Pensando
no futuro.
Perto
do estadio do Chelsea, o equipo de fútbol londinense; existe un
cemiterio, cando o equipo londinense perde un partido na casa, moitos
afeccionados do equipo optan por ir a este cemiterio, cruzalo pola
estrada peatonal que ten, para dirixirse a outra estación de metro
que está cerca,... é un xeito de acceder rápido ó servicio do
metro londinense, pero sobre todo dado que as paradas son distintas,
é un xeito de pasar desapercibidos os afeccionados do Chelsea no seu
día de derrota.
Así
que xa sabedes, cando o
Chelsea perde un partido na casa, moitos afeccionados deben de dar un
longo paseo polo cercano cemiterio. A própisto, este
citado cemiterio, forma parte do servicio de xardíns e parques da
entidade municipal londinense.
Falando
de cemiterio, a nosa Lei de Bases (Ley 7/1.985), que regula a
actuacón da Administració Local, e polo tanto a municipal. No seu
artigo 25º. 2 letra K
establece como competencia municipal a xestión de cemiterios e
servicios funerarios. Lamentablemente, a inmensa
maioría dos concellos nunca fixeron nada por traballar nesta
competencia propia, e deixa-la enteiramente nas mans da
Igrexa Católica. ¿¿Por qué??
Hoxe
a nosa sociedada xa é máis diversa, non é tan homoxenea no tema
relixioso como fai 40 anos; aquí na comarca do Baixo Miño temos
varias e importantes comunidades relixiosas de iglesias evanxelistas,
temos testigos de Jehová, cristiáns ortodoxos, musulmáns,...
comunidades que van medrando en número, importancia e visibilidade
social. Así mesmo, tamén hai un número importante de cidadáns que
non profesan ningunha relixión en particular, nin teñen idearios
relixiosos definidos,...
Nos
nosos concellos, practicamente o 99% das prazas para enterramento
están nas mans da Igrexa Católica, que son para os seus seguidores;
polo tanto os seus cemiterios teñen un craro e ben definido fin:
cemiterio de enterramento de ritual católico.
Dada
a diversidade social que estamos a vivir, necesitamos uns cemiterios
onde poidan ser soterrados as persoas de outras relixións, ou que
non profesan ningunha creencia relixiosa particular.
Que sexan enterrados con respeto, cariño, dignidade,... igual que ós
outros veciños. Nisto os nosos concellos deberían tomar cartas no
asunto e asumi-las súas responsabilidades que levan anos e anos
esquecidas.
Faise
necesario a construcción dun cemiterio municipal (ou
varios), sexan de titularidade municipal, ou de varios concellos,
manconunal,... de carácter civil, onde haxa un lugar de enterramente
para cada practica relixiosa, respetando o seu ritual,.. Onde sexan
recollidos outras formas de guarda dos restos dos nosos veciños,
como uns columbarios, para guarda-los restos das persoas incineradas;
unhas zonas de osarios, onde guarda-los restos oseos de
antepasados,... Un arquivo, onde consulata-los planos do cemiterio,
persoas soterradas, datas,...
E
sobre todo, que cando se practique un acto de enterro,
independentemente do ritual elexido, ter craro que minuta hai
que abonar ás arcas do Concello, e unha factura oficial que recolla
o custe e os servicios prestados e pagados,... Xustamente o
que hoxe non ofrecen a inmensa maioría dos párrocos, nin dos seus
enterradores.
Dos
concelleiros que levan anos nos Concellos non esperamos nada deles,
pois a situación que temos é consecuencia da súa nula ou
inexistente xestión; pero aqueles que sodes novos, debes ir
enfretando este tema. Debedes ir traballando no mesmo, para que no
Plan Xeral figure un Cemiterio Municipal,... Este non é un tema que
debamos esquecencer, pois en pouco tempo imos ter que encara-la morte
de moitos membros da xeneración nacida na década dos anos 40 (un
grupo moi numeros de nacidos despois da guerra civil).
Ademáis,
hai cemiterios que hoxe están moi próximos ós núcleos urbanos,e
xa comenzan a non ser viables, por esta cercania. Teredes que ir
pensando en acometer traslados dos mesmos. Nos datos que ofrece a
Xunta de Galicia, os cemiterios da Guarda e do Rosal están ocupados
en máis dun 85% da súa capacidade.
Por
moi diferentes que sexan as nosas ideas, formas de encara-la vida;
todos queremos que se trate con cariño e respeto ós nosos
antepasados enterrados nos cemiterios; non queremos que sexan
tratados como lixo, como estorbos,... ¡¡¿¿Entendido??!!
Isto
é tratar un tema de importancia para todos, pois todos debemos de
morrer, xa que forma parte do cilo vital; ademáis é unha
competencia municipal,... Pero sobre todo, deixarse de folcloradas
bloqueiras de limpar camiños entre leiras, leiras que non se
traballan e que os citados camiños son de titularidade privada,...
¡¡¡que os limpen os seus propietarios e usuarios!!!
Mirador do Monte
Ancos, a 22 de
Xuño do
2.015.
Toribio
Verdugo de Dios.
Doctor en Teología, Universidad Pontificia de Hijos de Dios (La
Hija de Dios; Ávila; España).
No hay comentarios:
Publicar un comentario