Rexistrando cobros.
Paseando polo casco vello de Porto entramos nun antigo comercio de telas,
botóns, cinturóns,... pero unha das cousas que máis sorprende é a presencia
dunha antiga máquina rexistradora de ventas, marca “National”, fabricada no ano 1.921,... que hoxe segue plenamente
operativa e facendo igual de ben o seu traballo, pero dende logo é toda unha
fermosura.
A primeira caixa rexistradora foi inventada en 1.879 por James Ritty, un
taberneiro de Dayton (Ohio, USA); pouco despois vendeu a súa patente a Jacob H.
Eckert de Cincinnati que era un vendedor de porcelana e cristalería, quen
fundou a “National Manufacturing Company”; en 1.884 vendeu a citada empresa por
6.500$ a John H. Patterson que impulsou a actividade e internacionalización da
empresa, que chegou en poucos anos a ser recoñecida por todo o mundo como a NCR
(Naticional Cash Register Company).
Dende logo estas vellas máquinas son máis fermosas que os actuais puntos de
venta, sexan con pago por tarxeta, con móbil, con pulseira electrónica,...
Nos plenos ordinarios do 28 de Xullo e 24 de Setembro do 2.105 no Concello
da Guarda estivo moi presente o tema dos servicios do GES, do cobro dos seus
servicios, dotacións de material,... Neste tempo estivemos revisando o que
cobran diferentes concellos de España pola prestación do servicio de bombeiros,
son cidades capitais de provincia e outras con poboación importante que non son
capitalinas: Ferrol, Vigo, Xixón, Algeciras, Elche, Badalona,... para face
finalmente unha estimación media.
A) Prestación do servicio............. 46,70€
Isto implica a saída do operativo, tanto para
facer un servicio, como para aqueles servicios reclamados e logo anulados.
B) Efectivos persoais:
B1) Dentro
do termo municipal. (primeiras dúas horas entre as 7.00 e as 22.00 horas)
Técnico............. 14€
Sarxento........... 10,9€
Cabo, conductor, bombeiro,...... 9,4€
B2) Fóra do
termo municipal. (primeiras dúas horas entre as 7.00 e as 22.00 horas)
Técnico............. 29,9€
Sarxento........... 25,9€
Cabo, conductor, bombeiro,...... 19,4€
B3) Dentro e fóra do termo municipal (horario
nocturno e festivo)
Técnico............. 39,9€
Sarxento........... 35,9€
Cabo, conductor, bombeiro,...... 29,4€
C) Medios materiais.
1º Autoescala ou brazo articulado........... 97,9€
2º
Autobombas........................................ 59,9€
3º
Autotanques........................................ 49,3€
4º Vehículo de transporte de útiles......... 36,8€
5º Vehículo lixeiros de persoal...............
25,00€
6º Grupo electróxeno...............................
28,1€
7º Motobomba remolcable.......................
43,8€
8º Serras
mecánicas................................. 10,7€
9º Xerador de escuma.............................
18,8€
10º Bomba de achique portátil................
39,8€
11º Equipo autónomo de respiración (1º
botella)..... 28,9€
12º Equipo de desencarceración...............
18,1€
13º
Motoventilador.................................... 42,2€
14º Garrafa de espumóxeno (25 litros)...... 105€
15º Puntais (unidade empregada).............. 6,3€
16º Madeira de apuntalamento (m2).......... 10,2€
17º Botella de
aire...................................... 20,3€
18º Extintor (CO2, escumante, pó).................
25,5€
Conceptos materiais do 1 ó 13:
2 primeiras horas, o valor de uso multiplicado por
1.
Entre a 3 e 5 hora de uso, o valor será
multiplicado por 1,5.
Da sexta hora en adiante, o valor será
multiplicado por 2.
D) distancia percorrida no servicio (viaxe de
ida e volta á base)
D1) Dentro do termo municipal............. 0,70€
por Km percorrido.
D2) Fóra do termo municipal................. 2,54€
por Km percorrido.
E) Contratación de medios alleos ó Servicio
de Bombeiros.
Cando para a prestación dun servicio requírese a
contratación de elementos, ferramentas ou medios que non ten o Servicio de Bombeiros,
o custe será repercutido directamente ó beneficiado.
F) O servicio será facturado pola oficiña de
recadación municipal, en base ós datos contidos nos partes de intervención
cursados polo Servicio de Bombeiros.
Aquí deixamos estes apuntes ós nosos concelleiros da Guarda, para que
traballen sobre as mesmas; posiblemente se esperan que o Sr. Miguel Español
lles presente unha proposta de ordenanza de cobro, poden esperar sentados e
acumular moita paciencia e rezar ó Santo Job. ¿Por qué non
presenta a oposición unha proposta de ordenanza?, dado que son maioría,
poderían aprobala.
Os servicios que prestan os bombeiros son moi necesarios, pero os materiais
e ferramentas que usan para salva-las nosas vidas, fogares, bosques,... son moi
caros. É de toda lóxica que o persoal que se beneficia deste servicio, aporte
economicamente algo polo mesmo. A maioría destes servicios serían abonados
polos seguros que temos contratados para o vehículo, para a casa ou domicilio,
para o negocio.
Dentro de 18 meses a
primeira bomba contraincendios da Guarda cumprirá 100 anos, da súa chegada
dende Inglaterra,... ¿Qué farán con ela?, ¿a deixarán alí esquecida no corredor
do salón de Plenos?. ¿Non se merece un posto máis destacado e respetable?.
Mirador do Monte Ancos, a 19 de Maio do 2.016.
María del Mar
Azul Salado. Directora Técnica de mantenimiento y
construcciones subterraneas “El Pozo”
(Pueblo Hundido; Chile).
No hay comentarios:
Publicar un comentario