miércoles, 14 de enero de 2015

Perspectiva temporal

CHANCHONADA 365º
Perspectiva temporal.



Dende que comenzamos cós artigos neste “Mirador”, disto xa fai 25 meses, estivemos facendo un seguimento da evolución do paro nos nosos concellos miñotos. Pero isto é como facer unha fotografía dun intre temporal concreto e puntual, cando xuntas todas estas fotos xa tes unha secuencia que ten duración no tempo; polo tanto xa se ten unha visión más ampla e dinámica.

Hoxe imos a expoñer unha visión distinta, é unha visión máis xeral e ampla, para poder olla-la evolución da crisis sobre o emprego. Para así ollar toda unha secuencia temporal que vai dende o ano 2.006 ata o ano 2.014.

En cor verde, imos a poñe-lo dato das baixas rexistradas nas oficiñas de emprego (creación de emprego), e en vermello a altas rexistradas; todo isto en computo anual.

            A Guarda       O Rosal        Oia        Foz do Miño
2.006 .......... 63 ............. 97 ............ 17 ............. 177
2.007 .......... 23 ............. 25 ............ 8 ............... 6
2.008 .......... 203 .......... 152 ............ 82 ............. 437
2.009 .......... 140 ............ 52 ............ 23 ............. 215
2.010 ........... 17 .............. 41 ............ 12 ............. 46
2.011 ............ 9 ............... 67 ............ 45 ............. 121
2.012 .......... 117 ............ 56 ............. 32 ............ 205
2.013 ............ 6 ............. 25 ............ 10 ............. 21
2.014 .......... 112 ............. 36 ............ 35 ............. 183

Como ollamos hai unha primeira onda de destrucción de emprego que corresponde ós anos 2.008 e 2.009, nesta primeira onda (debacle do sector inmobiliario e construcción) hai unha destrucción de 652 empregos; para ollar a importancia desta primeira onda de destrucción de emprego, se ollamos o período 2.008 ó 2.012, neste tempo destruíronse 1.024 empregos, e o 63% do emprego destruido corresponden ós anos 2.008 e 2.009.

Na seguinte fase serían os anos 2.011 e 2.012 con 326 empregos (31,8% do período). Estas dúas ondas acumulan case que o 95% do total do emprego destruido. Na Guarda o período de destrucción de emprego é corto pero intenso, no Rosal ten un comenzo anterior pero logo é máis duradeiro no tempo; Oia presenta similitudes cós dous lados.

             A Guarda        O Rosal        Oia        Foz do Miño
Saldo .......... 345 ............. 332 ......... 137 ............. 814

Semella que nos anos 2.013 e 2.014 xa temos creación de emprego; pero non imos a cantar victoria; para voltar a unha situación similar á do ano 2.006, ainda teríamos que crear os empregos que arriba están sinalados. Neste cadro anterior, con ter O Rosal unha poboación equivalente ó 63% da poboación guardesa, tería que crear unha cantidade de emprego similar ó guardés; con isto ollamos que O Rosal foi onde con máis dureza sufríu a destrucción de emprego.




              Tomiño            Tui        Baixo Miño   Foz do Miño
2.006 .......... 76 ............. 121 .......... 374 ........... 177
2.007 .......... 19 ............. 28 ............ 41 ............ 6
2.008 .......... 354 .......... 305 ........ 1096 ......... 437
2.009 .......... 211 .......... 211 .......... 637 ........ 215
2.010 ........... 85 ............ 54 ......... 185 .......... 46
2.011 .......... 101 ......... 299 .......... 521 ......... 121
2.012 .......... 132 ......... 131 .......... 468 .......... 205
2.013 ............ 1 ............. 30 ............ 10 ........... 21
2.014 .......... 133 .......... 213 .......... 529 ........ 183


A fase de crisis comenza antes nos concellos de Tui e Tomiño, é máis intensa na destrucción de emprego e dura máis. A primeira fase de destrucción de emprego (anos 2.008 e 2.009) é moi intensa en Tomiño; mentrás que a segunda fase (anos 2.011 e 2.012) é moito máis intensa en Tui.

Na primeira onda de destrucción, o Baixo Miño perde 1.733 empregos, 652 na zona da Foz do Miño (37%), Tomiño e Tui perden 1.081 empregos. Na segunda onda de destrucción de emprego (anos 2.011 e 2.012) son destruidos 989 empregos na comarca, 326 na zona da Foz do Miño (33%), e 663 en Tomiño e Tui (65% corresponde a veciños de Tui).


                  Tomiño         Tui     Baixo Miño     Foz do Miño
Saldo .......... 770 .......... 845 ........ 2.429 ............. 814

En relación cóa poboación e cada concello, o concello de Tomiño é o máis afectado pola destrucción de emprego.



¿Realmente no ano 2.014 hai creación de emprego?; esta é unha pregunta díficil de resolver. Nas baixas de demandantes de emprego que se producen nas oficiñas, están básicamente catro grupos:
A) Persoas que atopan un emprego.
B) Persoas que emigran. (Destas non existen estadística oficial).
C) Persoas que xubilan.
D) Persoas que causan baixa por outros motivos.

Polo tanto as baixas causadas no ano 2.014 nas estadísticas do paro, son pola suma destes factores; se todas fosen por creación de emprego, isto tería repercusión directa no consumo e polo tanto no comercio local. Pero dado que o comercio local ollase pouco animado, non hai animación nas rúas, non se olla reactivación do consumo,... Posiblemente o “factor B” (emigración) sexa o elemento máis importante na reducción de demandantes de emprego no listado oficial, xa que vai tendo un efecto acumulativo no tempo.

Seguramente todos temos exemplos de familiares, coñecidos e veciños que emigraron nestes anos. Aquí no “Mirador” imos sobrados de exemplos moi achegados, non imos a poñer nomes; os nosos lectores miñotos teñen os seus,... Cando o fillo dun gobernante municipal (Alcalde do Rosal) tamén emigra, é unha sinal que as cousas foron moito pior do que as estadísticas sinalan.

Señores e señoras futuros gobernantes locais, temos todos moito que facer para crear traballo a +2.500 veciños miñotos.



Mirador do Monte Ancos, a 14 de Xaneiro do 2.015.
Abraham Hurtado Herencia. Subdirector de exportaciones de “Kagada International Corporation” (Kagada; Gyoda, distrito de Saytama; Japón).





No hay comentarios:

Publicar un comentario