Dentes
de Waterloo.
Hoxe
fai 200 anos (2º centenario) da batalla de Waterloo; non imos a
falar desa batalla, dos xenerais, dos movementos tácticos, das
armas,...
Todos
sabemos que é unha dentadura postiza; xa é un elemento moi antigo,
que trata de remedia-la perda de elementos da dentadura dun humano. Ó
longo da historia, con máis ou menos acerto estiveron usandose
diferentes elementos. Aquelas persoas con posibles monetarios, sempre
poideron pagarse dentaduras postizas de mellor calidade, empregando
dentes humanos de persoas finadas,.. pero non sempre os familiares
dos mortos estaban dispostos a entregalos.
Despois
da batalla de Waterloo, con 46.000 homes finados, moitos deles homes
xoves en bó estado de saude,... algúns médicos de campaña e
moitos enterradores adicaronse nas datas seguintes da batalla a
quitarlles os dentes deses soldados mortos. Moitos deses dentes
acabaron no mercado londinense para o uso dos dentistas británicos
especializados en dentaduras postizas. As
miles de dentaduras postizas feitas neses anos foron conocidas como
as “Waterloo Teath” (Dentes de Waterloo); toda
unha xoia que o propietario lucía moi gostoso en público, pois os
maiores beneciarios foron as clases altas da sociedade británica.
Esta
practica de rouba-los dentes dos soldados caidos en batalla foi
practica usual ata principios do século XX; e as dentaduras postizas
feitas con estas pezas dentarias sempre foron coñecidas como “Dentes
de Waterloo” nos medios especializados.
De
momento estamos oindo ou leendo as pretensións dos novos gobernantes
municipais,... dende logo podemos decir que as súas visións non van
máis alá de poucos meses vista. Un
dos maiores problemas que temos en Galicia é a perda de poboación;
de feito en moitos concellos ourensáns isto xa é moi grave; en
moitos destes concellos o maior activo económico local son as
pensións de xubilación que cobra a poboación. ¡¡Viven dos
xubilados!!, este activo durará mentras vivan os xubilados.
En
poucos anos imos a estar saíndo da crisis, pero a nosa situación de
partida vai ser pior que outras zonas de España; pois imos a ter
unha poboación menor, que decrece, con menos poboación áctiva e
máis poboación xubilada. Polo tanto Galicia vai ser menos
“atractiva” para facer inversións, para xenerar postos de
traballo, con menor taxa de actividade económica, vai existir menos
consumo,...
Ademáis
levamos anos en Galicia
“expulsando” (facendo emigrar) a moita xente nova do noso mercado
laboral. Dende mediados dos anos 90, están a emigrar
persoas con boa preparación profesional, técnica, con experiencia
laboral,... Persoas que en poucos anos xa teñen unha vida artellada
noutro lugar de España ou do extranxeiro, persoas que dificilmente
van a voltar para aquí. ¡¡Estamos a perder capital humano!!
A
seguir imos a expoñer un pequeno cadro onde están os datos de
poboación dos nosos concellos.
Ano 2010 Ano
2014 Saldo %
A
Guarda.......... 10.472........... 10.314........ -158
........ -1,50%
Oia....................
3.197............. 3.042.......... -155
........ -4,85%
O
Rosal............. 6.595............. 6.455.......... -140
........ -2,12%
Tomiño............
13.492........... 13.707......... +215 ........ +1,59%
Tui...................
17.306........... 16.884.......... -422
........ -2,44%
Baixo
Miño..... 51.062........... 50.402......... -660
........ -1,29%
Queridos
lectores; que un concello perda poboación significa que tamén
vai receber menos diñeiro do PIE (Participación dos Ingresos do
Estado); vai ter menos ingresos por impostos propios,... pero os
gastos son os mesmos.
Ollamos
que a perda porcentual maís importante é a de Oia, se baixa dos
3.000 habitantes, a súa participación no PIE vai ser sensiblemente
menor.
No
caso da Guarda, estase achegando peligrosamente a estar por debaixo
dos 10.000 habitantes; isto ademais de supoñer menos ingresos do
PIE, tamén vai supoñer que a futura Corporación Municipal pase a
ter 13 concelleiros (4 concelleiros menos que hoxe).
En
canto comence a dinamizarse económicamente España, esta
recuperación vai comenzar polas grandes áreas urbanas, e iso
servirá de chamada para que varias decenas de veciños acudan a
buscar novas expectativas laborais; outros seguirán indose para o
extranxeiro,... Cando chegue aquí a recuperación económica, será
con 2 anos de retraso e posiblemente outros 300 veciños teñan
iniciado o camiño da emigración.
Señores
novos concelleiros, fai uns poucos anos que comenzamos a
transitar polo camiño de ser uns pobos de xubilados; ainda estamos
nos primeiros pasos e estamos a tempo de revertir esta situación.
Isto debería estar marcando sempre no rumbo que vostedes queran
marcar para o Concello;... todo o demais e accesorio.
Mirador do Monte
Ancos, a 18 de
Xuño do
2.015.
Miguel
Mato Mucho.
Director Ejecutivo de la Funeraria “El Descanso Eterno”, con
sede central en Calaveras de Arriba y Abajo (León; España).
No hay comentarios:
Publicar un comentario