Caramelo envenenado.
“Vovochka” (Во́вочка) poderíase decir que é o “Jaimito” dos chistes en
Rusia; esa persoaxe que é mal estudiante, que sempre ten unha saída graciosa.
Hoxe non imos a falar de chistes, pero si que imos a contar un conto que
ten moitas cousas de verdade, veracidade e outros elementos que seguen ocultos.
Cando un Faraón ascendía ó poder no
antigo Exipto tiña dúas grandes preocupacións: construír unha tumba no Val dos
Reis e deixar unha gran obra que perdurase no tempo, para así entrar na
Historia. Estas dúas obras debían de mante-la memoria do Faraón ó longo de
centos de anos, de miles de anos,... todo isto sen importar que custe tiña para
o erario público.
Isto acontecía no antigo Exipto, pero varios miles de anos despois da
construcción das pirámides de Giza, aínda
hai gobernantes que seguen practicando esta mesma pauta: “Construír unha gran
obra faraónica, sen moita utilidade practica, que perdure no tempo e sen
reparar nos custes que ocasiona no Tesouro Público”.
Dado que hoxe estamos con chistes; nos tamén imos cun pequeno conto, o noso
Jaimito, “Vovochka” e outras variantes nacionais, rexionais é o “Alcalde Faraón Tuhtankmamón”.
Despois de 20 anos na Corte Municipal de A Guarda á sombra de outros, por
fin lle chega a oportunidade ó “Alcalde
Faraón Tuhtankmamón” de ocupa-lo trono do Faraón, de colle-lo bastón de
mando, presidir procesións,... Pero o ascenso do seu reinado coincide cunha
gran e prolongada crise económica, que vai marcar todo o seu reinado, a
situación económica e laboral e tan mala que vai facer imposible a realización
o seu gran proxecto e a súa gran obra:
Gran proxecto: facer un
gran plan urbanístico, para construír
unha nova cidade: “Neo Kampos-Ankos”.
Gran obra: construír un teleférico dende
“Neo Kampos-Ankos”, para subir ó monte sagrado “Tkla”.
Pero os anos de reinado do “Alcalde
Faraón Tuhtankmamón” chegaron ó seu final, nada foi feito nin
concretado; o seu gran proxecto está sen aprobar e con isto tamén a súa gran
obra,... dos seus 8 anos de reinado
deixou como obra un obelisco de pau na zona de Fonthe-Kenthe (algúns
hititas malvados din que só é un tronco dunha árbore),.. ¡¡¿¿qué saben eles de
obras faraónicas??!!
Imos desfacer contos e ilusións sobre a súa gran obra, o teleférico dende
“Neo Kampos-Ankos” para subir ó monte sagrado de “Tkla”. Queremos dar as
gracias ós nosos amigos e lectores de Portugal por achegarnos varios documentos
e informes do Tribunal de Contas de Portugal sobre a fiscalización das contas
da Cámara Municipal de Guimaraes, e especialmente da sociedade municipal “Cooperativa de Turismo Turipenha”.
Esta cooperativa nace o 31 de Outubro de 1.989, a Cámara Municipal participaba
cun 25% do capital; o seu obxectivo era a construcción, administración e
xestión dun teleférico entre a cidade de Guimaraes e a Montaña da Penha; teleférico que comenzou a funcionar o 11
de Marzo de 1.995.
“A Turipenha, mercé ós
seus resultados negativos acumulados e das sucesivas inxeccións financeiras
polo Municipio, a título de aumentos do capital da cooperativa, fai que hoxe
sexa unha sociedade posuída en exclusiva polo Concello de Guimaraes” (escrito na paxina 59 do Informe do
Tribunal de Contas de Portugal). O informe do Tribunal de Contas di moi craro,
e demostra, que o servicio do teleférico da Turipenha é ruinoso, acumula perdas
constantes que deben ser tapadas continuamente polos fondos públicos do
Concello de Guimaraes.
Perdas do teleférico da
Turipenha.
1.996...... 58.520.000 escudos....... 292.600€
1.997...... 68.684.000 escudos....... 343.420€
1.998...... 72.127.000 escudos....... 360.635€
1.999...... 15.288.000 escudos......... 76.440€
2.000...... 62.604.000 escudos....... 313.020€
Final...... 277.223.000 escudos....... 1.386.115€
O anterior acontecía nos anos de bonanza económica,... Por facer unha
traslación ó caso da Guarda, estas perdas suporían sobre o 100% do orzamento
anual do Patronato do Monte. Nas contas do teleférico da Turipenha nunca hai
anos con beneficios.
