Cambiar para protexer.
“No pasarán”; esta é unha expresión do idioma español
que xa forma parte do idioma ruso; pero non ten a connotación político
ideolóxica que aínda mantén esta frase en España; en Rusia é usada como unha sinal para desexar sorte, especialmente
entre os estudiantes, nos intres previos a facer un examen. Polo menos,
isto acontecía na miña época de estudiante, aló polos anos 90,...
Semella que o “Plan Director do Monte Santa Tecla” xa está en mans dos
grupos da oposición; sería desexable para todos que fose transcendendo ó
coñecemento público; para que así dunha vez por todas saíse do caixón do
esquecemento, onde leva varios anos guardado.
No artigo “Tanque de tormenta” xa expuxemos a proposta dunha obra que faría
unha gran mellora na seguridade do Monte, especialmente no seu equipamento
contra incendios. Hoxe imos ir con outra proposta similar, que tamén é
complementaria da anterior. Cando naceu a “Festa do Monte”, fai pouco máis dun
século, a estrada de acceso ó Monte estaba recen construída, remataba na zona
entre as dúas cimas que ten o Monte; pero sobre todo, só unhas poucas familias
ben adiñeiradas tiñan un vehículo a motor como posesión i elemento de
transporte privado,... as demais persoas ían a pé, en burro os menos, e moitos
menos en cabalo,... Por isto, os problemas de estacionamento no Monte eran
inexistentes.
100 anos despois, a situación é diametralmente distinta, pois a maioría das
unidades familiares teñen 1 ou 2 vehículos. Cando son os actos festivos no
Monte, a gran afluencia de persoas, os seus vehículos, as escasas prazas de
estacionamento,... todo está saturado de coches a unha beira e outra da estrada
de acceso. Resulta craro e moi nítido
para todos (menos para os
que durante 40 anos levan estado de concelleiros) que no Monte non hai
zonas especialmente adaptadas para o seu uso como estacionamento de vehículos;
as poucas zonas que están adaptadas para este uso, apenas cubren 80 prazas.
Nos pensamos que xa é hora de introducir cambios profundos na dinámica dos
eventos festeiros, pola vía das infraestructuras que debe ter o Monte como
dotación básica.
1º) Crear unhas
zonas de estacionamento nos dous campos de Chans.
Un campo de fútbol ten unha superficie media de 10.000 m2; na zona de Chans
temos dous campos que non son usados para nada, que teñen unha situación de
abandono que se está a prolongar no tempo. Polo tanto, con estes dous campos, temos dispoñibles 20.000m2 para usalos como
estacionamento, xa non temos que facer obras de explanamento,
nivelación,... A nosa proposta é usar estas dúas instalacións como estacionamento,
e no seu subsolo ter dous tanques de tormenta.
Un vehículo normal, o típico utilitario ten unha superficie algo inferior
ós 7,6m2; poñendo unha parcela de estacionamento de 9,7m2,... superficie máis
que suficiente para estacionar un coche. Sendo xenerosos, se usamos o 50% da
superficie para víais e o outro 50% para prazas de estacionamento,... como teríamos disponibles un mínimo 1.030 prazas de
estacionamento.
2º) Crear unhas
zonas de lecer entre os dous campos de Chans.
Agora que xa temos as zonas de estacionamento para +1.000 vehículos; na
zona contigua de Chans deberíase acondicionar unha amplía zona de parque de
lecer, acondicionada con mesas, merendeiros, asadores, zonas de sombra, parque
de xogos, fontes de agua, baños públicos, áreas de recollida de lixo, zona onde
instalar un pequeno hospital de campaña para as emerxencias,...
Debemos recoñecer que, a inmensa
maioría dos humanos somos por natureza cómodos; e normalmente buscamos face-las
cousas có mínimo esforzo posible,... A inmensa maioría das persoas
asistentes ó Monte para celebrar unha comida festeira, optará por unha cómoda
praza de aparcamento, camiñar uns poucos metros e ter unha cómoda zona onde
facer unha comida campestre,... A outra opción, será aparcar aquí o coche, e logo
camiñar a pé en camiño ascendente, cargando as bolsas de comida, a neveira
portátil coa bebida,... poucos optarán por esta opción.
O fin de todo este proxecto é protexe-lo patrimonio
histórico-arqueolóxico que temos no Monte Santa Tecla; retirando as persoas que “acampan”
dentro da citania, protexemos o noso patrimonio,... pero tamén ó mesmo tempo é
máis doado limpa-lo Monte e conservalo.
Convidamos a todos, a
subir ben cendo un Luns da desfeita, e ollar in situ a cantidade de lixo e
basura que fica no Monte; esa é a imaxen que se levan moitos turistas.
Imaxínense vostede nas Festas grandes de Madrid, a miles de madrileños a
facer unha comida campestre dentro do Museo do Prado, a mexar nas paredes, deixar
cagadas polas esquinas, vomitonas en calquer lado,... Ou ós granadinos, face-lo
mesmo dentro da Alhambra; ós composteláns facer outro tanto similar dentro da
Catedral de Santiago,... ¡¡¡¡Isto sería toda unha barbaridade aquí i en calquer
lugar do Mundo!!!! Por sorte, non acontecen tales burradas.
Pois isto é o que estamos a facer con dúas grandes festas
que facemos no Monte de Santa Tecla; imos destrozando o nos patrimonio
histórico-artistico,
o emporcallamos todo. Entonamos o “mea culpa”; unha cousa é olla-las festas
dende dentro, e outra moi distinta, agora ollalas dende fóra, cós ollos dun
fóraneo,... Hai que buscar una camiño distinto, onde podemos celebra-las
festas, e ó mesmo tempo darlle protección ó noso patrimonio, manter limpo o
noso Monte.
Non sabemos o que di o “Plan Director do Monte Santa Tecla”; pero non fai
falla ser moi listo para consensuar cambios e ir trazando un novo camiños para
os usos do Monte. ¿¿Cánto diñeiro custou este Plan
Director??
Mirador do Monte Ancos, a 12 de Outubro
do 2.015.
María Vino
Dulce. Profesora de Español, Universidad
Internacional de Praga (Nerudná Tchyné “Suegra Malhumorada”; República Checa).
No hay comentarios:
Publicar un comentario