Un
home, un voto.
“Un
home, un voto”; isto é unha das bases da
democracia; o voto de cada cidadán vale o mesmo, non importa se este
é rico ou pobre, si é intelixente ou tonto, si ten estudios ou é
analfabeto, si é home ou muller,.... todos os votos dentro da ciaxa
onde se recollen son iguais, teñen o mesmo valor.
No
intre da votación a aseveración anterior é certa; pero logo
comenza o proceso de reconto e posteriormente faise un proceso
matemático, que transforma a votación en elección; neste proceso é
onde se fai o reparto de escaños, de cargos electos,... o sistema de
elección que temos en España favorece moito ós partidos grandes,
por concentrar moito voto.
Nestas
pasadas eleccións locais, isto fico moi claro na Guarda; o maior
beneficiado do sistema de reparto foi o PP. Imos a explicar isto;
sumando os votos en blanco e os votos de cada formación concurrente,
obtemos un total de 5.463 votos, que dividido entre os 17
concelleiros, da un número de 321,35
votos por concelleiro.
Se
dividimos a cantidade de votos obtido por cada formación
concurrente, pola cantidade de 321 votos, teremos que número de
concelleiros debería de corresponderlle. ¿Qué pasou?
PSOE....
2.020 votos.... 7 concelleiros reais,.... 6,29 resultado...... +1
concelleiro
PP........
1.277 votos.... 5 concelleiros reais,..... 3,97 resultado...... +2
concelleiros
BNG.....
997 votos...... 3 concelleiros reais,..... 3,10 resultado...... +0
concelleiro
CG.......
495 votos....... 1 concelleiro real,....... 1,54 resultado...... +0
concelleiro
CCD.....
366 votos...... 1 concelleiro real,....... 1,14 resultado...... +0
concelleiro
Ivñal....
179 votos.... 0 concelleiro real,.......... 0,55 resultado...... +0
concelleiro
Como
vedes, a concentración de voto outorga un concelleiro extra ó PSOE,
e dous concelleiros extras ó PP. As outras forzas concurrentes teñen
que loitar contra este “privilexio” do sistema.
Voltamos
ó lema do inicio: “Un
home, un voto”; por desgracia, ainda existen
políticos e achegados que en privado non pensan así; pensan que o
seu voto debería valar máis, que menosprecian os votos dos burros,
tontos, parvos,.... Pobriños nós que vivimos no eterno error, pois
eles son os eternos depositarios da sabiduria e da verdade.
É
o bó da democracia, o pobo vota, para ben ou para mal, está no seu
sagrado dereito de acertar có seu voto ou de equivocarse. ¡¡¡Pero
a maior responsabilidade é dos gobernantes có seu facer durante 4
anos!!! Lamentablemente, ainda é moi díficil
oir de algúns decir que se equivocan, que erran, oirlles pedir
perdón,..... a súa soberbia lles cega os ollos.
Señores
e señoras futuros concelleiros dos nosos concellos, máis traballo e
menos soberbia, máis responsabilidade e humildade, e menos
arrogancia.
Mirador do Monte
Ancos, a 7 de
Xuño do
2.015.
Rodrigo
Trillizos Negros.
Profesor de Artes Plásticas; Colegio Nacional “Los 5 dedos”
(Pulgar; Toledo; España).
No hay comentarios:
Publicar un comentario