miércoles, 10 de diciembre de 2014

¡¡Privilexios para ninguen!!

CHANCHONADA 351º
¡¡Privilexios para ninguen!!.



Por causa dos viaxes a Canarias do Sr. Monago; o Congreso dos Diputados ven de aprobar un acordo, para que sexan os propios grupos políticos os responsables en autorizar e audita-los viaxes dos seus membros. A nova fórmula ten tres tipos de viaxes dos diputados:

A) Desprazamento á circunscripción ou lugar de residencia do diputado.
B) Viaxes a actos propios do partido.
C) Viaxes por motivos da función parlamentaria.


Dende logo isto é un xeito de non resolver nada. Ó noso entender os viaxes do apartado A e B son cuestións privadas de cada diputado e do partido ó cal pertencen, polo que non deberían estar a cargo de fondos públicos; pero o apartado C é o único que debería estar cuberto. Polo tanto, seguiremos pagando viaxes de traballo e de lecer, ou de utros usos privativos. Logo cada 3 meses o Congreso informará sobre os viaxes catalogados nestes tres apartados, pero sen detallar quen fixo cada viaxe, a donde, nin custe do mesmo,... só darán datos totais.

Seguirán inmersos no secretismo. Polo tanto seguiremos polo camiño, onde os nosos gobernantes confunden gasto político, con gasto público.


Nós, ó igual que millóns de cidadáns, acudimos a diario ós nosos postos de traballo, o custe deste desprazamento dende o noso domicilio ó traballo e viceversa, vai a cargo do noso diñeiro. A empresa paga o traslado, dende a empresa a outro lugar onde temos que facer actividades encomendadas pola mesma. Pero a empresa non paga os viaxes para xogar o “partido pachanga de amigos” dos domingos pola mañán,... ¡¡¡que tamén é un partido!!!


O Sr. Rubalcaba no ano 2.012 cobrou como diputado, protavoz do PSOE,... un total de 55.849€, e un adicional de 11.380€ en concepto de dietas. Dietas que non teñen que xustificar, nin están sometidas ó IRPF.

Imos a comparar esas dietas dos diputados, coas que cobramos os traballadores por conta allea (contratados por unha empresa). Atopamos básicamente 2 diferencias moi importantes:

A) As dietas dos traballadores están limitadas en cantidade pola normativa legal do IRPF, có tope máximo de 70€ por día. A dos políticos e altos cargos non ten limitación.

B) Cobramos dietas cando prestamos servicios laborais fóra cidade onde está o centro de traballo; cando por motivos laborais temos que pernoctar nun lugar diferente ó da nosa residencia. O empresario debe de acredita-la razón ou motivo do desprazamento, traballadores desprazados, lugar e data do desprazamento. Os diputados e senadores non teñen que acreditar, nin xustificar nada.


Por exemplo un traballador residente en Madrid, que traballa para un empresa que ten o seu centro de traballo en Madrid, evidentemente non cobra dieta pola súa xornada de traballo. Pero un diputado residente en Madrid, si que cobra dietas por asistir ó Congreso dos Diputados. ¡¡¡Pero si reside na mesma localidade do centro de traballo!!!

Señores Diputados; Senadores; Diputados autonómicos,.... hai certos privilexios dos que gozan vostedes que non teñen explicación, nin comprensión pola xente normal, das que madrugamos para ir a traballar. Como xustifican o seguinte:

1º) Despois de 7 anos seguidos no cargo de diputado ou senador, ter dereito a unha pensión integra polo traballo prestado; compatible con outras pensións públicas ou privadas. (“Os nosos pais e outros xubilados estarán encantados de oir explicacións sobre este tema”).

2º) Despois de deixa-lo cargo de diputado ou senador, poder cobra-lo salario durante 2 anos, compatible con outros salarios públicos,... ¿¿¿???

3º) Un diputado ten 800€ ó mes (9.600€ anuais) exento de tributar ó IRPF por gastos de manutención e aloxamento. Pois tódolos cidadáns deberíamos ter este tratamento fiscal, pois as nosas comidas, as nosas dormidas tamén son necesarias.

4º) Un diputado, ou senador, recibe unha tableta electrónica ou ordenador, os gastos da liña os paga a Institución correspondente,... Nos queremos que os nosos gastos de telefonía e internet sexan deducibles do IRPF, tamén temos unha mamá, unha parella e fillos a quen chamar!!!!

5º) Un diputado ou senador cobra un extra mensual por ir ó seu centro de traballo (exenta de IRPF). O lóxico sería o contrario, que lles descontaran cada vez que non van ó seu posto de traballo, ou pasen o pleno dormindo a sesta, xogando na tableta,...


Iso de que Facenda somo todos, isto non o cree nin o máis tonto da Vila, xa fai tempo que o tonto espabilou, xa sabe que as cousas se compran con €, incluso os votos.



Tal como está escrito en “Hamlet” (William Shakespeare): Something is rotten in the state of Denmark.” Algo está podre no estado de Dinamarca. Temos aquí moita podredume que apesta, faise necesaria moita limpeza e hixiene, hai moito que chimpar ó caldeiro do lixo,...


Mirador do Monte Ancos, a 10 de Decembro do 2.014.
José Luís Lamata Féliz. Director del Cementerio Municipal de Matador (Matador; Motley County; Texas; USA).


No hay comentarios:

Publicar un comentario