lunes, 16 de junio de 2014

Paro Maio 2.014

CHANCHONADA 266º
Paro Maio 2.014.



No pasado mes de Maio, o paro baixou na comarca do Baixo Miño en 64 persoas; importantes descensos en Oia, Tomiño e Tui, suabe descenso no Rosal e un ascenso na Guarda; o incremento do desemprego na Guarda resulta ser unha mala noticia.


A Guarda en Maio de 2.014 = 1.001 parados (Homes 494 e Mulleres 4507)
Menores de 25 = 69 (Homes 32 e Mulleres 37)
Entre 25 e 44 = 511 (Homes 241e Mulleres 270) (51,05% do total de desempregados)
Maiores de 45 = 421 (Homes 221 e Mulleres 200)

Agricultura = 153
Industria = 127
Construcción = 98
Servicios = 558 (55,74% do total de desempregados)
Sin emprego = 65

Na Guarda o paro sube en 21 persoas, hai destrucción de emprego en ambos sexos e tódolos grupos de idades, só atopamos 2 novos empregos nos homes maiores de 44 anos. Agricultura i pesca hai 9 novos parados, na industria hai 1 novos parados; a construcción xenera 11 empregos, no grupo sen emprego anterior hai 4 novos parados e o sector servicios xenera 16 novos parados. Respecto ó mes anterior o paro sube nun 2,14%, o diferencial dos últimos 12 meses, o paro baixa un 4,76%, baixa en 50 parados.


O Rosal en Maio de 2.014 = 744 parados (Homes 363 e Mulleres 381)
Menores de 25 = 46 (Homes 23 e Mulleres 23)
Entre 25 e 44 = 353 (Homes 182 e Mulleres 173) (47,44% do total de desempregados)
Maiores de 45 = 345 (Homes 160 e Mulleres 185)

Agricultura = 103
Industria = 122
Construcción = 124
Servicios = 354 (47,58% do total de desempregados)
Sin emprego = 41

No Rosal o paro baixa en 5 persoas, tódolos empregos son na poboación masculina e básicamente no sector xuvenil da poboación; o desemprego segue crecendo na poboación maior de 44 anos. A agricultura e pesca non hai trocos, a industria xenera 2 empregos, a construcción xenera 6 empregos, no grupo de sen emprego anterior xenera 2 emprego2 e o sector servicios xenera 5 novos parados. Respecto ó mes anterior o paro baixa nun -0,66%, o diferencial dos últimos 12 meses, o paro baixa un -6,18%, con -49 parados.


Oia en Maio de 2.014 = 313 parados (Homes 162 e Mulleres 151)
Menores de 25 = 23 (Homes 11 e Mulleres 12)
Entre 25 e 44 = 166 (Homes 84 e Mulleres 82) (53,03% do total de desempregados)
Maiores de 45 = 124 (Homes 67 e Mulleres 57)

Agricultura = 37
Industria = 33
Construcción = 52
Servicios = 162 (51,75% do total de desempregados)
Sin emprego = 29

En Oia o paro baixa en 19 persoas, baixa o paro na poboación masculina e feminina. Agricultura e pesca xenera 2 empregos, na industria 2 empregos, a construcción 7 empregos, os servicios xenerán 6 empregos, no grupo de sen ocupación anterior hai 2 novos empregos. Respecto ó mes anterior o paro baixa un -5,72%, o diferencial dos últimos 12 meses, o paro baixa un -14,48%, con -53 parados.


Tomiño en Maio de 2.014 = 1.727 parados (Homes 832 e Mulleres 895)
Menores de 25 = 130 (Homes 61 e Mulleres 69)
Entre 25 e 44 = 814 (Homes 381 e Mulleres 433) (47,13% do total de desempregados)
Maiores de 45 = 783 (Homes 390 e Mulleres 393)

Agricultura = 203
Industria = 259
Construcción = 282
Servicios = 852 (49,33% do total de desempregados)
Sin emprego = 131
En Tomiño o paro baixa en 28 persoas, baixa o paro no sector masculino da poboación. A agricultura xenera 9 empregos, na industria hai 4 novos empregos, a construcción xenera 16 empregos, o sector servicios xenera 8 novos parados, 7 empregos no grupo de sen ocupación anterior. Respecto ó mes anterior o paro baixa un -1,60%. Respecto ós últimos 12 meses o desemprego baixa en -127 parados, un -6,85%.

Tui en Maio de 2.014 = 2. 229 parados (Homes 986 e Mulleres 1.243)
Menores de 25 = 162 (Homes 91 e Mulleres 71)
Entre 25 e 44 = 1.166 (Homes 485 e Mulleres 681) (52,31% do total de desempregados)
Maiores de 45 = 901 (Homes 410 e Mulleres 491)

Agricultura = 98
Industria = 386
Construcción = 291
Servicios = 1.196 (53,62% do total de desempregados)
Sin emprego = 258
En Tui o paro baixa en 33 persoas. A agricultura xenera 3 empregos, a industria xenera 2 parados, na construcción hai 11 empregos, hai 21 empregos nos servicios; o grupo de sen emprego anterior ten 7 novos empregados. Respecto ó mes anterior o paro baixa un -1,46%. Respecto ós últimos 12 meses o desemprego baixa en 98 parados, un -4,21%.


1º) O problema do paro feminino é moi grave en Tomiño i sobre todo en Tui. Cabe resaltar que todo o emprego xenerado en Tomiño está na poboacións masculina; pero esta vez en Tui, o emprego xenerado maioritariamente foi no sector masculino
2º) Destaca o continuo creación de emprego de Oia, tódolos sectores xeneran empregos. Tamén cabe a posibilidade que xa comencen a ser visibles os efectos migratorios.
3º) Neste mes de Maio, o sector da construcción foi o máis dinámico na xeneración de emprego.



Mirador do Monte Ancos, a 16 de Xuño do 2.014.
Tecla Letra Grande. Profesora de Ingenieria Informática, en la Universidad Politécnica de Arroba (Ciudad Real; España).



No hay comentarios:

Publicar un comentario