Cada 5 anos hai que facer una parada técnica, para facer traballos de
inspección, de seguridade, de mantenemento,... con custe de +300.000€ (custe estimado polo Sr. Paulo Barbosa,
Secretario de Dirección da Turipenha, da revisión xeral do 2.015).
Ollamos que este servicio de mantenemento técnico é moi caro; ademais as poucas
empresas que existen son suízas, francesas, austríacas,... e man de obra que
teñen non é barata. Está cantidade, é superior ó que adica ó Concello de A
Guarda no seu orzamento para facer obras,... ¿Como financiamos estas
revisións?.
Nas páxinas 61 e 66 do informe do Tribunal de Contas de Portugal, demostran
que o Concello de Guimaraes ten aportado a Turipenha como incrementos do
capital 345.500.000 de escudos (1.727.500€), pero nas entradas de diñeiro das
contas da Turipenha figuran 265.000.000 de escudos (1.325.000€),... ¿Onde están
os 402.500€ que faltan?.
No informe de Tribunal de Contas, hai unha cita sobre un informe de
viabilidade do teleférico do Banco Portugués de Investimentos; a súa conclusión
que non é viable, e os custes de desmantelamentos son máis altos que os de
construcción; difícil venta do material desmantelado,... ¡¡¡Ruinoso, óllese por
onde se olle!!!
Non fai falla ser un Doctorado de Economía; que de facer realidade o
proxecto de nova cidade de “Neo Kampos-Ankos” e o seu teleférico para subir ó
monte sagrado de “Tkla”. Polas nosas
estimacións as perdas anuais rondarían os 100.000€; cada 5 anos teríamos que
abonar unha factura de 300.000€ polo servicios de inspección e mantenemento
técnico, que necesitan unha parada de 2 a 3 meses; por non falar das
paradas por ventos do suroeste tan típicos na zona. ¿Está a nosa Facenda Municipal
na situación de manter esta situación?; ¿qué estamos dispostos a sacrificar
para manter este luxo?
As obras de construcción do teleférico dende “Neo
Kampos-Ankos” para subir ó monte sagrado de “Tkla” podería ter un custe de 10
millóns de €; todo isto
para a eterna gloria do noso “Alcalde
Faraón Tuhtankmamón” . No mellor dos supostos, 2 millóns correrían a
cargo da Facenda Municipal de A Guarda, ¿como os financiamos?.
Nos aquí expoñemos as cousas, os seus pros e contras, tratamos de
analiza-las cousas,... Gran parte da
información a teñen os nosos corporativos municipais, pero eles a esconden para
si mesmos,... logo falan de contentores de lixo que teñen diante do bar e
doutras chorradas, isto para despistar ó persoal, ou porque teñen moita ignorancia dos temas realmente importantes e
sustanciosos. O fin de todo isto é despistar ó persoal, mante-lo na
ignorancia. ¿Qué fará o novo “Alcalde
Faraón Autoikonos”?, ¿construirá a gran obra e proxecto do seu
predecesor?, ¿presentará o seu proxecto e gran obra para súa gloria persoal?
Máis vale previr que lamentar; aquí estamos avisando do que podería
acontecer si seguimos camiñando por este camiño.
Voltamos a reitera-las gracias ós nosos lectores e amigos de Portugal;
tamén a ex-concelleira Sra.. Beatriz Estevez por descubrir este tema e ser
durante 4 anos a adalide da transparencia municipal. Outros falan de
transparencia municipal, pero as súas traxectorias na Corporación Municipal
demostran que sempre actúan inmersos na opacidade. Agora hai máis
opacidade informativa que antes de Maio do 2.015.
A nosa conclusión final: o proxecto de teleférico entre
“Neo Kampos-Ankos” para subir ó monte sagrado de “Tkla” podería ser un caramelo
envenenado, dende un punto de vista económico. Se os políticos
queren obras para a súa gloria persoal, ¡¡¡que a paguen dos seus petos
privados!!!
Mirador do Monte Ancos, a 16 de Outubro
do 2.015.
Pedro Alemán
Francés. Profesor de Arameo Clásico en la Universidad
de Porrera (Tarragona; España).
No hay comentarios:
Publicar un comentario