Diñeiro nos calzoncillos.
Nestes días de finais de Outubro, os responsables organizativos de moitas
asociacións que perceben diñeiros municipais, vía subvencións, todos eles teñen
estado moi ocupados preparando a documentación precisa para entregar na
Administración Municipal: facturas, xustificantes de gastos, NIF, CIF, número
de conta bancaria,...
No orzamento municipal
existen tres partidas concretas onde están detalladas as diferentes
subvencións: deportivas, culturais e de fins sociais. Todo isto, xunto a un cadro onde figura o nome de cada a asociación e a
cantidade monetaria que lle corresponde. Toda esta información é de carácter
pública, outra cousa distinta é que chegue ó coñecemento do público,...
ou sexa que despois de blablear durante a campaña electoral, seguiremos coa
opacidade tradicional do triunvirato PP, PSOE, BNG,.... e outros.
Imos a demostrar, que unha cousa é predicar, e outra distinta dar trigo,...
Porque, existen cantidades subvencionadas que non están contabilizadas
nesas partidas orzamentarias, o cal en certo xeito constitúen subvencións
encubertas, que algúns concelleiros ignoran e uns poucos calan.
Supoñamos que temos a asociación cultural denominada “Amigos dos
calzoncillos con bolsillos”; os seus socios son coñecidos popularmente como “os
calzonazos”, pero non son para nada parvos, nin tontos,... Son persoas cultas e
presumen delo; ó longo do ano fan moitas exposicións sobre traballos históricos
de escaso valor e relevancia cultural, fan exposicións de fotos vellas e
antigas; tamén teñen unha sección de exposición de mostras de lencería
autóctona galega,...
Nos orzamentos do Concello hai unha cantidade asignada para os “Amigos dos
calzoncillos con bolsillos”, por un importe de XXX€. Ata aquí a parte visible e
legal de todo. O Presidente da nosa asociación protagonista é Sir Inga Nalgas
Blandas, moi amigo de altos funcionarios locais e de varios cargos electos de
longa traxectoria municipal no Concello. Gracias a estes bós contactos que non
teñen o resto dos veciños, acadou que o Concello lle cedese un local municipal
para uso privativo da asociación “Amigos dos calzoncillos con bolsillos”; así
xa teñen un local onde ter os arquivos, as oficiñas, un local de exposición,...
Polo uso de este local, os “Amigos dos calzoncillos con bolsillos” non
pagan nada ó Concello, nin aluguer, nin hai documentación que acredite tal
cesión; tampouco pagan nada da luz eléctrica que usan, nin da agua, nin do
servicio de recollida de lixo, ni do telefono, da internet,... ¡¡¡¡Para isto,
xa están outros miles de panduriños que pagan impostos!!!!
Podemos dicir que a citada asociación, “Amigos dos calzoncillos con
bolsillos” ten os seguintes ingresos procedentes dos diñeiros municipais:
1º) Subvención contabilizada no
orzamento........ XXX€
2º) Uso privativo dun local
municipal................. YYY€
3º) Disfrute de electricidade, agua,
lixo, telefono. SSS€
Total anual subvencionado polo Concello...... T.TTTT€
Nos orzamentos do
Concello só figura a cantidade XXX€; pero o total que perceben os “Amigos dos
calzoncillos con bolsillos” é T.TTTT€; que é unha cantidade máis grande e non
recoñecida. ¡¡¿¿Son axudas en especie??!!
De ser unha axuda en especie, que é o concepto contable que máis se achega
como explicación; estamos ante unha subvención encoberta e non declarada. ¿Por
qué?;.... ¿¿para comprar a lealtade, silencio e amizades de certos calzonazos,
amigos e outros parásitos?
Isto xa ven dende fai +10 anos. Dende
logo, para os nosos políticos locais é moi fácil ser xenerosos cós diñeiros de
todos; pero nunca son xenerosos cós seus diñeiros privados.
¿Pensan publicar as declaracións de bens que fixeron para tomar posesión?.
Hai Concellos, onde está información xa está publicada dende Agosto.
Mirador do Monte Ancos, a 30 de Outubro
do 2.015.
Segundo Primo
de los Reyes. “Marqués del Usted no sabe Quien soy Yo”
(Manteca; San Joaquín; California; USA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario