sábado, 21 de noviembre de 2015

O conto do saco perdido 2º

CHANCHONADA  478º
O conto do saco perdido 2º.


Imos a seguir relatando pequenas aventuras dos sacos cós diñeiros do Ferry entre A Guarda e Caminha.

Na documentación administrativa que temos, para a posta en funcionamento do Ferry, nela falábase da creación dunha “Comisión de Acompañamento” e dun “Protocolo de Xestión”. A citada “Comisión de acompañamento” estaría formada por 1 representante da Xunta de Galicia, 1 representante do Goberno Civil de Viana, Alcalde de A Guarda, Alcalde de Caminha e 2 técnicos da Administración de Medio Ambiente (un por cada Administración nacional). Non sabemos canto tempo funcionou esta “Comisión”, a única noticia oficial que temos da mesma é do ano 2.008, onde os gobernos de España e Portugal desenténdense do dragado do Miño, a pesar de declaracións de algúns políticos en época electoral,... unha cousa é falar e outra distinta deixa-las cousas en negro sobre branco, ou sexa por escrito i en papel oficial.


Sobre o tema da débeda pola recadación do Ferry que reclama Caminha ó Concello de A Guarda, a primeira noticia escrita que tivemos está recollida nunha acta municipal da Cámara Municipal de Caminha, acontecida o 24 de Novembro do 2.011. Nesa xuntanza, o vereador Sr. Jorge Miranda no debate do orzamento municipal fai as seguintes preguntas dirixidas á Sra. Julia Paula Pires Pereira Castro (Alcaldesa de Caminha):
1º ¿Cal é a débeda que ten o municipio de A Guarda polo Ferry?
2º ¿Expectativas defraudadas polo municipio de A Guarda?
3º ¿Existe algún compromiso legal para o pago da débeda por parte do municipio de A Guarda?

A Sra. Julia Paula Pires Pereira Castro (Alcaldesa de Caminha) Guarda silencio, non da resposta e pasase ó seguinte punto.


Polos datos que temos da Cámara de Caminha e do Concello de A Guarda; durante os primeiros anos, un representante municipal de A Guarda carrexaba para Caminha o saco cós diñeiros recadados na billeteira guardesa, as actas de recadación,... O goberno municipal camiñense do Sr. Valdemar Patricio recepcionaba o diñeiro, revisaba as actas i entregaba información puntual sobre o acontecido na billeteira de Caminha.

Ata aquí o normal i esperado; aínda que o procedemento tivese certas deficiencias administrativas. De momento, ambas parte cumprían o “pacto de cabaleiros” que tiñan para a xestión do Ferry:
1º) Caminha encargase da xestión, administración e mantenemento do Ferry.
2º) A Guarda entrega periodicamente a recadación do Ferry, tras desconta-los gastos que soporte.
3º) Caminha e A Guarda manterán sesións periódicas para intercambiar información.
4º) Tras a amortización dos custes do Ferry; de existir lucros, estes serán repartidos ó 50% para cada parte integrante do acordo.

¿Onde se rompe esta “pacto de cabaleiros”?. Semella que acontece coa chegada da Sra. Julia Paula Pires Pereira Castro (Alcaldesa de Caminha),... está disposta a seguir recepcionando os sacos das recadacións da billeteira guardesa, recibir información puntual do Concello de A Guarda,... Pero a cambio ela non fai entrega de información da xestión económica que lle compete a Caminha. A finais do 2.000 ou primeiros do 2.001, o goberno municipal do Concello de A Guarda comenza a deposita-la recadación da billeteira da súa competencia nunha conta bancaria aberta na sucursal de Caixa Nova sita na rúa de Concepción Arenal; a citada conta ten o diñeiro en Letras e Bonos do Tesouro de España, que son títulos de renda fixa,... cando chega o Sr. Freitas o saldo desta conta ascende a algo +800.000€.

A política da Sra. Julia Paula Pires respecto ó Ferry, semella estar baseado no principio de todo para Caminha, nada para A Guarda,...

Podemos dicir que o “pacto de cabaleiros” é roto pola Sra. Julia Paula Pires Pereira Castro (Alcaldesa de Caminha). Entre o ano 2.000 e 2.007 existiron intentos por parte do Concello de A Guarda de voltar a recibir información, pero todo foi sen froitos. Coa chegada do Sr. Freitas remota este intentos, a Sra. Julia Paula Pires Pereira Castro (Alcaldesa de Caminha) rapidamente delega nos seus negociadores: Sr. Flamiano Martíns, Sr. Antonio Dorado e o responsable operativo do Ferry o Sr. Paulo Marinho.

Neses intres os responsables da Cámara de Caminha xa esixen o pago dunha débeda de 1.200.000€. Cantidade que figura no orzamento municipal de Caminha. Esta cantidade, servía nos orzamentos de Caminha para infra-los ingresos e así poder tapar un ano e outro, as perdas económicas continuas que rexistraba a Cámara baixo a xestión da Sra. Julia Paula Pires.

Os propios funcionarios da Cámara Municipal de Caminha son incapaces de xustificar documentalmente a existencia dos 2.000.000€ que a Cámara chega a reclamar como débeda. De feito, cando no ano 2.010 o Concello de A Guarda fai un pago de 116.944,76€, a Sra.. Julia Paula Pires nunha acta municipal fala dun ingreso do Concello de A Guarda por un importe de 200.000€. ¿¿?? ¿A qué ven este desfase para referirse ó mesmo acto monetario?

Tiñamos certas dubidas e sospeitas, que foron ben aclaradas polo Sr. Jorge Miranda. O citado vereador municipal camiñense sospeita que nos anos de goberno da Sra. Julia Paula Pires existiu un total descontrol económico na Cámara Municipal de Caminha; quen usaba o aponte contable “Divida do Municipio de La Guardia pelo Ferry” para ir inflando artificialmente esta partida no orzamento municipal, así lográbase cubri-las perdidas económicas do exercicio, así mesmo tamén se evitaba a fiscalización do Tribunal de Contas de Portugal.

Se o Concello de A Guarda viña pagando certas cantidades monetarias, o normal era que a citada débeda fose baixando,... pero sucedía todo o contrario, a débeda ía en aumento. Expresamos a seguinte dúbida; supoñamos que é certa a débeda municipal (non falamos de cantidade), o ilícito administrativo o comete o Concello de A Guarda, polo tanto acontece en España; de ter que acudir Caminha á vía xudicial, tiña que facelo na España, pois é o lugar onde acontece o acto ilícito administrativo tal como o expresa o principio de territorialidade da xustiza.

¡Posiblemente isto foi un gol que lle marcaron ó Sr. Freitas! O acto ilícito debe ser xulgado, nos tribunais do lugar onde acontece o acto ilícito. Tamén foi unha pena no ter un pleito sobre o mesmo, aínda que fose o do Tribunal Administrativo de Braga, pois así sería un xeito de coñe-la situación das contas do Ferry.

¿Cómo están as contas do Ferry dende o ano 2.000?. O Descoñecemos; semella ser este o secreto de Estado mellor guardado de España e de Portugal. Lamentablemente moitos concelleiros de A Guarda e de Caminha non queren saber do tema, non investigan, lles molesta o tema,... só queren facer declaración folclóricas sobre o Ferry,... Para folcloradas sobre o Ferry, preferimos o “Chachacha do Ferry” que cantaban os do grupo Lareira, naquel primer disco.


Mirador do Monte Ancos, a 21  de Novembro do 2.015.

Johannes  Freitag Feierabend (“Juan Viernes Tiempo libre”).  Profesor de Hacienda Pública de la Universidad de Pölla (Baja Austria; Austria).

No hay comentarios:

Publicar un comentario