Administracións mal preparadas.
O pasado venres 2 de Outubro do 2.105 foi publicada no BOE a Lei 39/2.015
do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas; que dispón
na súa Disposición Final 7ª que a citada Lei
entrará totalmente en vigor o vindeiro 2 de Outubro do presente ano 2.016.
Polo tanto faltan pouco máis de 4 meses para esa data de entrada en vigor. ¿Foron formados os funcionarios municipais sobre a nova
normativa legal?; ¿están informados e formados os concelleiros das Corporacións
nesta nova normativa legal?; ¿están preparados os nosos Concellos para esta
nova normativa legal?.
Posiblemente a resposta sexa única para estas preguntas: ¡¡¡NON!!!.
Fica moi lonxe aquela primeira Lei de Procedemento Administrativo, coñecida
como a “Lei Azcárate” de 1.889. Moitas cousas levan trocado na nosa sociedade
dende a Lei 30/1.992, que aínda está en vigor. Imos tratar de expoñer algunhas das novidades legais que introduce
esta nova Lei 39/2.015.
Como prologo, diremos que existe a Lei 11/2.007 que regula o acceso
electrónico dos cidadáns ós servicios públicos, que fai legal o procedemento
electrónico para relacionarse o cidadán coa Administración, así como a obriga
da Administración de dotarse de medios e os sistemas para que ese dereito poida
ser exercido. Pero a realidade dos nosos concellos é a contraria, aínda que o cidadán queira, a inmensa
maioría dos portais e páxinas oficiais dos concellos en internet non están
preparados para facer trámites administrativos. Nestes 9 anos os
concellos levan feito moi pouco, ou nada, para adaptarse á legalidade vixente.
De feito a norma habitual é que a inmensa maioría das páxinas oficiais en
internet dos concellos só serve para ollar unha información intranscendente,
olla-la foto do titular da Alcaldía, ollar unhas fotos turísticas do concello,
coñece-lo calendario de festas locais,... e pouco máis. En conclusión, a
maioría das páxinas oficiais en internet dos concellos non valen para nada, son
inútiles e non serven como medio de acceso para realizar trámites
administrativos entre o cidadán e o Concello.
Novidades da nova Lei 39/2.015:
1º) As notificacións electrónicas serán preferentes; dirixiranse
á sede electrónica ou enderezo electrónico habilitada polo cidadáns; tamén se
lle enviará avisos de notificacións a determinados dispositivos habilitados
(tabletas, móbiles,...).
2º) Punto de Acceso Xeral Electrónico de cada Administración, o
cal funcionará como si fose unha oficiña física de Rexistro Xeral que ten cada
Administración.
3º) Mantéñense as actuais figuras de recursos administrativos: Alzada,
potestativo de Reposición e extraordinario de Revisión. Pero hai que destacar,
cando interponse un recurso por vía xudicial contra unha resolución
administrativa; o órgano
administrativo poderá suspende-la eficacia do acto administrativo ata que
recaia unha sentencia ou resolución xudicial.
4º) No seu artigo 24º, 1 naqueles procedementos administrativos iniciados
a solicitude do interesado, sen perxuizo da resolución que a
Administración debe de dictar, ó
vencemento do prazo máximo de dictar resolución sen emitir unha resolución
expresa, lexitima ós interesados para entender estimada a súa petición. (Silencio administrativo positivo).
O silencio en actos que deben resolver recursos, impugnacións,... é
desestimatorio. (silencio administrativo negativo).
5º) No seu artigo 30º. Prazos no
procedemento administrativo.
A) Son hábiles tódalas horas do día,
que forman parte dunha día hábil.
B) Son días hábiles tódolos días
excepto os Sábados, Domingos e festivos. (Na actual normativa de procedemento o Sábado é
día hábil).
C) Será día inhábil en todo caso: cando non hai concordancia de día hábil ou inhábil entre a sede da
Administración e o lugar de residencia do cidadán. A non concordancia supón sempre un día inhábil; para que sexa día hábil ten que ser día hábil na sede
administrativa e no lugar de residencia do cidadán.
6º) O funcionamento do Rexistro
electrónico:
A) Debe ser operativo tódolos días do ano, durante as 24 horas.
B) A presentación dun documento nun día hábil, será rexistrado como no
primeiro día hábil seguinte a esa data.
Sexamos sinceiros, a inmensa maioría dos nosos concellos no están
preparados para isto da Administración electrónica, carecen de medios
materiais, de técnicos, de persoal preparado,... Para afrontar isto teñen dúas
solucións:
A) Facer uso da Disposición Adicional 2º da Lei 39/2.015; de adherirse ó
rexistro electrónico da AXE (Administración Xeral do Estado).
B) Xuntarse varios concellos, para dotarse de
medios materiais, técnicos e profesionais para a posta en marcha do servicio de
Administración Electrónica e compartilo.
¿Que acontecerá?. Cabe a opción que sempre toman os inútiles: non sei, non
me consta, estamos estudiando o tema, temos solicitado uns informes sobre o
mesmo,... Ou sexa, emitir desculpas valeiras de contido para non facer nada. Posiblemente as nosas
administracións locais fagan honra ó título deste artigo.
Mirador do Monte Ancos, a 23 de Maio do 2.016.
Pedro Pablo Campos Ancos. Creativo
publiciatario, Socidad Publicitaria “La Propaganda” (Santa Tecla; Departamento
de la Libertad; El Salvador).
No hay comentarios:
Publicar un comentario