lunes, 14 de marzo de 2016

Apadriña un asociado

CHANCHONADA  506º
Apadriña un asociado.




Hoxe, nos tamén queremos en solidariedade coas víctimas do accidente de tráfico do pasado sábado, facer un pequeno acto de respeto e cariño para todos eles.

Por desgracia, dende fai uns anos, as estradas da nosa comarca miñota están sendo o escenario onde morren varios veciños afeccionados ó deporte do ciclismo. Por iso, fai falla esas medidas de educación e concienciación da seguridade vial.



Dentro do organigrama laboral das universidades de España, existe a figura do “profesor asociado”, é un persoal docente de relación laboral non permanente coa institución educativa, contratadas para impartir un número reducido de horas lectivas, dunha asignatura moi concreta.

Resulta evidente que o título tan pomposo e altisonante de “profesor universitario asociado” o que esconde é unha situación de precariedade laboral, e unha situación de subemprego mal pagado; iso si todo con un nome moi bonito e politicamente correcto. Outra contradicción que rodea a esta figura do “profesor universitario asociado”; resulta que certos catedráticos e profesores universitarios moi progresistas que critican a precarización do mercado laboral feita pola empresa privada, logo eles non teñen reparos morais en face-lo mesmo cando contratan a outro persoal docente,... ¿? Sempre hai que desconfiar de quen predica, e nunca da exemplo de nada.

No ano 2.014 a Universidade de Barcelona lanzou unha campaña dirixida ó sector empresarial: “Apadriña un asociado”. Para captar recursos e axudas económicas das empresas privadas, ofrecendo a cooperación dos seus profesores asociados en diferentes temas, proxectos,... O fin era aumenta-los ingresos da Universidade e indirectamente tamén mellora-las escasas remuneracións dos “profesores asociados”; que teñen salarios que van de 300€ a 700€ mensuais.

Semella que agora os Concellos de A Guarda e Caminha súmanse a este proxecto da Universidade de Barcelona de “apadriñar un asociado”; e van “apadriñar” ó profesor Sr. Jordi Tresserras Juan, experto en turismo cultural e gastronómico, creador do LABPATC (Laboratorio de Patrimonio, Turismo cultural y Creatividad). Supoñemos que foi o “mellor experto” que atoparon para levar adiante ese proxecto de conquerir que o esteiro do Miño sexa Patrimonio Natural da Humanidade,...

O citado Sr. Jordi Tresserras Juan xa está inmerso en crear unha ruta de localizacións relacionadas có Emperador Carlos V para Villaviciosa (Asturias); crear un proxecto de turismo gastronómico para Tossa de Mar,... Como vemos, o citado Sr. Jordi Tresserras Juan xa ten varios “padriños”, todos eles concellos que desexan levar adiante proxectos turísticos; pero non ollamos nada sobre os seus coñecementos profesionais en materia de protección da natureza e do paisaxe, de ordenación urbanística e protección dun entorno xeográfico e natural,...

Aquí hai algo que non cheira ben; non entendemos moi ben que está a suceder; temos serias dúbidas ó respecto e imos a deixar algunha reflexións, para que os concelleiros da oposición traballen,... que están máis pasivos que unhas estatuas:

1º)  No esteiro do río Miño (Foz do Miño) hai outros concellos dentro desta área xeográfica: O Rosal, Vilanova, Tomiño, Oia, Tui e Valença. ¿Porqué eles non participan?, ¿exceso de protagonismo dos Alcaldes de A Guarda e Camiña?.

2º)  Non comprendemos moi ben os motivos da contratación profesional do Sr. Jordi Tresserras Juan, da Universidade de Barcelona. ¿Non hai profesores e equipos de investigación preparados nas universidades galegas e portuguesas?, ¿contactouse con eles?.

Ficamos cunha dúbida máis, a imos a deixar como reflexión nosa.

Fai uns poucos meses e aínda se contan cós dedos dunha man, o Sr. Antonio Lomba, Alcalde de A Guarda tentou que fose aprobado en Pleno o proxecto de Plan de Ordenación Urbana da Guarda, no cal existían varios proxectos de macro urbanizacións na zona de Camposancos e a Pasaxe, todas elas perto do río Miño.

Tras non ser aprobado este proxecto de Ordenación Urbana, agora ollamos unha viraxe de 180º no posicionamento político do Sr. Antonio Lomba. Agora é un defensor e paladín do medio ambiente, protector da paisaxe do Río Miño, valedor dunha ordenación urbana que respete o Río Miño e o seu entorno,... ¿¿Qué está pasando aquí??.

Sendo, como somos uns mal pensados; podería ser que o LABPATC (Laboratorio de Patrimonio, Turismo cultural y Creatividad) que xestiona o Sr. Jordi Tresserras Juan, da Universidade de Barcelona, tivese moitas similitudes có famoso “Instituto Noos” que está sendo xulgado en Palma de Mallorca. Cobrar por estudios carentes de importancia e relevancia, facer actos que non teñen ningunha relevancia,...



Mirador do Monte Ancos, a 14  de Marzo do 2.016.


Dña. Propuesta Sensata y Sincera. Ingeniera de Estructuras; Directora de operaciones de la empresa “Levanta Piedras” (Setenil de las Bodegas; Cádiz;España).

No hay comentarios:

Publicar un comentario