lunes, 9 de junio de 2014

Familia unida

CHANCHONADA 263º

Familia unida.


O pasado venrés 9 de Xuño, asistimos á asamblea dos socios do club de balonmán, o Athlético Guardés, un clube modesto dunha pequena vila (como é A Guarda), xogando na máis alta categoría do balonmnán feminino de España, e por outra temporada tamén en Europa.

Seríamos sobre 140 a 160 socios os que estabamos presentes na asamblea ordinaria de socios; o primeiro que raclamou a nosa curiosidade o control de acceso, para verifica-la documentación e estar ó día no pago do abono como socio. Todo correcto, por una pequena salvedade, varios socios que tramitan a súa alta por medio dun tal “Juan”, aparentemente non estaban ó corrente do pago. Non sabemos si era porque os socios non pagaron, ainda que isto semella non ser correcto, ou máis ben porque o correspondente pago ainda non estaba de todo contabilizado, por “problemas administrativos burrocráticos deste tal Juan”,... ¿?

Na asamblea, notábase un ambiente tenso, expectante,... por sorte, ali estaba o Sr. Vicepresidente e patrocinador do club. Levaba os temas ben preparados, explicacións sinxelas, ó centro do tema, nada de ir polas ramaxes, contundencia,... como se nota que ante todo queria evitar problemas e dar explicacións o máis satisfactorias posibles. Pero coas explicacións tan rápidas, só tivemos tempo de tomar algunhas notas,... e logo ó repasalas e cando surxen as preguntas:

1º) O Sr. Vicepresidente dixo, ou polo menos nos anotamos. Un par de desprazamentos do club, con motivo da competición da “Copa da Raiña” a Ciudad Real e Cordoba, foron pagados polo Concello da Guarda. De acordo coas nosas anotacións, entre os gastos pagouse o autobus e as noites de hotel, totalizando uns 3.000€.

Supoño que o Sr. Vicepresidente dixo a verdade. Entón, isto supón unha especie de subvención encuberta a un club; entendemos que o club necesita axudas, pero revisando as notas de prensa, non atopamos nada onde o concelleiro de deportes expoña en público esta axuda concedida. ¿Esqueceron os concelleiros de Deportes e o de Facenda do Concello da Guarda explicar este gasto?; ¿tan díficil é facer unha nota de prensa i explica-lo motivo da concesión da axuda?, ¿saben algo disto os membros da oposición?,... Pois semella que para o deporte dos nenos e nenas nunca hai diñeiro, pero para o deporte semi-profesional aparecen diñeiros de non se sabe onde.

2º) Logo o Sr. Vicepresidente falou de dous entrenadores de categorias inferiores que cobraban un soldo de 400€/ mes,... Un socio que tiñamos diante, con malicio fixo un comentario, do cal tomamos nota e deixamos entre interrogacións.

Se o club contrata a dous entrenadores a tempo parcial, para categorias inferiores,... o normal é que cobren un salario. O que xa chirria é que non posúan a titulación requerida,... pero, a casualidade final que descobrimos, desta xa nos gostamos nada, que un dos entrenadores vai ser futuro marido dunha das xogadoras do primer equipo, e por casualidade tamén futuro xenro da Sra. Presidenta sainte. Tantas coincidencias fan que as cousas cheiren mal. ¿non estaremos ante un caso de nepotismo, amiguismo familiar?

3º) Querido Sr. Vicepresidente, notamos a ausencia dun listado das xogadoras que cobran un salario monetario a conta do club, das que reciben unha axuda para paga-lo piso,... Ou sexa algo máis de transparencia.

Dado que a Sra. Presidenta abandona a dirección do club, que dentro duns días vai estar ocupada coa boda dunha filla,... Imos a ser educados e a desexarlles moita felicidade. Familia moi unida, gobernou o club e agora todos xuntos marchan a buscar novas aventuras familiares.


Este sábado, aproveitando as festas de Oia; atopamos con varios amigos oienses que nos falaron doutro agape das alturas do PP oiense. Acontecia aló polos primeiros días de Maio; coa presencia do noso Sr. Louzán (Presidente da Diputación de Pontevedra), para pechar certos “malentendidos” entre o Sr. Alcalde de Oia e a Dirección Provincial do PP,... Pois aquela frase do Alcalde de Oia dita nun medio de comunicación, para xustifica-la súa ausencia da Asamblea Provincial do PP para re-elexir ó Sr. Louzán; a frase viña a decir que o Sr. Alcalde estaba moi ocupado limpando as cortes do seu gando e non podía acudir á gran xuntanza pepeira,...

Sabemos que o Sr. Alcalde de Oia non é diplomático, faltalle retórica,... Por iso o Sr. Louzán organizou esa comida cós altos cargos do PP oiense: pechar filas, asegurse a obediencia, falar do mal que pintan as cousas; como ir organizando o PP para as vindeiras eleccións de Maio do 2.015. Pero as cousas non sairon como esperaba, pois alguen “esqueceu” de avisa-lo tenente de alcade de acudir a esta comida,... Non sabemos se o esquecemento foi intencionado, ou foi por descoordinación do organizador,... Pero coñecendo da presencia do Sr. Venancio Miniño, nós pensamos que o esquecemento foi intencionado; pois este señor nunca da puntada sen fio, e sobre todo o que cociña o PP en Oia, antes debe pasar pola aprobación da Familia Miniño, e como moitos sabemos, o Sr. Venancio Miniño, ostenta a representación familiar.


Últimamente hai moito movemento gastronómico no PP do Baixo Miño,... Máis que un partido político xa vai semellando a un club gastronómico. Aquí semella que o PP non é unha familia tan unida, e que nestas xuntanzas gastronómicas semellan ser un Sanedrín.


Mirador do Monte Ancos, a 09 de Xuño do 2.014.
Leandro Gado Féliz. Director de Seguridad Laboral en una empresa petrolera (Batman; provincia de Batman; Turquia)













No hay comentarios:

Publicar un comentario