jueves, 25 de diciembre de 2014

Cousas que eran

CHANCHONADA  357º
Cousas que eran.



Non sei cando foi, nin como aconteceu, non sei en que data aconteceu esta catastrofe,... pero un día desapareceu da tenda o "Tulicrem", era a crema de cacao que os meus irmáns i eu preferíamos; o meu irmán era un experto en facer combinacións pouco ortodoxas có "Tulicrem": mortadela con tulicrem, chourizo con tulicrem, salchichón con tulicrem,.... Hoxe os técnicos gastronómicos dirían "deconstruccións de crema de cacao con productos de charcutería de alta calidad".




Naqueles anos, existía o "Tulicrem" e a "Nocilla", a segunda era de maior calidade, máis cara,... e mamá a compraba para ir aumentando a existencia de vasos; pero normalmente o producto mercado para a merenda diaria era o "Tulicrem".

Tardamos anos en decatarnos da non existencia do "Tulicrem", da súa desaparición do mercado, nunca soubemos as causas reais,... A estas alturas da vida, iso xa carece de importancia. Naqueles anos cando eramos pequenos, a vida era distinta á de hoxe, era menos consumista; os nenos e nenas podíamos xogar nas rúas e prazas sen problema, a bicicleta era o regalo máis desexado, pero tamén tiñamos inventiba para facer xogos con calquera cousa, especialmente os billaríns improvisados sobre unha táboa e gomas das caixas de zapatos.



Naqueles anos de infancia, para mín e outros moitos nenos parecía que era normal pasala sen a presencia dos nosos pais, uns porque estaban emigrados na Francia, na Suiza, estaban embarcados na mercante, estaban pescando no caladoiro saharuí-canario... Para min e os meus irmáns era normal que papá estivese gran parte do ano ausente, normalmente no Nadal só estaba presente ata fín de ano, logo xa marchaba para embarcar,... polo tanto o normal era que estivese ausente en Reis.

As poucas veces que papá pasou con nós o día dos Reis, eses foron os anos cós mellores regalos: as raquetas de tenis, a caixa de "Juegos Reunidos Geyper", un par de muñecos "Geyperman", e sobre todo o meu monopatín de cor laranxa,... foi un dos primeiros monopatíns en existir nas rúas da Guarda (Xaneiro de 1.979). O normal eran as clásicas pistolas de matinicas (cinta de fulminantes), un balón de plástico, unhas figuras plásticas de indios e vaqueiros,... e a típica pelota da botas "Gorila",...  Mamá sempre a comenzo de curso compraba esas botas para nós, coas as cales regalaban unhas pelotas, que ela habilmente escondía ata a chegada dos Reis.

Pasaron anos, ata que me decatei que aquilo non era o normal; que o normal era ter os país na casa duante o Nadal, pero moitos nenos, nenas, rapaces e rapazas da Guarda, Rosal e outras localidades vivimos cousas que non eran normais. Hoxe xa estamos máis afeitos a estas situcións; como nós, tamén hai outras moitas familias que viven os "Skype Christmas ou Nadal Skypeado", onde gracias a internet e a este programa informático, podemos ollar a familiares e amigos lonxanos, distantes,...

Así eran as cousas, agora son diferentes pero parecidas; os nosos pais están na casa, pero gran parte da familia está espallada por varias cidades de Europa e de España.

Queremos nestes días felicitar a uns coñecidos: a un amigo melenudo e barbudo que é Andrei Ponkratov (presentador de televisión) e a Tatina Tertysmnikova (productora de televisión). Nestes días xa teran rematado a grabación de varios documentais para a televisión pública rusa, para promociona-lo turismo de cidadáns rusos na illa de Gran Canaria.

Pois as illas Canarias receben sobre 200.000 turistas rusos ó ano, pero máis do 95% fican en Tenerife; e as autoridades de Gran Canaria queren "comer dese pastel".

¡¡¡¿¿¿A alguen lle estraña a escasa afluencia de turistas extanxeiros a Galicia, e ó Baixo Miño en particular???!!!



Mirador do Monte Ancos, a 25  de Decembro do 2.014.
Rodrigo  Trillizos  Negros.  Profesor de Artes Plásticas; Colegio Nacional “Los 5 dedos” (Pulgar; Toledo; España)







No hay comentarios:

Publicar un comentario