¡¡Viva
Bulgaria!!.
Tránquilos
lectores, hoxe non imos a falar dese país europeo que está na
orilla occidental do mar Negro; pero si dunha expresión que se
orixinou ali mesmo. “Votar
á búlgara”; a expresión parece ser que ten orixen
nas grandes reunións do Partido Comunista Búlgaro na época de
Todor Zhikov, onde o nivel de votación favorable ás decisións
do Cómite Central rondaban sempre o 100%, ¡ou máis!; as
veces para evitar discrepancias, por unha decisión do Cómite
Central, os discrepantes estaban exentos de votar. O Cómite Central
do Partido Comunista búlgaro impoñia con man de ferro a disciplina
interna, así que moitos votaban máis con medo polo que lles poidera
acontecer, que con convicción.
“Votacións
á búlgara” son algo moi normal en certas ditaduras; na España
dos anos 60 tivemos un exemplo, cando o referéndum organizado polo
Sr. Fraga Iribarne en 1.966, para aproba-la Lei Orgánica do Estado.
Foi tan bó o celo dos funcionarios do estado franquista, que en
moitas poboacións do rural, o nivel de votación favorable foi do
120% do electorado,... ¿?
Pois
algo similar a este tipo de “votacións á búlgara” aconteceu o
pasado 31 de Maio do 2.014, na asamblea anual ordinaria de socios do
Colexio San Xerome Emiliani. Imos a explica-las trampas que
impuxeron os aprendices de ditadores que hai na dirección do San
Xerome Emiliani:
1º) Dos 150
socios presentes, só 37 tiñan dereito a voto. Polo tanto nesta
asociación que é o San Xerome Emilini hai dous tipos de socios:
A) socios
familiares con dereito a voto.
B) socios
sen familiares, que só teñen o deber de pagar, sen dereito de voto,
calar e tragar con todo.
Isto é un
xeito de actuar á búlgara; así aquelas persoas (socios) que son
discrepantes, que piden información, aclaracións,... negaselles o
dereito de voto, pasando a ser “tontos-paganinis”.
2º) Cando
varios socios pedimos explicacións, informacións, aclaracións,...
o que obtivemos foi insultos, amenazas,... algúns semellan cáns con
rabia. Isto é outro xeito de actuar á búlgara; ás persoas
discrepantes hai que amenazalas, violenta-las dun xeito oral, que
ollen a crecanía dunha agresión física,... INTIMIDAR PARA
ASUSTAR.
Un exemplo
disto, foi cando certo membro da directiva poste en pe, berrando a
todo pulmón “invita con moi mala educación” a un delegado do
persoal: SE NON ESTÁS CONTENTO, ¡¡LÁRGATE XA!!
3º) O
asesor que recebe un xeneroso estipendio, apenas entendia das contas;
carreiras ás oficiñas a buscar papeis, ¿ou a esconder outros?. Un
desastre total, os directivos non sabían as contas, as explicacións
do asesor eran liosas e contradictorias coas da directiva,... ¡¡UN
DESASTRE!!
Xa temos
falado das contas do San Xerome Emiliani; as cales están prendidas
con agullas, feitas con borróns,... ¿Onde
están contabilizados os +130.000€ para indemnizacións por
despidos?; ¿hai un plan de pago?, ¿para afrontar ese
plan de pago, que partidas van ser reducidas?,... ¿Cántas
persoas foron contratadas para supli-lo persoal despedido?.
Na
documentación falla un listado compreto de todo o persoal que cobra
un salario do Colexio San Xerome Emiliani; así como do persoal da
empresa de xardineria que ten o Colexio. Así mesmo as contas
desta empresa tamén deben figurar na memoria anual das contas do
Colexio San Xerome Emiliani.
Nós
vemos en perigo o futuro do Colexio San Xerome Emiliani;
un perigo que está no medio prazo. Por culpa dunha directiva que
vive pechada “no seu castelo particular”,... pero fóra hai unha
sociedade que leva trocado moitos nos últimos anos, e van a toparse
que en poucos anos a sociedade da Guarda e Rosal ou lle da as
espaldas ó Colexio (neste intre xa é algo evidente), pero tamén
hai un alto risco que nun futuro moi próximo “Mademoiselle
Guillotin” corte cabezas,... deses que hoxe berran e amenazan.
Lamentablemente,
nestes anos, varios directivos i ex-directivos levan feito do Colexio
San Xerome Emiliani a súa “quinta particular”; pensando que son
terratenentes, e os demais os seus escravos e servos que
deben traballar i calar.
Como vedes;
incluso as formas de actuar á búlgara, ainda que se voten, se gañen
as votacións; non son democráticas, nin limpas,... son un exemplo
do actuar ditatorial de algúns individuos; e destes hai varios na
dirección do Colexio San Xerome Emiliani.
Mirador do Monte Ancos, a
13 de Xuño do 2.014.
Tecla
Letra Grande. Profesora de Ingenieria Informática,
en la Universidad Politécnica de Arroba (Ciudad Real; España).
Secta:
ResponderEliminar• Organización autoritaria y piramidal: se inculca el destierro del pensamiento crítico.
• Existencia de un líder, o grupo de líderes, cuya decisión es la única que cuenta. El líder controla todos los movimientos de los miembros y no se somete a las mismas reglas que los seguidores. Pero el líder y los adeptos se creen el mensaje o terminan creyéndolo; mencionar que los dirigentes de segundo nivel no suelen compartir la creencia y sí el afán de lucro y poder.
• Se controla toda la información que les llega.
• Se insta a los adeptos a depositar una confianza ilimitada en la secta; especialmente en los dirigentes del segundo nivel.
( O pensamento e libre )