CHANCHONADA 358º
Ollando o fin do mundo.
Existe unha lenda urbana na Guarda: cando subimos ó Monte Santa Tecla (ou antigamente Monte Ancos), dende un dos seus miradores (o máis septentrional) pode ollarse nun día claro o cabo de Fisterra (Finisterre, ou o fin da terra, "finis terrae"). Debemos recoñecer que isto é certo, pero o que realmente se olla é o Monte Veladoiro ou cabo da Nave (de 243m de altura, así como o punto máis occidental de Galicia, e tamén da España continental).
O Monte Veladoiro está uns poucos kilometros máis o norte que o cabo de Fisterra, facendo que a imaxe de ambos montes fiquen conxuntadas nunha soa. O Monte Veladoiro, ou cabo da Nave dista 120 km. Tamén se olla o Monte Pindo, que dista 112 km. Polo tanto debemos recoñecer que esta lenda urbana ten moito de certo, de veracidade,... e polo tanto, hai que retirala do postulado de lenda urbana local, e darlle o marchamo de veracidade..
Agora imos a deixarnos de lendas urbanas, imos a falar da xestión do persoal; debedes saber que o gasto de persoal consume normalmente máis dun 35% do orzamanto municipal, pero ademais ten a particularidade que é unha das partidas más importantes dun orzamento, e ademais é un gasto moi ríxido, isto quere decir, que é un gasto onde é moi díficil de reduci-la súa contía, ademais conta con prioridade na súa execución.
Imos a tentar explicar a parte máis básica da xestión do gasto de persoal. As retribucións monetarias do persoal públicos son as básicas (soldo e trienios), as cales están en función do grupo profesional; logo temos as retribucións complementarias (complemento específico e o complemento de destino). A suma destes conceptos totalizan a retribución final. Claro que non debemos esquence-las gratificacións e a productividade. Normalmente as retribucións complementarias son máis importantes en cantidade que as básicas; os trienios son unha forma administrativa de chamar antigüidade, algo que na empresa privada xa non existe, ou está en vías de extinción.
De acordo coa Lei 7/2.007 EBEP (Estatuto Básico do Empregado Público), existe a carreira profesional dentro da función pública, esta carreira gradua os postos de traballo con un grado (unha escala númerica, en función dos grupos profesionais); de tal xeito que un grupo profesional ten graduado entre un máximo e un mínimo os grados dos postos de traballo que poden ser asignados ó persoal dese grupo. Cando un funcionario é destinado a un posto de traballo, comenza a consolida-lo grado do posto de traballo asignado como o seu grado persoal e propio; proceso que normalmente dura dous anos.
A maior grado persoal, maior complemento específico, de destino,... Nunca poderá ter un destino a un posto de traballo con grado superior ó do seu grupo profesional. Ata aquí todo é lóxico e normal; pero agora ven a carencia legal, por lei semella que os funcionarios só poden ir ascendendo e ir consolidando grados superiores,... non existe a maneira legal de retirarlles o grado que xa teñen e darlles outro inferior; podes destinalo a un posto de traballo inferior, pero seguirá cobrando o grado superior que xa ten consolidado como grado persoal propio,....
Isto non ten lóxica, isto é como si un xeneral o degradan a sarxento pero sigue cobrando os honorarios dun xeneral,... Sabemos que a explicación legalista é un pouco engorrosa, pero imos cun exemplo practico.
A escala básica da policia local está formada por funcionarios do grupo C1 (titulación académica de bacharelato, formación profesional ou similar), ten os seus postos de traballo e responsabilidades graduados entre o nivel 14 ata o nivel 20. Normalmente os niveis do 14 ó 17 están reservados ós policías, os niveis do 18 ó 20 para os mandos básicos (cabos). Pois, por unha extraña razón que non acertamos a comprender, tódolos membros da policía local do Concello de A Guarda teñen nivel 20. ¿¿¿Porqué???, ou sexa non hai diferencial funcional, nin de responsabilidades entre o mando (cabo) e os seus inferiores,... non queremos falar da súa competencia profesional.
¿¿Cando aconteceu esta consolidación de nivel??, ¿¿porqué se fixo??, ¿¿en qué se xustifica??... Para nós isto é moi raro, semella máis ben unha subida salarial encoberta e de "tapadillo" aproveitando a ignorancia no tema da inmensa maioría dos concelleiros. Polo que nós sabemos isto xa ven dos anos anteriores ó 2.011, polo tanto o nivel xa está consolidado.
Esta lei (Lei 7/2.007 da EBEP) debería ser de obrigado coñecemento dos nosos concelleiros, ou polo menos dos futuros concelleiros. En caso contrario correrán o risco de que certos funcionarios segan abusando da confianza e boas intencións destes concelleiros, para beneficiarse eles e ir consolidando dereitos que non lles corresponden.
Mirador do Monte Ancos, a 28 de Decembro do 2.014.
Bernardo Rico Tesoro. Director ejecutivo de Bancorico en la ciudad de Dólar (Granada; España)
No hay comentarios:
Publicar un comentario