter unha
rentabilidade mínima de 36.000€ para cubri-la depreciación do
IPC, pagar impostos, tamén debe obter algo de rendimento para que
aumente un pouco o seu capital; o rendimento mínimo está nos
38.000€ por ano.
Polo
que necesita un mínimo de 1.900.000€ que debe invertir e non
tocar para nada. Antes xa gastou 110.000€ en dous coches
para él e a señora, mercaron unha nova casa por 200.000€,
compraron un chalet nunha vila costeira de moda por 300.000€;
fixeron unha viaxe de turismo por 90.000€,... montaron un pequeno
negocio onde invertiron 70.000€, e deixaron dúas contas bancarias
para imprevistos con saldos de 100.000€ cada unha; maís impostos
por estas adquisicións e gastos derivados das mesmas. Polo cal o
premio mínimo para o noso veciño “Fulanito Butano Propano”
debería ser de 3.200.000€ (líquido a cobrar, xa descontado
impostos).
Se
o noso veciño quere trocar de coche cada 4 anos, e outros gastos
adicionais,... o capital a invertir debe ser máis alto; polo cal o
premio tamén. Como vedes queridos lectores, o noso décimo de
lotería do Nadal, se toca o gordo será unha gran alegría, pero ó
día seguinte teremos que ir a traballar.
Claro
que ós diñeiros que chegan regalados, traen máis problemas que
solucións. Así reza o famoso refrán castelán: “Abuelo
tabernero; hijo caballero y nieto pordiosero”.
Xestionar unha fortuna non é doado, face-la crecer menos, mantela
durante xeracións é moi díficil.
Mirador do Monte
Ancos, a 8 de
Decembro do
2.014.
Amador
Felicidade Eterna.
Director de Comunicación de la revista de eventos sociales y
religiosos, “La Santa Paciencia” (Amadora, Distrito de Lisboa;
Portugal).
No hay comentarios:
Publicar un comentario