miércoles, 21 de enero de 2015

Politicus interruptus

CHANCHONADA 368º
Politicus interruptus.



Fican 4 meses, para as vindeiras eleccións locias. Imos a facer un pouco de laboura pedagóxica entre os nosos lectores para que teñan coñecementos básicos; se o candidatos a políticos locais os queren adquirir, moito mellor para todos. Dende este Mirador, pensamos, que os concelleiros electos, antes de acceder ó cargo deberían de pasar por un cursiño acelerado, para adquirir coñecementos básicos en determinadas materias; pero como non existe tal cursiño, imos tomarnos a libertade de impartilo para todos.

A Lei 7/1.985 do 2 de Abril, reguladora das Bases do Réximen Local, debería de ser de coñecemento básico para tódolos cargos electos, e tamén dos cidadáns,... debería formar parte do curriculum escolar elemental.

Realmente, nas vindeiras eleccións municipais os cidadáns non imos votar para elexi-lo Alcalde ou Alcaldesa; nós imos a votar para elexi-los concelleiros e concelleiras que formarán a Corporación municipal. Claro que na propaganda electoral, na campaña electoral tratarán de vendernos que o noso voto decide quen será o Alcalde ou Alcaldesa do concello, e isto non é certo. ¡¡¿¿Entendido??!!.

Normalmente, uns 20 días despois de celebradas as eleccións, é cando toma posesión os compoñentes da nova Corporación Municipal; nesa sesión constitutiva, os novos concelleiros de entre eles elixirán ó Alcalde ou Alcaldesa; polo tanto é condición necesaria ser concelleiro electo e ser cabeza de lista electoral, para optar a ser elexido como Alcalde ou Alcaldesa.

Toda a Corporación Municipal formán un órgano que se chama “Pleno do Concello”. De acordo có artigo 46º. 2 da Lei 7/1.985 do 2 de Abril, reguladora das Bases do Réximen Local, o Pleno debe celebrar unha sesión ordinaria (xuntanza) como mínimo: cada 2 meses nos concellos dunha poboación de 5.000 habitantes a 20.000 habitantes.

Ou sexa, no caso de A Guarda, Tui, Tomiño e Rosal, as súas Corporacións municipais deben reunirse como mínimo en sesión ordinaria cada 2 meses. Isto é así porque o manda a Lei; para que vaian tratando os asuntos administrativos, económicos, de xestión e políticos que lles correspondan e non se acumulen retrasos.

Ata aquí, pensamos que a cousa foi meridianamente clara e concisa. Pois imos a comprobar que a pesar de ser a cousa tan clara, logo na práctica non sucede así. Imos coller como exemplo, o funcionamento da Corporación municipal guardesa durante o ano 2.013; celebrou pleno ordinario o día 25 de Xaneiro do 2.013, o seguinte pleno ordinario celebrado foi o día 27 de Setembro do 2.013. Non fai falla ser un premio nobel en matemáticas para ollar que entre o mes de Xaneiro e o mes de Setembro transcorríu máis de 2 meses, exactamente foron 8 meses sen facer plenos ordinarios.

Polo tanto, en conclusión, durante o ano 2.013, a Corporación municipal de A Guarda estivo incumplindo un precepto legal, o artigo 46º. 2 da Lei 7/1.985 do 2 de Abril, reguladora das Bases do Réximen Local. Logo dende a Administración Municipal nos dín que os cidadáns temos que cumplir coas Leis, que pagar estes impostos,... ¿¿qué sucede cando os nosos gobernantes non cumplen as Leis??.

Para que se xunte o Pleno, debe cumplirse un requisito administrativo e legal; ser debida e legalmente convocado polo seu Presidente (titular da Alcaldía), có seu correspondente orden do día. Se non hai tal convocatoria, as reunións do Pleno carecen de validez xurídica. En principio, polo que nós sabemos, as convocatorias existirón, pero os Plenos ordinarios nunca tiveron lugar, por ser suspendidos antes de ser iniciados. Aquí é onde nós pensamos que está o erro administrativo e xurídico; o Pleno debería de terse iniciado e logo nun intre non concretado pola causa que procedese ser suspendido, deste xeito os membros da Corporación terían respetado o espíritu e fondo do artigo 46º. 2 da Lei 7/1.985 do 2 de Abril, reguladora das Bases do Réximen Local.

Isto non só aconteceu na Guarda, nesas datas tamén pasou no Rosal, Tomiño, Tui e outros concellos. En teoría era por apoio ás reivindicacións dos afectados polas preferentes. Podería terse feito ese apoio, pero seguindo o proceder que temos sinalado no parrafo anterior, xa que dese xeito tamén se cumple có formalismo legal.

Outra cousa distinta é que a forma de recabar os apoios das Corporacións, por parte dos dirixentes das Plataformas de afectados polas preferentes estivese no límite das coaccións; pero isto xa forma parte dunha lección de Dereito Penal.


En principio, as reunións do Pleno son públicas e abertas á asistencia dos veciños; pero existe unha norma legal, pola cal en determinados casos e supostos, para tratar algúns asuntos moi concretos, esa xuntanza, ou ese punto concreto da xuntanza sea a porta pechada e sen presencia de público.

Dende 1.977 ata o ano 2.014, ou sexa en 37 anos; só unha vez Pleno do Concello de A Guarda estivo 8 meses sen ter unha xuntanza ordinaria; este paron político administrativo lle corresponde á responsabilidade do Alcalde exercente na actualidade. Polo tanto, durante 8 meses do 2.013 estivemos gobernados por “politicos interruptus”,... políticos que interrumpiron por medo o normal trancorrir da vida política local.




Mirador do Monte Ancos, a 21 de Xaneiro do 2.015.

Braulio Criado Mayordomo. Analista de la Guía de restaurantes “Los Michelines” (Bienservida; Albacete; España).



No hay comentarios:

Publicar un comentario