Un bozal para o can.
Como sempre que chegan estas datas do 26 de Abril, o noso compañeiro
hispano-ucraniano sempre está doente e triste; non é para menos pois neste ano
o accidente de Chernobil cumpre 30 anos. Non imos explicar aquí todo o
acontecido nese día e nos seguintes, dar detalles técnicos,... pero é un
exemplo de como os políticos poden chegar a xogar coas vidas das persoas,
facendas, seguridade e futuro sen importarlles nada.
Despois do accidente, as autoridades tardaron 48 horas en ordena-lo
desaloxo de Prípiat (При́п'ять), a cidade que estaba a pouco máis de 3 km da central nuclear. Ordena-lo
transporte, evacuación. realoxo de 50.000 persoas non é algo fácil. Que pena de
cidade, 16 anos despois da súa fundación pasou a ser unha cidade fantasma.
Escudo municipal de Prípiat.
“Bio-robots”, unha forma
politicamente correcta para non dicir traballadores humáns, ou pior aún para
non dicir “carne de cañón”. Miles de homes reservistas do exército foron chamados a filas para ir a
Chernobil a trabllar nas tarefas de extinción do incendio do reactor Nº 4,
limpeza dos restos radioactivos,... todos vestidos cun mono de traballo propio
dunha fábrica, unha mascariña de papel, algúns trocos de chumbo improvisados
como protección; iso si ben arengados por discursos altisonantes de
patriotismo,... pero ninguén lles dixo o futuro que lles esperaba a casi todos:
morrer polos efectos da radioactividade, uns en poucos días e a maioría nos
anos vindeiros; os que tiveron máis sorte tiveron unha vida chea de
enfermidades, de cancros de tiroides, de pel,... pero tamén morreron dun xeito
moito máis lento.
Uns poucos políticos desa época tiveron a valentía de aforcarse ou pegarse
un tiro na cabeza,... pero a maioría seguiu vivindo aferrado ó poder, ó igual
que as ladillas o fan ó vello púbico.
Querida Sra. Conchi Ortega ten vostede moitos sapos que tragar, pero non
por culpa dos seus pecados privados ou públicos, máis ben por pecados alleos,
simplemente porque facer tragar sapos
a outros é unha das tarefas preferidas dos “anarcofascistas”, para así
trasladar a outros a responsabilidade das súas incompetencias e inutilidades.
“Anarcofascistas” era unha definición da época do avó, cando era un
xoven teniente da 11º División, así chamaban os comisarios políticos a aqueles
camaradas que sempre queren discutir todo, que as ordenes hai que sometelas a
votación, que toda cousa debe ser tratada en asamblea,... así toda actividade
organizativa fica paralizada, aparece a desconfianza e a discordia que rompen a
unidade,... Na maioría das veces semellaba que estaban a traballar para o
enemigo. Simplificando poderíamos dicir que son persoas que sempre están dispostas a discutir todo, pero nunca a
facer nada, ladrar ladran moito, pero non fan ren.
Na política galega hai camuflado moito “anarcofascista”; é sinxelo
recoñecelos:
1º) Cando aparece unha minoría
perxudicada fronte ós posibles beneficios da maioría. Alí están eles sempre
apoiando a minoría, en contra das maldades da opresora maioría.
2º) Eles van a catalizar, organizar
e teledirixir a este minoría; o verdadeiro fin non é soluciona-lo problema da
minoría, o verdadeiro fin é criar unha Plataforma para aproveitarse do problema
da minoría e sacarlle réditos electorais.
3º) Tras extraer beneficios e réditos
electorais, a Plataforma xa non interesa, os problemas da minoría son
esquecidos, e a minoría arrinconada,... Agora toca consolida-lo poder
institucional e vivir do mesmo; agora o importante é o poder, non a minoría.
4º) Se o paso do tempo demostra que
a postura da minoría non era correcta, que non tiña razón, que estaba
manipulado por outros e que todo iso supuxo un grave prexuízo para todos,...
Entón hai que acusar de covardía e parálise a quen se achicou nos puntos 1º e
2º. ¡¡¡Os culpables sempre son os outros!!!
Querida Sra. Conchi Ortega, para
estes “anarcofascistas” os culpables sempre son os outros, os culpables de todo
sempre vai ser vostede, o PP,... eles son Santos-Virxinais embestidos
polo Espíritu Santo do don de vivir continuamente baixo a luz da Sabiduría.
¿Lembra vostede a entrevista na emisora da SER durante na precampaña?, ¿trocou
en algo a arrogancia do persoal?. A oposición ó vial Tui-A Guarda foi
organizada por un grupo político que buscaba facerse có poder municipal en
Tomiño; realmente o vial non lles interesaba, logo estaban os tontos do PSOE
que sempre están dispostos a facer coros,... Aqueles que se opuxeron fai 16 anos ó vial, agora queren presentarse
como os defensores da construcción do mesmo,... ¡¡¡Señores en internet
hai centos de cousas que non se poden borrar!!!
