lunes, 2 de mayo de 2016

Comparacións de paseos

CHANCHONADA  516º
Comparacións de paseos.



Un dos grandes logros dos que presume o Sr. Freitas da súa etapa como Alcalde de A Guarda é a “senda litoral”, un paseo que vai dende a zona de Santa Catalina ata o Puntal (desembocadura do río Miño), que logo ó chegar a zona de “Fontequente” pasa a ser un paseo peatonal por un entarimado de madeira, estructura que se mantén ata a zona final. Todo isto foi vendido como o gran éxito da súa administración municipal, como un elemento que ía dinamiza-lo turismo, como un elemento para dar a coñece-la costa,....

Imos a facer una comparación cun entorno similar e distante, una zona costeira algo acantilada, onde a liña de costa é unha ribeira de seixal (cantos rodados); perto da mesma hai unha extensa zona con importantes valores ecolóxicos que está protexida pola normativa rede Natura,... tamén é unha costa aberta, con oleaxe, sempre ventosa,... similar a que nós temos. Estamos a falar da zona de Maspalomas (Gran Canaria). Aínda que partimos de aspecto similares, debemos recoñecer que hai rematan as similitudes, pois será como compara-la agua có viño máis excelente que haxa.



O paseo que comeza no Faro de Maspalomas, non ten nada que ver có entarimado de madeira da senda litoral da Guarda,... É un paseo ancho, con enlousado de adoquíns, un muro que separa a zona costeira do paseo, está cheo de papeleiras, está moi limpo, non hai pintadas, cada poucos metros hai bancos para sentarse, zonas axardinadas, palmeiras e outras plantas bens coidadas,... Xustamente todo o contrario que temos na Guarda na senda litoral.

Pero as comparacións aínda son piores para nós; xunto a ese magnífico paseo, hai varios complexos de hoteis de importantes cadeas internacionais, as 5 estrelas que teñen fican escasas, poderían ter perfectamente 7 ou 8 estrelas, hai numerosas tendas de importantes marcas de moda, varios restaurantes de alto nivel,... Posiblemente o movemento de turistas que pernoctan nestas instalacións nun mes calqueira, sexa superior a tódolos turistas que pernoctan durante todo un ano na Guarda e concellos veciños.


Non somos parvos, sabemos que grandes cadenas hoteleiras internacionais como Lopesan ou Riu posiblemente nunca se instalen na Guarda, nin no Rosal,... A nós o que realmente nos abraia é que partindo dunha situación xeográfica e costeira similar, as actuacións que emprende o Dirección General de Costas para facer un paseo son diametralmente distintas:

1º)  Zonas turísticas de alta calidade un paseo de alta calidade.
1º A)  Alta implicación das empresas turísticas na financiación e mantenemento do paseo marítimo.
1º B)  Alta implicación da Policía Local en vixía-lo paseo marítimo.


2º)  Sonas turísticas de baixa calidade, un paseo turístico de escasa calidade.
2º A)  Nula implicación das empresas turísticas na financiación e mantenemento do paseo marítimo.
2º B)  Nula implicación da Policía Local en vixía-lo paseo marítimo.

Sendo realistas, sería un soño e un milagre que a Dirección General de Costas crease todas esas infraestructuras na Guarda; pero que menos ter un paseo normaliño, sen ese entarimado cutre de maderia, onde non hai bancos para descansar, non hai fontes para beber, despois dos temporais fica medio desmantelado,... e que presenta evidentes eivas no seu mantenemento.



Queremos un paseo ben construído, có seu muro de protección contra o oleaxe, con bancos para descansar cubertos por marquesiñas onde prantas emparradas presten servicio de sombra, onde existan zonas axardinadas, onde existan zonas onde facer exercicio físico, zonas recreativas para nenos,... zonas diferenciadas para as persoas que pasean, das persoas que están practicando deporte,...

A senda litoral, ese gran éxito da etapa do Sr. Freitas na Alcaldía da Gaurda, resulta ser un obra cutre e miserenta que os guardeses e miñotos non se merecen,... non resiste nin a mínima comparación con outros paseos construídos na mesma época. Se queremos que o turismo sexa un dos pilares da economía local e comarcal,... ¡¡¡¡Haberá que visitar os lugares que viven do turismo para ver como fan as cousas!!!! Para tratar de face-las cousas similares e con calidade.


Isto é o que sucede cando viaxas polo mundo, comparas os equipamentos urbanos e municipais que temos, e descobres que eses grandes logros que venden certas autoridades municipais, realmente son productos caducados e rexeitados e moitos outros lugares,...



Mirador do Monte Ancos, a 2  de Maio do 2.016.


Máximo  Aguinaldo Escaso.  Técnico de Turismo Internacional (Villa Rusia de Alicante; Alicante; España).

No hay comentarios:

Publicar un comentario