sábado, 10 de enero de 2015

Gran fracaso administrativo

CHANCHONADA 363º
Gran fracaso administrativo.



Excusatio non petita, accusatio manifesta”; isto é unha frase latina que poderíamos traducir por: “xustificación non solicitada, culpabilidade aceptada.

Xa fai máis de 9 meses que o servicio de Ferry entre as vilas de A Guarda e Caminha está interrompido. Nun primer intre o noso querido Sr. Alcalde da Guarda manifestou na prensa que por obras de mantenemento do buque, do pantalán do peirao de Caminha, o servicio ía sofrir unha interrupción de unha poucas semanas. Pois dende Abril do 2.014, seguimos sen ter servicio de Ferry entre as dúas vilas miñotas.

O pasado 19 de decembro do 2.014, o Sr. Alcalde de Caminha (Sr. Miguel Alves) na prensa escrita manifestaba a súa esperanza que no primer trismestre do ano 2.015 o servicio voltase á normalidade. De ser esto certo, entón estaríamos ante unha parada que ía para unhas poucas semanas, e rematou durando un ano. Por desgracia, o Sr. Alcalde da Guarda segue calado, pois neste tema a responsabilidade é súa, e non pode chimparlle culpas á oposición.

Nos esperamos que así fose, e no inicio da primavera o servicio voltase a funcionar. Neste Nadal, visitamos un par de veces a vila de Caminha, ollamos o aterramento de áridos que ten a doca e peirao onde atraca o Ferry; isto fainos dudar moito que chegue a cumprirse o desexo do Sr. Miguel Alves (Alcalde de Caminha). Posiblemente a solución do problema vai para un prazo máis longo, pois non ollamos compromiso por parte do Concello de A Guarda, aquí só ollamos silencio, semella que este tema é tabú, que molesta e non debe tocarse.

Polas informacións que temos, despois do proceso electoral de Maio do 2.014 (eleccións europeas), houbo un intento dende Acigu, CIG, BNG, PP, Converxencia Galega e algunhas outras entidades en contactar có grupo de goberno municipal para tratar este tema e outros similares que tiñan por centro o servicio de ferry. Polo que nos sabemos a iniciativa ficou ahí; pois a resposta do goberno municipal foi moi descortés e arrogante. Nunha carta (misiva) dirixida polo Sr. Freitas á dirección local do sindicato CIG, rechaza participar nesa xuntanza, que él non tiña que rendir contas ante ninguen, critica que a CIG se preste a ser manipulada pola presidenta de Acigu, e sobre todo que el non era un “segundo prato de nada”.

Voltamos á expresión latina do inicio: “excusatio non petita, accusatio manifesta” = “xustificación non solicitada, culpabilidade aceptada”.


Durante o ano pasado moito falouse na prensa galega e portuguesa da suposta débeda que reclamaba a Cámara de Caminha; ¿en qué ficou isto?, o descoñecemos. Nos desexamos que un responsable do goberno municipal presentase un documento escrito, onde estivese reflexado por escrito o acordo entre os dous concello. Tamén querríamos saber que acontece para tan prolongada parada e ausencia de servicio, que alguen explicase e contificase as perdas de ingresos que isto ten xenerado,...

Pero sobre todo, que alguen asumise o “mea culpa”, e pedíse perdón pola desfeita acontecida. ¡¡¡Que tempos aqueles!!!, cando estaban no goberno municipal da Guarda políticos do PP; ante unha pequena parada técnica do ferry, con que presteza saía o Sr. José Manuel Domínguez Freitas como líder da oposición a criticala xestión do goberno municipal dese intre. Agora que a el lle acontece un suposto moito máis grave, non da a cara, está escondido, deste tema non procede falar,... e se alguen trata de criticar, hai que silencialo.

En poucos meses, xa estaremos en plena campaña electoral para as eleccións de Maio do 2.015. Con moita ironia, o Sr. José Manuel Domínguez Freitas podería artellar unha gran campaña publicitaria como a persoa que tras 19 anos de servicio de ferry, pechou o seu servicio; usando o seguinte lema publicitario: “seguimos traballando para o fracaso da Guarda”. Fican poucos meses para o final desta lexislatura municipal, o balance ó noso entender é negativo, e en gran medida por este tema.



Mirador do Monte Ancos, a 10 de Xaneiro do 2.015.
Luis Felipe Cabeza Calva. Director de operaciones portuarias del Servicio de Puertos Estatales en Puerto Cabello (Estado de Carabobo; Venezuela).


No hay comentarios:

Publicar un comentario