lunes, 2 de noviembre de 2015

Secretos públicos

CHANCHONADA  472º
Secretos públicos.



Fai un poucos días que a noticia da futura moción de censura en Oia, xa é de coñecemento dos medios de comunicación,... Agora imos a entrar na fase dos paripés de posicionamentos políticos dos partidos, do blablear por non estar calados, pero sen decir nada importante nin relevante.

Nós, somentes imos a facer un pequeno análise da situación.

1º)  A Corporación Municipal de Oia está formada por 11 concelleiros; para gobernar necesitase unha maioría de 6 edís. Dos resultados das últimas eleccións locais de Maio do 2.015, o resultado foi: PP 4 concelleiros, PSOE 3 concelleiros, CG 3 concelleiros e BNG 1 concelleiro. Un goberno sostentado polo apoio directo de 3 concelleiros non é estable, nin é capaz de apoiar un goberno municipal, nin nada,...

Cabían 3 opcións de goberno: PP + PSOE; PSOE + CG e PP + CG. Estas tres opcións reunían o mínimo de 6 concelleiros. En principio todo sinalaba que a opción PSOE + CG podía ir adiante; os concelleiros de CG foron xenerosos o votaron para que a Sra. Rosa fose Alcaldesa,... ¿foi ela xenerosa e tivo preocupación de buscar un acordo de goberno?. O refrán di: “é de xente ben nacida, ser agradecida”; se non hai agradecementos,... Posiblemente subíuselle o cargo á cabeza, cegándolle a realidade.


2º)  Nas pasadas eleccións locais de Maio do 2.015; o PP perdeu 2 concelleiros, -432 votos,... O PSOE perdeu 1 concelleiro, -209 votos,... O BNG mantén o seu concelleiro, perdendo 61 votos. realmente a única forza que pode outorgarse certa medalla de vencedor é CG, entrando con 3 concelleiros e +491 votos.

Polo tanto, a mensaxe emitida dende líderes do PSOE que eles son os vencedores das pasadas eleccións municipais é toda unha mentira. A actual Alcaldesa de Oia lidera unha candidatura perdedora.

Posiblemente, se non entrase en xogo electoral CG; o PP seguiría coa súa maioría absoluta de case que 30 anos. A perda da maioría absoluta, non é unha victoria do PSOE, nin do BNG.


3º)  Hoxe, podemos decir que o Sr. Romero é unha persoa de palabra e cumpridora. Foi nas Festas do Monte do 2.014 cando dixo que ía presentarse nas eleccións locais de Oia,... e cumpriu coa palabra. Dixo, que ía mandar ó Sr. Alejandro Rodríguez (ex Alcalde de Oia) para a casa,.... e cumpriu,...

Sobre a moción de censura; o Sr. Romero non a ocultaba nas Festas do Monte deste ano, nin calaba cando alguén llo preguntaba na Camboa, no Porto dos barcos,... cando alguén lle preguntaba ó Sr. Romero, el respondía con sinceridade, “por San Martiño, mataremos o porquiño; ¿entendido?”.

Polo tanto, a moción de censura será noticia para os xornalistas, e para os políticos despistados que non viven en Oia, non tratan cós veciños de Oia,... en Oia xa era un clamor, xa era algo de coñecemento dos veciños,... só faltaba o papel asinado e oficial dentro do Concello. Se a Sra. Alcaldesa se preocupase polo mundo real onde viven os veciños, e prestase menos atención ó mundo virtual do seu Facebook, sabería o que se estaba a cocer.


4º)  ¿¿¿QUÉ  É  MÁIS  IMPORTANTE,  OIA  E  OS  SEUS VECIÑOS,  OU  OS  PARTIDOS  POLÍTICOS???.

Resulta evidente, que nunha Corporación Municipal de 11 concelleiros, 3 edís representan pouco menos de 1/3; non son cantidade suficiente para gobernar. Hai que sacar adiante e aprobar un orzamento municipal, levar adiante un Plan Xeral de ordenamento urbanístico,... Matematicamente é imposible gobernar con 3 concelleiros fronte a 7 concelleiros.

En troques, 7 concelleiros son maioría. Gracias a eses que saben aparca-los egocentrismos partidistas, superar e aparca-los intereses de partido e chegar a acordos para ir gobernando e facendo cousas por Oia.

As cousas de Oia a teñen que decidir os representantes dos oienses: os seus concelleiros electos democraticamente; non teñen que vir a falar sobre Oia xentes de Vigo do PSOE e outros que non saben nada de Oia. Isto é todo un menosprezo e minusvaloración para os veciños de Oia; nas pasadas eleccións municipais, os veciños de Oia decidimos que o PSOE perdese un concelleiro e tivese -209 votos. ¿¿Reflexionaron porque o PSOE de Oia perdeu 1/3 dos votos??


5º)  A moción de censura é unha ferramenta máis do xogo democrático; o importante non é a cor do Alcalde saínte,... é o resultado final dentro de catro anos, e alí cós votos ollarase o resultado. Non creemos neses mensaxes fariseos, de o meu partido é o máis demócrata, se nós montamos a moción de censura, entón está é moi democrática;.... se sucede todo o contrario, entón é fascismo, un golpe de estado, o noso Alcalde é un mártir,...

As regras de xogo son iguais para todos; non gostamos deses pseudo-democratas que as rompen cando saen perdedores e non acadan os seus obxetivos.


Querida Sra. Rosa; pense e medite o seguinte; sobre 100 votantes do PSOE pasáronse a votar a CG; algún ex-concelleiro do PSOE participou activamente na posta en marcha do proxecto electoral do Sr. Romero e de CG. En conclusión, moitas persoas do PSOE de Oia, non confiaban, nin confían en vostede e o seu proxecto. ¿¿Por qué??

Nos reiteramos o refrán inicial: “é de xente ben nacida ser agradecida”. ¿Foi vostede agradecida con quen lle propiciaron o bastón de mando da Alcaldía de Oia?. Mentras vostede vive no seu mundo dixital, o Sr. Romero fala cós oienses que veñen de traballar en Citroen, cós mariñeiros, percebeiras, cós desempregados,.... ¿Cal dos dous mundos é o máis real?.



Mirador do Monte Ancos, a 2  de Novembro do 2.015.

Alberto Comino Grande.  Profesor de Etica en la Facultad de Psicología de la Universidad de Villanueva del Pardillo (Madrid; España).

No hay comentarios:

Publicar un comentario