Cascarilleirismo.
Dende
hai meses a palabre “casta”
está de moda, na súa acepción de ascendencia
ou linaxe familiar que determina a pertenza a un grupo ou status,
sexa social ou laboral. Polo tanto o concepto de casta
xa determina en si mesmo un sistema social pechado, onde hai un grupo
social dominante que é moi reducido, frente a outros máis
númerosos, sen privilexios e moitos deberes; neste sistema tan
compartimentado e pechado non hai “osmose social” entre os
individuos destes grupos sociais.
Seguramente
todos pensades no sistema de castas da India. Pois nos imos a falar
dun sistema de casta máis próximo, un sistema social de pseudo
casta ó que denominamos “cascarilleirismo”.
A palabra “cascarilleiro” xa está por sorte
prácticamente extinguida do vocabulario miñoto (variante
guardesa-rosaleira); así era como denominaban ós integrantes
do grupo social da Vila guardesa formado por pequenos comerciantes,
funcionarios, sacerdotes, profesionais liberais (médico,
farmaceútico,...). En contra posición
estaban as xentes da Marina e os da Aldea (Salcidos e O Rosal),
persoas que maioritariamente traballaban no sector primario e na súa
gran maioría non tiñan estudios (analfabetismo estructural).
Os
“cascarilleiros” evidentemente ostentaban o poder social,
cultural, económico, político,... i entre estes tres grupos sociais
que formaban o corpo da poboación guardesa, entre eles apenas
existian relacións inter clase, vivían separados. Ademáis existía
un odio patentente, das clases inferiores ós cascarilleiros.
A
primeira ruptura da hexemonía “cascarilleira” acontece có
retorno e asentamento dos indianos, homes que sairon da Marina e da
Aldea (Rosal e Salcidos) para emigrar a América onde fixeron
fortuna; voltaron ó seu lugar de nacemento, trouxeron novas ideas,
abrirón escolas para os nenos das clases traballadoras,... Eles eran
o exemplo que un campesiño ou mariñeiro podia ascender socialmente,
ter unha fortuna, exercer unha profesión liberal; polo tanto que o
nacemento non determina o futuro dunha persoa.
Estes
veciños indianos crean unha cuña social, aparentemente inocua, pero
que anos despois comenza a rompe-la hexemonia social “cascarilleira”;
en 1.913 crean a FESTA do
MONTE, unha festa de carácter civil e aberta a tódolos veciños da
Guarda. Neses anos varios curas queixanse que non era
de bon ver, ollar a un señorito bailar cunha moza da Cruzada, nin
ollar a ousadía dun mozo de Salcidos por bailar cunha señorita da
Vila. ¡¡¡Comentarios clasistas como estes, estaba chea a prensa
local de eses anos!!!
Polo
tanto, en certo xeito, a nosa FESTA do MONTE foi a primeira cuña que
iniciou a quebra do sistema social de casta que nos chamamos
“cascarilleirismo”.
Hoxe, a inmensa maioría dos miñotos menores de 50 anos descoñecen
termos como “pecheiro” (membros das clases acomodadas da Vila de
Tui), “babaios” (mariñeiros de Baiona), “pezuños”
(mariñeiros da Guarda),... son termos denigratorios sobre a división
social e local, así como tamén de certo odio latente entre a xente.
Ese
mundo inmóvil socialmente, nos anos 60 do século XX entra en crisis
social; os seus fundamentos perden vixencia e forza, pero non o poder
social, cultural e político; a balanza do poder económico xa estaba
inclinada a favor da Marina. Neses anos 60, cada vez máis membros da
Marina e da Aldea (Rosal e Salcidos) acceden a estudios superiores,
técnicos, de capacitación profesional; os emigrantes nos paises
europeos e os embarcados na marina mercante traen novas modas, usos,
música,... que acelera a decadencia da hexemonía “cascarilleira”.
Na
nosa opinión (isto é unha teoría sociolóxica de creación
propia), o derrumbe total da armazón “cascarilleira” e a
rápida modernización social do Baixo Miño, acontece coa
inauguración en 1.974 da
“Salda de Fiestas FUNCHI 2”, así como o longo
período de actividade que tivo. ¡¡¡¿¿Quén dos nosos lectores
non ten algunha lembranza festivo-amorosa no FUNCHI 2??!!!. Desde ese
intre, A Guarda, Rosal, Oia e Tomiño cambiaron socialmente en 30
anos, o que outros paises levoulles 100 anos.
Dende
este “Mirador” lanzamos a seguinte idea para os actuais ou
futuros integrantes das corporacións municipais miñotas:
nomear unha rúa ou praza, có
nome do finado propietario e promotor de “FUNCHI 2”,
pois a súa iniciativa lúdico empresarial tivo un gran calado
social, que ainda hoxe é patente nas nosas localidades.
¿¿Desapareceu
o “cascarilleirismo”?? Na
nosa opinión, creemos que non de todo; ainda fican familias que
viven e añoran esa forma social. Dende os anos 80 foi
conformándose unha nova casta social, que refunda e
moderniza o formato do “cascarilleirismo”,
formando un novo grupo social, onde os seus integrantes viven nunha
dicotomía moi interconectada. Por un lado a nivel
laboral caseque todos son funcionarios (especialmente do ramo
educativo) e por outro lado exercen o poder político local.
Así foise formando o axioma:
profesor = político local.
Hai
partidos políticos onde este axioma é moi maioritario, como é o
caso do BNG. Agora
moitos membros desta nova casta entran no final da súa vida laboral,
comenzan a xubilarse,... pero xa hai evidencias do exercicio das
formas prácticas de casta: transmitir poderes, funcións, posición,
status,... ós fillos.
Nestas
práctica de transmisión intra-familiar dos poderes, funcións,...
que ten moita experiencia nesta andaina endogámica é o PSOE da
Guarda. Así o Sr.
Antonio Lomba Baz (concelleiro en exercicio) en certo xeito é o
herdeiro do seu sogro (Sr. Salero). Agora temos o exemplo do Sr.
José Manuel Domínguez Freitas (Alcalde de A Guarda) que xa ten
situada en postos relevantes do PSOE local a súa filla (Bárbara
Domínguez, secretaria xeral das xuventudes socialistas da Guarda).
Logo,
os nosos socialistas locais enfadanse cando na prensa e outras forzas
rivais lles chaman casta. Pero é que vostedes dan entrada i exemplos
continuos da mesma. Con certa maldade, diremos que estaría ben un
cartel electoral en Maio do 2.015, cunha foto conxunta do Sr.
Domínguez Freitas e a súa filla, có lema: “có teu voto; un
goberno familiar”.
Con
maís maldade, hai dous membros deste “Mirador” que propoñen
como banda musical, o uso da canción do grupo relixioso músical
“Viva la Gente”; pero coa letra adaptada ás circunstancias
electorais.
“Viva
la Casta,
la
hay donde quiera que vas.
Viva
la Casta,
es
lo que nos gusta más.
Me
dí cuenta de una gran realidad,
las
cosas son importantes,
¡¡pero
la Casta lo es más!!”.
Mirador do Monte Ancos, a 30
de Novembro do 2.014.
Martín
Corazón del Mar.
Instructor en la escula de buceo, “As Chapaletas”; en la Playa de
Funchi (Parque Nacional de Washington-Slagbaai; Isla de Bonaire;
Antillas Holandesas; Reino de Holanda).