martes, 26 de abril de 2016

Un bozal para o can

CHANCHONADA  515º
Un bozal para o can.


Como sempre que chegan estas datas do 26 de Abril, o noso compañeiro hispano-ucraniano sempre está doente e triste; non é para menos pois neste ano o accidente de Chernobil cumpre 30 anos. Non imos explicar aquí todo o acontecido nese día e nos seguintes, dar detalles técnicos,... pero é un exemplo de como os políticos poden chegar a xogar coas vidas das persoas, facendas, seguridade e futuro sen importarlles nada.

Despois do accidente, as autoridades tardaron 48 horas en ordena-lo desaloxo de Prípiat (При́п'ять), a cidade que estaba a pouco máis de 3 km da central nuclear. Ordena-lo transporte, evacuación. realoxo de 50.000 persoas non é algo fácil. Que pena de cidade, 16 anos despois da súa fundación pasou a ser unha cidade fantasma.

                                                Escudo municipal de Prípiat.



“Bio-robots”, unha forma politicamente correcta para non dicir traballadores humáns, ou pior aún para non dicir “carne de cañón”. Miles de homes reservistas do exército foron chamados a filas para ir a Chernobil a trabllar nas tarefas de extinción do incendio do reactor Nº 4, limpeza dos restos radioactivos,... todos vestidos cun mono de traballo propio dunha fábrica, unha mascariña de papel, algúns trocos de chumbo improvisados como protección; iso si ben arengados por discursos altisonantes de patriotismo,... pero ninguén lles dixo o futuro que lles esperaba a casi todos: morrer polos efectos da radioactividade, uns en poucos días e a maioría nos anos vindeiros; os que tiveron máis sorte tiveron unha vida chea de enfermidades, de cancros de tiroides, de pel,... pero tamén morreron dun xeito moito máis lento.

Uns poucos políticos desa época tiveron a valentía de aforcarse ou pegarse un tiro na cabeza,... pero a maioría seguiu vivindo aferrado ó poder, ó igual que as ladillas o fan ó vello púbico.


Querida Sra. Conchi Ortega ten vostede moitos sapos que tragar, pero non por culpa dos seus pecados privados ou públicos, máis ben por pecados alleos, simplemente porque facer tragar sapos a outros é unha das tarefas preferidas dos “anarcofascistas”, para así trasladar a outros a responsabilidade das súas incompetencias e inutilidades.

“Anarcofascistas” era unha definición da época do avó, cando era un xoven teniente da 11º División, así chamaban os comisarios políticos a aqueles camaradas que sempre queren discutir todo, que as ordenes hai que sometelas a votación, que toda cousa debe ser tratada en asamblea,... así toda actividade organizativa fica paralizada, aparece a desconfianza e a discordia que rompen a unidade,... Na maioría das veces semellaba que estaban a traballar para o enemigo. Simplificando poderíamos dicir que son persoas que sempre están dispostas a discutir todo, pero nunca a facer nada, ladrar ladran moito, pero non fan ren.

Na política galega hai camuflado moito “anarcofascista”; é sinxelo recoñecelos:

1º)  Cando aparece unha minoría perxudicada fronte ós posibles beneficios da maioría. Alí están eles sempre apoiando a minoría, en contra das maldades da opresora maioría.

2º)  Eles van a catalizar, organizar e teledirixir a este minoría; o verdadeiro fin non é soluciona-lo problema da minoría, o verdadeiro fin é criar unha Plataforma para aproveitarse do problema da minoría e sacarlle réditos electorais.

3º)  Tras extraer beneficios e réditos electorais, a Plataforma xa non interesa, os problemas da minoría son esquecidos, e a minoría arrinconada,... Agora toca consolida-lo poder institucional e vivir do mesmo; agora o importante é o poder, non a minoría.

4º)  Se o paso do tempo demostra que a postura da minoría non era correcta, que non tiña razón, que estaba manipulado por outros e que todo iso supuxo un grave prexuízo para todos,... Entón hai que acusar de covardía e parálise a quen se achicou nos puntos 1º e 2º. ¡¡¡Os culpables sempre son os outros!!!

Querida Sra. Conchi Ortega, para estes “anarcofascistas” os culpables sempre son os outros, os culpables de todo sempre vai ser vostede, o PP,... eles son Santos-Virxinais embestidos polo Espíritu Santo do don de vivir continuamente baixo a luz da Sabiduría. ¿Lembra vostede a entrevista na emisora da SER durante na precampaña?, ¿trocou en algo a arrogancia do persoal?. A oposición ó vial Tui-A Guarda foi organizada por un grupo político que buscaba facerse có poder municipal en Tomiño; realmente o vial non lles interesaba, logo estaban os tontos do PSOE que sempre están dispostos a facer coros,... Aqueles que se opuxeron fai 16 anos ó vial, agora queren presentarse como os defensores da construcción do mesmo,... ¡¡¡Señores en internet hai centos de cousas que non se poden borrar!!!

