viernes, 5 de junio de 2015

Estudiando moito

CHANCHONADA 432º
Estudiando moito.



Nestes días estamos ocupados, varios de nós están asistindo a unhas xornadas de estudio sobre o novo Código Penal (Lei Orgánica 1 do 2.015) que entrará en vigor o próximo 1 de Xullo. Ven a ser o segundo Código Penal que se fai durante a democracia; básicamente cambia cousas do anterior Código Penal de 1.995 e introduce moitas novedades,... como a prisión permanente revisable.

Pero unha Lei tan importante como esta, ten moitas implicacións; afecta ó mundo xudicial e ós procedementos xudiciais que se abrirán dentro de varios meses; tamén ten implicacións no mundo penitenciario, onde os reos cumplirán condenas, ó acceso a beneficios penitenciarios, á clasificación en 2º e 3º, libertade condicional,... Tamén ten implicacións na vida administrativa de algúns concellos.

Sabemos que esta última afirmación pode non ser de todo entendida polos nosos lectores. Imos cun pequeno exemplo totalmente inventado.

O noso protagonista é un veciño; bastante fanfarrón e gosta de circular a altas velocidades polas nosas estradas. Xa estaba acostumado a recibir notificacións das multas de tráfico. Pero un día, nun control da Guardia Civil é detido, posteriormente é conducido ante un xuiz.

Nun xuizo rápido, para causas de delitos de tráfico. O xuiz o condena a unha pena privativa de dereitos, conforme ó artigo 39º do Codigo Penal; o noso protagonista, agora xa é reo e debe cumplir con 6 meses de TBC (Traballo en Beneficio da Comunidade).

Existen concellos que teñen suscrito un convenio có Ministerio do Interior, e o seu organismo a Secretaría General de Institucións Penitenciarias, para ofertar prazas de traballo; para que reos poidan cumprir coa TBC (Traballo en Beneficio da Comunidade). Así estas persoas, normalmente veciños do mesmo concello ou próximos, poden cumprir coa sua pena, e cumprir coa sua condena non moi lonxe do seu fogar.

Tal como establece o artigo 3º. 4 da LOGP (Lei Orgánica General Penitenciaria) e oa artigo 4º. 2 do Reglamento Penitenciario; a Administración Penitenciaria debe velar pola vida, saúde, dignidade e intimidade. Polo tanto, nunca veremos ó noso protagonista mentras cumpre có seu traballo de TBG para o Concello, vestido cun mono de cor laranxa o similar e onde diga que é un preso, un reo, un delincuente,... Nada diso, vestirá a mesma vestimenta que o resto dos empregados do Concello, terá un horario similar, e o seu traballo non será retribuido. Lóxicamente, poucas persoas deben ser coñcedoras desta situación tan particular e delicada. ¡¡Ante todo discrección!!

Por iso, cando varias persoas nos decían que o noso protagonista era un enchufado no Concello,... Tiñamos que guardar silencio profesional, ser discretos,... Só pasados varios meses, lle explicamos a estes veciños esta situación legal tan particular.”

Como podedes ver, o Dereito Penal e Penitenciario ten implicacións na nosa vida civil e municipal; dentro de varios días imos a estrenar novas Corporacións Municipais; esperemos que os novos concelleiros aprendan axiña estas cousas e outras que seguiremos tentando explicar para todos; pois se queren facer ben as súas labores teñen moito que estudiar.



Mirador do Monte Ancos, a 5 de Xuño do 2.015.

Emilio Garrote Fuerte. Subdirector de la Oficina Jurídica del “Centro Penitenciario El Calabozo 1º” en Los Peligros (Granada; España).



No hay comentarios:

Publicar un comentario