O conto do saco perdido 1º.
O vindeiro 2 de Decembro
do 2.015 o servicio de transbordador (ferry) entre as Vilas de A Guarda e
Caminha cumplirá 20 anos de funcionamento. 20 anos, 240 meses e 7.300 días son moito tempo
para existir de todo: días de sol, días chuviosos, días e meses de longas
paradas sen servicio por colmatación da canle de navegación, esperas na cola de
acceso ó barco,…
Imos a relatar un par de episodios próximos no tempo, bastante extraños e
moi escuros na historia do Ferry de A Guarda e Caminha. Estes temas son
completamente descoñecidos polos veciños de A Guarda, ¿coñecido polos políticos
municipais de A Guarda?, non o sabemos, pero si fosen coñecedores do tema que
imos a relatar, entón son culpables de ocultación do mesmo. Os temas si que son
do coñecemento dos veciños de Caminha, os temas en cuestión son tabú dentro da
Câmara Municipal de Caminha.
O primer episodio que narramos é a aparición misteriosa
dun saco cheo de diñeiro no ano 2.007, guardado dentro dun caixón nun armario nas
oficiñas administrativas da Cámara Municipal de Caminha. ¿Cánto tempo leva
esquecido o saco?; non sabemos canto tempo levaría alí escondido ou esquecido,
pero o seu contido estaba formado por
importantes cantidades monetarias de escudos e pesetas, en diñeiro de
curso legal ata a entrada en funcionamento do €, en Xaneiro do 2.002; dentro do saco tamén había documentación
cós escudos heráldicos do Concello de A Guarda, onde se refrexan datos da
recadación do Ferry da billeteira dependente do Concello de A Guarda. ¿Cánto diñeiro había nese saco esquecido?, ¡¡¡misterio!!!
Ninguén o sabe, ninguén di nada, o funcionario municipal que fixo o troco das
antigas unidades monetarias para €, guarda un sepulcral silencio. ¿Silencio
mafioso?
O acontecido e o traxecto do saco foi todo un misterio, un tema con moita
presteza silenciado; nunca existiu unha explicación oficial sobre o acontecido.
Resulta un pouco extraño, que un funcionario municipal do sector económico
administrativo da Cámara Municipal de Caminha, fose destiñado a prestar
servicio noutro concello veciño. ¿Casualidade?
O tema, da aparición deste misterioso saco con fondos monetarios da
billeteira do Ferry dependente do Concello de A Guarda, apenas tivo repercusión
na prensa local miñota; pero foi rapidamente silenciado, e non chegou a
transcender a súa aparición ós veciños miñotos da beira norte do río. ¿Existirán outros sacos esquecidos nas
dependencias municipais da Cámara Municipal de Caminha?
Ó pouco de comenzar a funcionar este Mirador, un amable lector de Portugal,
regalounos unha copia dun expediente administrativo sancionador contra dúas
funcionarias da Cámara Municipal de Caminha. O tema deste expediente
administrativo estivo na prensa rexional do norte de Portugal un certo tempo,
pero foi silenciado e nunca chegou a ser do coñecemento da opinión pública dos
veciños da Guarda. Descoñecemos se hai autoridades municipais da Guarda que
teñan coñecemento do tema. Imos deixar estas explicacións previas e entrar no
tema.
O expediente administrativo
sancionador da Cámara Municipal de Caminha séguese contra dúas funcionarias
municipais: Sra. Susana Esteves e Sra. Teresa Amorim, a primeira en calidade de
empregada na billeteira do Ferry dependente da Cámara Municipal de Caminha. O expediente é instruído pola Sra. Ivone
Marinho. A instrucción do citado expediente acontece por unha acusación da Cámara contra estas
funcionarias por neglixente
custodia e desvío de 17.681,20€ procedentes do Ferry, feitos que supostamente
acontecen entre Agosto e Decembro do 2.008; por vulnera-lo artigo 72º do
“Manual de Procedementos do Municipio de Caminha”. Ante a gravidade dos
feitos, o tema foi posto en coñecemento do Tribunal Administrativo e Fiscal de
Braga, para rematar ser xulgado nos Tribunais de Caminha en Maio do 2.012.
