CHANCHONADA 356º
Paracaidistas municipales.
"In Fraudem Legis", ou Fraude de Lei, é a realización dun acto ou negocio xurídico amparándose nunha norma xurídica (Lei de cobertura), coa finalidade de acadar certos obxectivos que non son os propios desa norma xurídica, e son contrarios a outra Lei (Lei defraudada).
Nun fraude de Lei; existe un engaño aproveitando unha norma xurídica, para acadar unhas ventaxas, todo con apariencia de legalidade; pero sen chegar a cometer un ilicito penal.
Existen dous conceptos, que normalmente usamos de xeito indiferente. Domicilio, é o enderezo a efectos administrativos, recollido nun rexistro oficial: tráfico, facenda, padrón municipal,... Residencia, é o lugar onde se vive por motivos laborais, familiares, estudios; pero que non necesita da inscripción rexistral.
Existen funcionarios da Administración Central que ó ser destiñados a lugares como Ceuta, Melilla ou as Canarias teñen unha serie de complementos laborais. Se fixan o domicilio nestes lugares, ademáis terán ventaxas fiscais. Pero acumula xornadas de traballo e horas extras, có fin de acumular tempo libre, días libres,... para aumenta-los días de estadía na súa residencia efectiva que está na Península; posiblemente estamos ante un caso de fraude de Lei, pois o suxeito goza de ventaxas fiscais por ter o domicilio no lugar de destino, pero a maior parte do ano está vivindo na súa residencia da península.
O anterior era só un exemplo; agora imos a cousas que están máis achegadas. Non existe ningunha norma xurídica que obrigue ós membros das Corporacións municipais a ter un domicilio e residencia real no mesmo Concello, onde exercen como cargos electos.
Dado que non existe esta obriga legal, faise habitual a existencia de concelleiros que non son do propio Concello, non teñen enderezo no mesmo, non residen aquí,... son os chamados "paracaidistas municipais". Son homes e mulleres que veñen impostos polas direccións dos partidos políticos, son persoas afíns a esta, sempre obedentes e cumpridores, pero descoñecen as inquedanzas dos veciños, non coñecen os problemas laborais, sociais,... O realmente importante, é que a dirección do partido manteña a posición de orden e mando na súa estructura interna,... os veciños son a última preocupación da organización política.
Para nos, o posicionamento de "paracaidistas municipais" nas posicións importantes das listas electorais locais é todo un fraude ético ou moral que se lle fai ós veciños. O normal sería que os membros da Corporación local sexan veciños que viven o seu día a día, o transcorrir cotiá como os demais veciños. Entendemos e comprendemos que un veciño é libre de residir por cuestións persoais onde desexe,... pero cando é concelleiro, tamén ten un deber moral para con os seus veciños e votantes, neste conflicto debería elexir entre a vida privada e a súa labor de representanción.
Se temos un concelleiro que non vive aquí, pero puntualmente acude a Plenos, comisións,... algúns van a pensar (entre eles nos) que soamente ven para estar presente, para despois cobra-los correspondentes honorarios da actividade de representación. ¿A qué ven todo isto?, pois xa fai algo máis de 6 meses, que algunha funcionaria municipal alertounos de certo detalle de funcionamento dun grupo municipal.
Normalmente, os sábados presentase na casa do Concello de A Guarda a señora esposa do Sr. Cándido Verde (ex-concelleiro do BNG); acude para solicitar que lle sexa entregada a documentación municipal dirixida ó grupo municipal do BNG; polo que nos sabemos esta señora non é membro da Corporación municipal; polo cal temos as seguintes preguntas: ¿pode unha persoa que non é cargo electo recoller documentación da cal non é titular?; nos pensamos que non, que debería ser recollida polos titulares dos cargos, ¿¿¿onde están os titulares dos cargos electos do BNG???
Non estamos ante un caso de fraude Ley, pero posiblemente si ante un fraude moral, ou ético ante os veciños e votantes.
Mirador do Monte Ancos, a 23 de Decembro do 2.014.
Alberto Comino Grande. Profesor de Etica en la Facultad de Psicología de la Universidad de Villanueva del Pardillo (Madrid; España).
No hay comentarios:
Publicar un comentario