O exemplo máis sangrante
destes “anarcofascistas” foi todo o movemento social que crearon contra a
construcción da A9 (autoestrada Ferrol - Tui), a que eles despectivamente
chamaban a “navallada na terra” que ía desangrar Galicia e a matala socialmente. Todo isto acontecía a
finais dos 70 e durante os anos 80; hoxe 40 anos despois a realidade demostrou
ser todo o contrario que eles predicaban, os concellos mías dinámicos social e
economicamente son os que están nas proximidades da A9,... en troques aqueles
que seguen o modelo agrario e gandeiro que eles pregoan son concellos que están
morrendo demograficamente, que a penas teñen futuro. Despois de 40 anos eses “anarcofascistas” ningún deles saíu en
público a pedir perdón polo erro cometido, polo atraso económico
xenerado,... están tan cheos de soberbia que o perdón non está no seu ideario.
Se tentamos face-lo vial reactivarase a oposición duns poucos veciños de
Tomiño, incentivados dende o goberno municipal para ir contra o goberno da
Xunta que ostenta o PP. Pero se o goberno da Xunta se achanta por cobardia e
non fai o vial, os mesmos que se opoñen agoran protestarán por esta falla de actividade,
e arrouparanse como os defensores dos intereses miñotos. Se fas unha
cousa para eles está mal, pero se non fas nada, será igual de mal.
¿Ficou entendido?. A eses “anarcofascistas” dende fai anos nunca lles falla a
cooperación covarde dos “largocaballeristas” que simulan ser de esquerdas na
hora do vermut ou do viño; ¿qué gañarán con iso?, pois seguir no camiño de
facer do PSOE unha forza residual no Rosal, en Tomiño,... e en poucos anos en
Oia.
Querida Sra. Conchi Ortega cando vostede tiña o navío do PP no dique seco,
xa lle advertimos que as responsabilidades que asumía non eran doadas. Disto xa
fai un ano; agora xa tivo tempo para comprobar como son algúns compañeiros de
Corporación, ladrar ladran moito nos plenos, pero logo no día a día nunca amosan
un verdadeiro interese polos problemas da Guarda e da bisbarra miñota; para
algún A Guarda só é a zona do Porto cós seus restaurantes, o resto do termo
municipal é mera escenografía que decora, para outros o realmente importante é
cobrar un soldo, aínda que a actividade xenerada sexa a ralentí; para outros a
actividade municipal redúcese a espera-lo Fax de Compostela coa ordes de
actuacións, que nunca teñen que ver coa Guarda,... ¡¡¡Ser concelleiro é moito
máis que ladrar nun pleno!!!
“Patentia magna virtutem est”; ármese de paciencia Sra. Conchi Ortega, pois
os tipos anteriores non gostan nada das persoas con iniciativas e ideas
innovadoras, pois a xente fai comparacións nas que eles non fican ben parados,
e isto doilles moito no seus egocentrismos. Por esta razón gran parte dos seus
ladridos irán contra vostede e compañeiros, o que buscan e desgastalos,
acorbadalos, esgotarlles a paciencia para lograr que renuncien e deixen vacante
o posto de concelleiro; así o PP guardés entrará en problemas internos, ficará
por un tempo paralizado e medio descabezado,...
¿Quere un exemplo do anterior?; na pasada lexislatura eses mesmos cans
ladraban con insistencia contra a Sra. Beatriz Estevez; o fin que perseguían
era un acoso e derribo da mesma; pois a súa situación era máis endeble ó ser a
única concelleira,... moitos insultos, inxurias e ruindades tivo que aturar a
citada señora. Aínda que o tempo está demostrando que moitas das iniciativas da
Sra. Beatriz Estevez tiña razón, os compoñentes das piaras de “anarcofascistas”
e amigos “largocaballeristas” non son capaces de recoñer os erros propios e
loubar os acertos alleos.
¿Cal é o gran logro destes anos de goberno municipal socialista?. Lograr
que A Guarda en pouco máis de 5 anos pérdese 500 habitantes e voltase a ter
unha poboación similar a de finais dos anos 80; ¡¡¡o gran avance socialista é
retroceder 24 anos!!!. Cando comezamos neste caderno, recollemos a frase de
varias persoas guardesas que vaticinaban que por ese camiño A Guarda ía na
senda de ser un pobo de vellos,... por desgracia o tempo estalles a dar a
razón.
Xa sabe Sra. Conchi Ortega, cando os “anarcofascistas” e amigos lle ladren
e escumen pola boca, tranquilidade, vostede chama ó veterinario para que lles
poña unha xiringa chea da vacina contra a rabia. Logo se procede reclama a
presencia do laceiro que atrapa os cans para que os leve á perreira. Paciencia, morderse a lingua e nunca
entrar ó trapo ante os seus atrópellos, pois ese é o desexo deles; pois aínda
que din ser antitaurinos, queren porñerlle unhas banderillas a vostede e logo
darlles un par de estocadas.
Chernóbil, podemos traduci-lo como ajenjo negro, unha pranta da familia das
artemisas, usada enntre outras cousas para problemas hepáticos.
Mirador do Monte Ancos, a 26 de Abril do 2.016.
Luis Felipe
Cabeza Calva.
Director de operaciones portuarias del Servicio de Puertos Estatales en
Puerto Cabello (Estado de Carabobo; Venezuela).