Escribanos.
Antigamente
existía o oficio de escribano, era un oficio público que
requería unha autorización legal para o seu exercicio; este
oficio foi o antecesor directo dos nosos notarios actuais (escribano
numerario), dos nosos Secretarios de Concello (escribano de
concello),... En certos paises de América, o oficio de notario segue
recibindo o nome de Escribano. É un oficio moi antigo, na súa forma
que coñecemos xa estaba presente en Roma, logo perfeccionouse na
Europa medieval e das diferentes ramas de escribanos hoxe derivanse
moitas profesións.
Hoxe
poderíamos decir que como tal non existe o oficio de escribano,
persoa que escribe un documento para outra, xa sexa por que esta non
sabe escribir, ou polo cargo oficial que ocupa deba de ter asistencia
dun profesional da escritura. Realmente non é así; dentro dos
centros penitenciarios que temos en España, hai un grupo de internos
(persoa que por diferentes cuestións legais debe estar recluida nun
centro penitenciario) que polo seu nivel de coñecementos en materias
legais ou administrativas, exercen de escribanos para os seus
compañeiros internos (presos, detidos ou reos).
Estes
escribanos, teñen a función de redactar cartas, solicitudes,
peticións, recursos administrativos,... Non son un grupo abundante,
pero si respetados e se teñen fama que os seus escritos conseguen os
efectos buscados, o prezo dos seus escritos son valaorados e
cotizados en diferentes formas de pago: tábaco, café, tarxetas de
peculio,... Por desgracia, no mundo penitenciario ainda hai un grupo
importante de persoas que son analfabetas funcionais ou estructurais;
por iso o importante papel oficioso e práctico destes escribanos,
pois acaban resolvendo pequenos problemas administrativos ós seus
compañeiros.
Algún
“iluminado e ignorante” escribano xunteiro ocurríulle a idea de
escribir nas prendas de traballo dos vixiantes e guardapeiraos
portuarios: “Policía Portuaria”. Nos e outros membros dos corpos
e Forzas de Seguridade do Estado temos moi serias dudas da legalidade
desta denominación.
Nos
entendemos que os vixiantes e guardapeiraos portuarios non son
policías. Pois o exercicio da autoridade do Estado
está reservado en exclusiva a funcionarios do mesmo, de acordo có
sinalado na Lei 7/2007 (EBEP); e os vixiantes e guardapeiraos
portuarios son empregados laborais da Administración Pública con
competencia nos portos, polo tanto non son funcionarios e por iso non
poder exerce-la autoridade do Estado.
Logo temos a
Lei de Corpos e Forzas de Seguridade do Estado (Lei Orgánica
2/1986); onde na mesma non aparece recollido nada sobre iso de
“Policía Portuaria”. Só aparece algo, na disposición
transitoria 13º da Lei 48/2003 sobre Réximen económico e de
prestación de servicios nos portos de interese xeral. Pero despois
de leer esta disposición transitoria 13º, a conclusión que
se quita é que non teñen competencia en materia de seguridade
cidadana; son vixiantes das instalacións portuarias.
O máis
similar legalmente sería como os vixiantes de seguridade privada, só
que estes teñen como parte empresarial unha empresa de seguridade
privada; e os vixiantes e guardapeiraos portuarios teñen como parte
empresarial a un organismo da Administración Pública (Ministerio de
Fomento ou Conselleria de Ordenación Territorio).
Mirador do Monte
Ancos, a 8 de
Xaneiro do
2.015.
Albertino
Acquacalda Miraglia.
Director de operaciones del Aeropuerto Internacional de Lugo,
(Rávena;Emilia-Romaña; Italia).
No hay comentarios:
Publicar un comentario