A citada Sra. Susana Esteves con funcións de cobradora na billeteira do
Ferry (“asistente operacional do servicios do Ferry”; que termo más rimbombante
e absurdo para decir cobradora), dependente de Caminha, tiña por norma habitual
retrasarse nos ingresos das cantidades recaudadas; pero no mes de Xullo do
2.008 foi acumulando retrasos e sendo consentida polos funcionarios
administrativos, ata acumular un montante +15.000€ en Novembro, intre no que
saltan tódalas alarmas.
No final deste conto, a Sra.
Susana Estevez foi sancionada a 240 días de suspensión de emprego e soldo;
o tempo de suspensión o pasou cursando unha baixa médica por motivos
psiquiátricos; para retomar o seu emprego municipal. Polo contrario, a Sra. Teresa Amorim foi despedida
(durante moitos anos foi secretaria da Alcaldesa a Sra. Julia Paula e tamén do
Sr. Valdemar Patricio).
Temos a s seguintes preguntas: ¿cánto
diñeiro foi sustraido da billeteira do Ferry de Caminha?, ¿cánto tempo durou
esta situación de “distracción” de fondos do Ferry?, ¿qué medidas de control
existían antes para controla-la recadación e ingreso da mesma nas contas
bancarias da Cámara Municipal de Caminha?, ¿Despois dos feitos sancionados,
téñense implementado outras medidas adicionais de control?
Non sabemos cánto tempo durou esta situación de “distracción” de fondos do
Ferry na billeteira de Caminha; pero é evidente que os servicios económicos -
administrativos da Cámara Municipal de Caminha non funcionaron. Se non son capaces de fiscalizar e controlar as súas propias
contas, ¿son de fiar as imputacións de débedas que asignan ó Concello de A
Guarda?
Coa lectura da sentencia do procedemento xudicial seguido 53/09.6TACMNG1,
apreciase que é moi habitual o
retraso no ingreso das recadacións da billeteira do Ferry de Caminha, por parte
dos billeteiros; situación que é de coñecemento do responsable do Ferry (Sr.
Paulo Marinho) e dos funcionarios dos servicios económicos e administrativos da
Cámara Municipal de Caminha. En certo xeito, para entendernos todos, o
funcionamento administrativo municipal de Caminha é máis propio dunha
historieta de Mortadelo e Filemón,... Nunha
parte da sentencia xudicial, o xuíz afirma que o descontrol administrativo
favorece a actividade criminosa descrita.
Ambas historias acontecen durante o período de xestión da Alcaldesa Sra.
Julia Paula. En conclusión, na xestión do Ferry por parte de
Caminha hai unha total ocultación intencionada de información relevante á outra
parte (Concello de A Guarda); con este actuar, hai unha mostra
inequívoca de deslealtade e ocultación de información ó seu socio. A menos, que
algún político municipal de A Guarda fose coñecedor deste sucesos; ¿cántos políticos guardeses foron
coñecedores deste sucesos?, ¿foi este tema do coñecemento do Sr. Freitas?
O aquí realmente relatado
non é un conto, son sucesos reais, é todo unha historia verídica, que chegou a
estar baixo inquerito do IGAL (Inspección Xeral da Administración Local de Portugal). Pero sobre ambos
temas caíu un silencio administrativo profundo e escuro, similar ó silencio
mafioso (“omertá”).
¿Cántos concelleiros da
Guarda, da presente e da pasada lexislatura, son coñecedores destes feitos?. Nós pensamos, que a Cámara Municipal de
Caminha non está actuando con lealtade có Concello de A Guarda, que lle oculta
información relevante, que o mantén engañado para aproveitarse desta
ignorancia.
Hoxe confirmouse a noticia do atentado do avión ruso. ¡Forza e valor, para
o gran Pobo Ruso!
Сила и
мужество, чтобы великих русских людей!
Mirador do Monte Ancos, a 18 de Novembro
do 2.015.
Alberto
Mate Maduro.
Inspector en prácticas del Consello Galego de Contas, Delegación comarcal de
Vilapene (Lugo; España).
No hay comentarios:
Publicar un comentario