domingo, 22 de junio de 2014

Heroicos sempre

CHANCHONADA 269º
Heroicos sempre.



Despois da re-fundación da cidade de México en 1.524; xa se coñece a existencia de diferentes corpos de bombeiros na cidade, formados por indixenas e dirixidos por un soldado español. Aquilo só era un servicio que nacia, pero non estaba profesionalizado, nin contaba cós adiantos materiais que hoxe temos. No 22 de Agosto de 1.873 é cando nace o Corpo de Bombeiros do Porto de Veracruz; realmente este é o primer corpo profesionalizado de bombeiros que existe en México. Por iso, os nosos irmáns mexicanos celebran con orgullo o 22 de Agosto de tódolos anos, ese día como o “Día dos Heroicos Bombeiros”.


Dende logo está moi ben esa definición de “Heroicos”; porque os membros profesionais, ou voluntarios deste servicio teñen que poñe-las súas vidas en perigo, para salvar a de outros. Teñen que actuar contra o que nos sinala o instinto natural de supervivencia.

Lamentablemente na España non hai un día adicado ós bombeiros; isto é consecuencia que os nosos gobernantes están moi ocupados ollando o seu propio umbigo. En diferentes países de América hai un día para o recoñecemento dos bombeiros; na Argentina o 2 de Xuño, Colombia o 4 de Outubro, Cuba o 13 de Novembro, Chile o 30 de xuño, Ecuador o 10 de Outubro, México o 22 de Agosto, Perú o 5 de decembro,...

Señores políticos da España: ¿Para cando un Día Nacional dos Bombeiros?

Todo isto, ven pola xenerosa actuación dos nosos GES da Guarda no accidente de tráfico do pásado sábado día 21 en Viladesuso (Oia).


Moitos cidadáns, e tamén moitos dos nosos gobernantes municipais non valoran, nin teñen querencia por este GES, un corpo estable e profesionalizado de bombeiros. O pasado día 18, no xornal Faro de Vigo, viña un cativo reportaxe sobre o corpo dos GES da Guarda, redactado pola Sra. Eva González, como sempre preocupada en deixar ben parados ós nosos alcaldes e escribir tonterias,... por algo cobra deles,...

Pero, tamén había datos interesantes, os cales son importantes, debemos de coñecelos e facer algúnhas reflexións. O servicio do GES da Guarda leva 10 meses funcionando, realizando 605 operativos, dos cales 185 corresponden a accidentes de tráfico e 261 a chamadas de emerxencias do 112 (Número de emerxencias en España).

Isto quere dicir, que cada día os membros do GES atenden a dous servicios; cada mes atenden unha media de 18 accidentes de tráfico,... e todo isto con medios precarios i escasos.

Tamén hai que dicir, que este servicio ten un custe de 250.000€/ano, dos cales o Concello da Guarda aporta 50.000€ (un 20%), máis instalacións, custe de combustibles, material; dos servicios que prestan os GES tamén están beneficiados os veciños de Oia, Rosal e Tomiño,... ¿Canto aportan estes concellos veciños para o servicio?, CERO €. ¿Canto material aportan?, NADA. Ou sexa, por ser moi simplista pero con sinceridade; os gobernos municipais veciños están a gorronear dos servicios que pagan os veciños da Guarda.

¿Cal é a postura dos municpes da Guarda?, seguir sendo “paganinis” e deixarse gorronear. Hai unha cousa que chámase: “arrima-lo ombro” e ser solidarios.



Ánimo rapaces, seguide adiante, que o estades a facer ben,... Os inutiles rematarán por desaparecer.


Mirador do Monte Ancos, a 22 de Xuño do 2.014.

Rocío Fuentes del Río. Directora de Gestión Técnica del Centro de Estudios Hidrodinámicos de Ingenieria Civil “El Manguerazo”; Universidad Politécnica de AguasClaras en Muro de Aguas (La Rioja, España).


No hay comentarios:

Publicar un comentario