jueves, 24 de marzo de 2016

Vivan os Pepes

CHANCHONADA  508º
Vivan os Pepes.


Con esta foto da fachada do Concello de Róterdam queremos mostrar o noso pesame coas víctitma de Bruxelas; a solidaridade dós Belgas. En poucos días os visitaremos e comeremos as típicas patatas fritas con mexillóns, e gozaremos das afamadas cervexas,...




¡Vivan os Pepes, Fefas, pepiños,...! e todas aquelas persoas que teñen por nome José, Josefa, María José,... e outras decenas de variantes de nomes masculinos e femininos que inclúen o nome José, sexan en castelán, galego, portugués ou noutro idioma.

Hai unha festa na comarca de Trasancos (antigo nome da actual comarca de Ferrolterra) que exalta o orgullo de ter por nome José; é unha festa moi descoñecida en Galicia e sobre todo no resto de España. Trátase da “Festa das Pepitas”; decenas de rondallas polas rúas cantando cancións que exaltan a beleza das mulleres deste terra, homes traxeados con capas, cantando habaneras,... Neste mundo de Kevins, Jonatans e Jeniferes (pronunciados coa J de jamón); aínda hai orgullo de ser un Pepe ou unha Fefa.

No día do Santo onomástico que celebran os Pepes e Fefas, entraba en vigor a nova Lei do Solo de Galicia; a cal dun xeito directo obriga a revisar tódolos Plans de ordenación urbanas que están en vigor, ou a reformar os que están en tramitación,... en certo xeito isto supón voltar ó punto de saída; moitos terán que ser redactados de novo e voltar a iniciar con todo o procedemento político-administrativo.

O que non é de recibo, nin entendible, é cada poucos anos trocar toda a normativa legal sobre un tema; isto é como trocar cada pouco as regras do xogo; así xenérase inseguridade ós promotores, propietarios, constructores,... e unha imaxe de tramposos da Administración da Xunta de Galicia.

Imos a deixar algunhas reflexións sobre as importantes carencias dos Plans de ordenacións dos nosos concellos:

1º)  Non entendemos porque as redaccións dos Plans de ordenación urbanos resultan tan caros; a maioría rondan prezos de 160.000€ a 250.000€. ¿Hai algún problema legal para que non sexan redactados polos técnicos municipais dos Concellos?

2º)  Moitos dos Plans de ordenación que se fagan en Galicia están baseados en premisas de crecementos demográficos de +40% a un +80%, en períodos de 10 a 15 anos. IMBECILES. Estas premisas e hipóteses son máis falsas que un billete de 7€ de madeira; máis do 70% dos concellos galegos levan décadas perdendo poboación; menos dun 7% dos concellos galegos crecen demograficamente. Polo tanto, a maioría dos Plans de urbanismo están baseados en premisas falsas e que descoñecen totalmente a realidade; realmente os Plans están orientados polos intereses de un reducido grupo de políticos locais en convivencia con constructores e promotores.

3º)  ¿Realmente son necesarias as cantidades de novas vivendas previstas; cando aínda hai unha gran bolsa de vivendas novas sen vender?. Por exemplo, no caso da Guarda, +1/3 das vivendas da Guarda están valeiras de residentes durante gran parte do ano; ¿realmente necesítanse máis vivendas novas na Guarda?. A irrupción de novas vivendas construídas, vai facer que haxa máis oferta para a mesma demanda, polo cal irán baixando os prezos de aluguer e de compra,... o cal supoñerá unha depreciación da vivenda como activo financiero. Supoñemos que aínda fican tontos que seguiran pensando que o prezo da vivenda sempre sube,... ¿realmente aínda os hai?.

4º)  Realmente estes Plans que aproban nos nosos concellos non ordenan nada; basicamente o que fan é abrir bolsas de terreo onde construír de maneira masiva por uns poucos constructores e promotores,... i esquecéndose dos pequenos propietarios, sen planificar nada de antelación: rúas, prazas, parques, estacionamentos, sentidos circulatorios, servicios públicos,... Un exemplo disto é a zona de Rosentes na Guarda (o “beverly hills” dos armadores e novos ricos), toda unha mostra de desplanificación e desordenación urbana; rúas facendo voltas e reviravoltas, rúas sen saída, rúas con diferentes anchos,... DESASTROSO.

5º)  Coordina-la planificacións urbanas dos nosos concellos veciños. Carece de sentido que o concello A planifique no límite do seu termo municipal unha zona industrial, e o concello B nesa zona contigua crea unha zona de uso residencial e lúdico. ¿Quén quere ter a casa fronte a unha fábrica?; entendemos que son usos incompatibles, pero en Galicia hai varias decenas de exemplos como este. O exemplo máis perto o temos na zona industrial e comercial das Cachadas na Guarda, e a zona residencial de Pías (O Rosal),.. ¿¿Onde está a coordinación administrativa municipal??.

Sexamos sinceros, a maioría dos concellos funcionan como pequenos reinos de taifas, onde cada Alcalde se cree un rei; administrativamente funcionan como compartimentos estancos sen relación cós seus concellos veciños.

