viernes, 23 de enero de 2015

Vagancia municipal

CHANCHONADA 369º
Vagancia municipal.



Hoxe, imos a actualiza-los datos dos cálculos que facemos sobre rendemento laboral dos concelleiros da Guarda. Os datos están referidos a Maio do 2.014, nese intre xa temos completados o 75% da lexislatura municipal.


moción da Guarda = +10 puntos.
mocións fóraneas = +1 punto.
mocións aprobadas = +2 puntos.


Ata Maio do 2.014: 10 mocións:

PSOE (8 concelleiros) 10 mocións:

2 moción da Guarda e 8 mocións fóraneas. (20% do traballo é sobre A Guarda)

PP (6 concelleiros) 10 mocións:

10 mocións da Guarda . (100% do traballo é sobre A Guarda)

BNG (2 concelleiros) 73 mocións:

11 mocións da Guarda e 62 mocións fóraneas. (15,06% do traballo é sobre A Guarda)

CG (1 concelleira) 67 mocións:

53 mocións da Guarda e 14 mocións fóraneas. (79,10% do traballo é sobre A Guarda)




Rendimento productivo do grupo =
PSOE = 50 ptos. PP = 113 ptos. BNG = 286 ptos. CG = 601 pts. Traballo total = 1.050 pts.
PSOE = 4,76% PP = 10,76%. BNG = 27,23%. CG = 57,23%. Porcentaxe do Traballo total.


Eficacia temporal do grupo (36 meses, ata Maio 2.014) =
PSOE = 1,47 ptos. PP = 3,14 ptos. BNG = 7,94 ptos. CG = 16,69 pts.
Ratio de eficencia por edil =
PSOE = 0,183 ptos. PP = 0,52 ptos. BNG = 3,97 ptos. CG = 16,69 pts.

Total mocións sobre A Guarda, ou Baixo Miño = 76 mocións locais
PSOE = 2 mocións (2,63%). PP = 10 mocións (13,16%). BNG = 11 mocións (14,47%). CG = 53 mocións (69,73%).


Relación de mocións do Pleno Ordinario de Maio do 2.014:

RE 2552 Revisión da facturación polo consumo eléctrico municipal (BNG; non prospera).
RE 2553 Retirada do proxecto de Lei Orgánica do Poder Xudicial (BNG; aprobada).
RE 2567 A favor do poligono industrial A Guarda - Rosal (Converxencia Galega; aprobada).
RE 2568 Apoio á industria da floricultura, e planta ornamental do Baixo Miño (Converxencia Galega; aprobada).
RE 2740 Impulso a unha Lei galega de vivenda e aluguer social, e paralización dos desaloxos (BNG; aprobada).
RE 2741 Demandar á Xunta políticas galegas de emprego (BNG; aprobada).
RE 2766 Rebaixa do 21 de IVA ó sector galego de peluqueria (BNG; aprobada).
RE 2767 Demandar da Xunta a gratuidade dos libros de texto (BNG; aprobada).
RE 2768 Denuncia-los retrasos da Xunta na tramitación do RISGA (BNG; aprobada).
RE 2797 Contra a desaparición do servicio de dermatoloxía, do centro de saúde de Tui (Converxencia galega; aprobada).


Xa temos, actualizados os valores do rendemento laboral dos nosos concelliros guardeses, ata Maio do 2.014; nese intre xa tiñan transcorrido 3/4 da lexislatura municipal (3 anos).

1º) Facendo os cálculos dun xeito, ou de outro, o grupo político menos laborioso é o PSOE. Nestes 3 anos, só presentou 2 iniciativas sobre A Guarda (1 por cada ano e medio). ¿¿Descoñecen a realidade guardesa ou carecen de ideas??.

2º) O grupo municipal do PP, semella que dende o inicio da lexislatura renunciou a ser o líder da oposición. É máis activo có PSOE, pero os números demostran que nunca foi o líder da oposición pois os seus compañeiros do BNG e Converxencia superan o seu traballo; dado o seu número de compoñentes (6 ediles), deberían de ter máis traballo feito.

3º) O BNG segue na pauta de anos atrás; apenas facer traballo local; esperar sentados a que dende a sede de Compostela remitan mocións que nada teñen que ver coa Guarda e o Baixo Miño. Polas nosos datos, ollamos que o 85% do traballo municipal lles é remitido dende a sede de Compostela.

4º) A edil de Converxencia Galega, có seu defecto de non ter capacidade de oratoria e verborrea; amosa unha alta laboriosidade; o 80% do traballo versa sobre A Guarda e comarca; e prácticamente o 70% do total das iniciativas de carácter local son súas.


O anterior son números,... pero cando eses números van tendo continuidade no tempo, amosan unha tendencia, e os catros puntos anteriores, seguen hoxe igual de vixentes. A nosa conclusión é que dos 17 concelleiros da Corporación Municipal de A Guarda, hai sobre uns 10 concelleiros que non fan nada, nin teñen nada feito en 3 anos.


Mirador do Monte Ancos, a 23 de Xaneiro do 2.015.

Heliodoro Trigo Duro. Empresario panadero (Pancrudo; Aragón; España).









No hay comentarios:

Publicar un comentario