O exemplo máis sangrante destes “anarcofascistas” foi todo o movemento social que crearon contra a construcción da A9 (autoestrada Ferrol - Tui), a que eles despectivamente chamaban a “navallada na terra” que ía desangrar Galicia e a matala socialmente. Todo isto acontecía a finais dos 70 e durante os anos 80; hoxe 40 anos despois a realidade demostrou ser todo o contrario que eles predicaban, os concellos mías dinámicos social e economicamente son os que están nas proximidades da A9,... en troques aqueles que seguen o modelo agrario e gandeiro que eles pregoan son concellos que están morrendo demograficamente, que a penas teñen futuro. Despois de 40 anos eses “anarcofascistas” ningún deles saíu en público a pedir perdón polo erro cometido, polo atraso económico xenerado,... están tan cheos de soberbia que o perdón non está no seu ideario.

Se tentamos face-lo vial reactivarase a oposición duns poucos veciños de Tomiño, incentivados dende o goberno municipal para ir contra o goberno da Xunta que ostenta o PP. Pero se o goberno da Xunta se achanta por cobardia e non fai o vial, os mesmos que se opoñen agoran protestarán por esta falla de actividade, e arrouparanse como os defensores dos intereses miñotos. Se fas unha cousa para eles está mal, pero se non fas nada, será igual de mal. ¿Ficou entendido?. A eses “anarcofascistas” dende fai anos nunca lles falla a cooperación covarde dos “largocaballeristas” que simulan ser de esquerdas na hora do vermut ou do viño; ¿qué gañarán con iso?, pois seguir no camiño de facer do PSOE unha forza residual no Rosal, en Tomiño,... e en poucos anos en Oia.

Querida Sra. Conchi Ortega cando vostede tiña o navío do PP no dique seco, xa lle advertimos que as responsabilidades que asumía non eran doadas. Disto xa fai un ano; agora xa tivo tempo para comprobar como son algúns compañeiros de Corporación, ladrar ladran moito nos plenos, pero logo no día a día nunca amosan un verdadeiro interese polos problemas da Guarda e da bisbarra miñota; para algún A Guarda só é a zona do Porto cós seus restaurantes, o resto do termo municipal é mera escenografía que decora, para outros o realmente importante é cobrar un soldo, aínda que a actividade xenerada sexa a ralentí; para outros a actividade municipal redúcese a espera-lo Fax de Compostela coa ordes de actuacións, que nunca teñen que ver coa Guarda,... ¡¡¡Ser concelleiro é moito máis que ladrar nun pleno!!!

“Patentia magna virtutem est”; ármese de paciencia Sra. Conchi Ortega, pois os tipos anteriores non gostan nada das persoas con iniciativas e ideas innovadoras, pois a xente fai comparacións nas que eles non fican ben parados, e isto doilles moito no seus egocentrismos. Por esta razón gran parte dos seus ladridos irán contra vostede e compañeiros, o que buscan e desgastalos, acorbadalos, esgotarlles a paciencia para lograr que renuncien e deixen vacante o posto de concelleiro; así o PP guardés entrará en problemas internos, ficará por un tempo paralizado e medio descabezado,...

¿Quere un exemplo do anterior?; na pasada lexislatura eses mesmos cans ladraban con insistencia contra a Sra. Beatriz Estevez; o fin que perseguían era un acoso e derribo da mesma; pois a súa situación era máis endeble ó ser a única concelleira,... moitos insultos, inxurias e ruindades tivo que aturar a citada señora. Aínda que o tempo está demostrando que moitas das iniciativas da Sra. Beatriz Estevez tiña razón, os compoñentes das piaras de “anarcofascistas” e amigos “largocaballeristas” non son capaces de recoñer os erros propios e loubar os acertos alleos.

¿Cal é o gran logro destes anos de goberno municipal socialista?. Lograr que A Guarda en pouco máis de 5 anos pérdese 500 habitantes e voltase a ter unha poboación similar a de finais dos anos 80; ¡¡¡o gran avance socialista é retroceder 24 anos!!!. Cando comezamos neste caderno, recollemos a frase de varias persoas guardesas que vaticinaban que por ese camiño A Guarda ía na senda de ser un pobo de vellos,... por desgracia o tempo estalles a dar a razón.


Xa sabe Sra. Conchi Ortega, cando os “anarcofascistas” e amigos lle ladren e escumen pola boca, tranquilidade, vostede chama ó veterinario para que lles poña unha xiringa chea da vacina contra a rabia. Logo se procede reclama a presencia do laceiro que atrapa os cans para que os leve á perreira. Paciencia, morderse a lingua e nunca entrar ó trapo ante os seus atrópellos, pois ese é o desexo deles; pois aínda que din ser antitaurinos, queren porñerlle unhas banderillas a vostede e logo darlles un par de estocadas.


Chernóbil, podemos traduci-lo como ajenjo negro, unha pranta da familia das artemisas, usada enntre outras cousas para problemas hepáticos.



Mirador do Monte Ancos, a 26  de Abril do 2.016.


Luis  Felipe  Cabeza  Calva.  Director de operaciones portuarias del Servicio de Puertos Estatales en Puerto Cabello (Estado de Carabobo; Venezuela).

No hay comentarios:

Publicar un comentario