6º)  Cando os políticos falan de Plans de ordenación urbana,... realmente só están falando de construír vivendas novas,... Non están planificando nada novo para o futuro máis inmediato: ¿onde están as novas estradas e rúas que imos a necesitar?, ¿onde están as ampliacións das redes de alcantarillado e de suministro de agua?, ¿onde están as novas prazas de aparcamento?, ¿onde están as novas zonas de equipamentos comunitarios para escolas, sanidade, deporte,..? ¡¡NADA DE NADA!!

Na Guarda levan 37 anos falando da ordenación do tráfico de vehículos no barrio de Salcidos; que ten unha estructura viaria da Idade Media, pensada para peatóns, uso de burros e cabalos, con rúas estreitas,... e aínda non foron capaces de facer un plan para ordena-lo tránsito e facer rúas dun único sentido.

Logo irán improvisando sobre a marcha, un colexio a pé de monte con mal acceso, outro colexio na beira do mar, un centro de saúde sobre un vello vertedoiro de lixo sen uso (centro de saúde da Guarda). A actuación municipal dos últimos 40 anos pode resumirse como: IMPROVISACIÓN.

7º)  Cando se fai un Plan de ordenación, ademais de redactar ordenanzas para os modelos de urbanización, tamén hai que ir planificando as necesidades futuras dos novos residentes, ir planificando as novas infraestructuras comunitarias,...
-         ¿Estación de autobuses da Guarda?; ¿imos a seguir coa mesma parada dos anos 1.960?.
-         ¿Ampliación da EDAR de A Guarda?; ¿ou queremos voltar a verter as aguas fecais sen depurar ó mar?.
-         ¿Creación dunha rede de alcantarillado en Loureza e Alto Tamuxe coa súa conexión á rede do Rosal, para tratamento na EDAR da Guarda?; ¿ou queremos que vertan as aguas fecais sen depurar ó río Tamuxe?.
-         ¿Estrada de circunvalación de A Guarda, Loucenzas-Salcidos?.
-         ¿Zonas de aparcamento de vehículos nas zonas céntricas da Guarda e do Calvario (O Rosal)?.
-         ¿Interconexión das redes de suministro de agua das comunidades de montes?; así cando hai reparacións nun depósito, os veciños receben suministro da agua procedente das redes veciñas.
-         ¿Ampliación e construcción dun cemiterio municipal?; para uso civil e laico, ou de veciños de outras confesións relixiosas que non son católicos,... Os veciños que non teñen creencias relixiosas, ou profesan outra relixión, tamén morren; ¿non son merecedores dun enterro digno?. O tema de cemiterios é unha competencia municipal,... que fai centos de anos que deixaron en mans dos párrocos da Igrexa Católica,... excepto Oia e Tui.
-         ¿Construcción dunha EDAR para a zona costeira de Oia?.
-         ¿Parque industrial A Guarda-Rosal?; levan máis de 20 anos publicitando este tema, os avances cuantifícanse en CERO.
-         ¿Áreas de equipamentos para usos hoteleiros e turísticos?; se pensamos vivir do turismo, haberá que habilitar ás áreas acordes para estas actividades, e dotalas de servicios,...
-         ¿Un parque urbano na Guarda?; un parque de +3 hectáreas (1 hectárea é a extensión dun campo de fútbol), que serva de zona de lecer, paseo, actos recreativos,... Ollo, cando os políticos falan de zonas verdes, isto son as cunetas axardinadas, macetas con frores nas rúas, 4 árbores prantadas e nunca coidadas,... un exemplo de zonas verdes, son as cunetas da rúa de Circunvalación, no barrio da Cruzada,... unha gran avenida de 22m de ancho, que non teñen frores, nin árbores,... que son usadas como “caga cans”.
-         ¿Área multideportiva con varias instalacións e outros equipamentos?; agrupando varias instalacións nunha única área, e sobre todo que sexan instalacións de certa calidade en relación coa relevancia de nosos equipos e deportistas.

Se tivesemos que puntuar cunha nota os Plans de ordenación da Guarda e do Rosal; un 3 sería moita nota; polo tanto: DEFICIENTES. O de Oia nos é descoñecido. Dado que un plan vai dirixido ao futuro, hai que ser más ambiciosos e ter visión de futuro,.... ¡¡¡Plabnifica-los nosos pobos a 30 ou 40 anos vista!!! De momento a única visión de futuro que lles ollamos ós nosos políticos non vai máis alá dos máis que xenerosos soldos que algúns se poñen, maiores que na súa profesión.


Señores políticos preocúpense das cousas serias; apagar durante unha hora unhas poucas bombillas, mentras mantemos horas e días centos de bombillas iluminadas sen uso práctico, iso é facer política de paripé,... Cada día A Guarda gasta 1.000€ en enerxía eléctrica; a actuación de apagar durante unha hora unhas poucas bombillas poido supoer un aforro de 3€, que respecto a 1.000€ é algo insignificante; e respecto ós 350.000€ anuais é totalmente rídiculo. Isto é facer política de tonto-bobos.



Mirador do Monte Ancos, a 24  de Marzo do 2.016.


Fernando  Idea  Cuadrada.  Profesor universitario de Teoría Política en la Universidad de Arroyo del Cabrón (Zamora; España).

No hay comentarios:

Publicar un comentario