Exhibicionismo político.
Coa chegada da primavera, comeza o primeiro período vacacional do ano:
“Semana Santa”. Resulta ser un período vacacional que deixa ó descuberto moitas
discordancias das Administracións Públicas, funcionarios e autoridades.
Resulta obvio que a Semana Santa é unha festividade relixiosa,
especialmente católica; non imos a valorar esta crenza relixiosa, nin os seus
actos públicos, nin as súas obras de arte barroco. Cada un é libre de profesar
a relixión que elixa, ser ou non practicamente ou activo na mesma,... ou todo o
contrario.
O anterior sería o normal; resulta sorpresivo e abraiante que membros da
Administración Pública Educativa que tanto predican por unha ensinanza laica,
logo cando chegan estas festividades, son uns acérrimos defensores de manter
estes días festivos católicos como non lectivos e días de vacacións para todo o
sistema escolar,... ¿? Isto é toda unha hipocresia e incoherencia; non queremos
a relixión católica, pero queremos vacacionar nos seus días festivos. Se fosen
coherentes có seu ideario, tamén solicitarían a retirada dos días festivos
católicos do calendario escolar, pasando a ser estes días lectivos; excepto
para aqueles nenos que os seus pais soliciten facer un uso non lectivo dos
mesmos por uso de crenzas relixiosas concretas.
Cando votamos ás nosas autoridades político-administrativas, o facemos por
ideario, por confianza, por proximidade persoal, por propostas concretas,...
supoñemos que poucos o farán por compartir un mesmo credo relixioso. España non
son os USA, onde os políticos deben facer acto público de profesar unha crenza
relixiosa,...
¿É obrigatorio que as nosas autoridades municipais acudan
ós actos públicos de carácter relixioso?, NON, non é obrigatorio. A asistencia é un acto de mera cortesía
social.
A asistencia, ou non, debe ficar á libre vontade de cada autoridade
municipal; tanto na asistencia, como na non asistencia, ambos deben de facerse
con respeto para quen convida e para os veciños que profesan publicamente esa
relixión. Non ollamos coherente que
unha autoridade municipal publícite publicamente o seu ideario laicista e
contrario á Igrexa Católica (o cal é lícito), pero logo acoden ós actos
relixiosos públicos católicos (procesións), có único fin de auto promocionarse
publicamente como autoridade local,... ¡¡¡¡COHERENCIA!!!!
Sobre a asistencia a estes actos de certos funcionarios policiais ou
militares; cabería facer a mesma reflexións anteriores; son actos de cortesía
social ós que non están obrigados legalmente a acudir.
Unha cousa é acudir en sinal de cortesía como autoridade civil, municipal,
policial, militar,... onde todo acto debe de reducirse a estar presente e
acompañar sen mais. Se desexan participar máis activamente no evento relixioso,
o proceder máis correcto sería declinar a asistencia como autoridade e
participar a título de cidadán privado no acto relixioso.
Por desgracia, aínda existen autoridades que confunden o seu papel, có seu
rol e dereitos como persoa privada. Isto acontece sobre todo en dous eventos,
no Domingo de Ramos e no Venres Santo. Na procesión do Domingo de Ramos, as
autoridades non deben de portar elementos como palmas, ramos, ponlas de
oliveira ou laurel,... pois así están participando de xeito activo no acto
relixioso.****
Algo similar acontece na procesión do “Santo Enterro” da noite de Venres
Santo; unha cousa é ser educado e respetuoso no vestir como convidado,... é
outra cousa distinta é vestir coa indumentaria propia dunha Irmandade ou dunha
Cofradia relixiosa,... pois hai concelleiras que a título de autoridade, visten
como as “Damas da Cofradia da Virgen Dolorosa”,...
Isto denota unha certa confusión mental que algúns teñen. Podemos estar
convidados a unha voda; pero nunca iremos vestidos como os novíos,... pois eles
son os protagonistas do evento social.
Aquí, antes de rematar, facemos unha pequena propostas para o percorrido da
procesión do “Santo Enterro” do Venres Santo na Guarda. No seu actual
percorrido, ascendendo pola rúa Concepción Arenal, logo desvíase por Brasilino
Álvarez, seguindo o seu percorrido tradicional,... Pero a rúa Concepción Arenal
está pechada ó tráfico dende a zona da Praza de Avelino Vicente; ficando un
gran tramo da rúa sen uso.
Propomos que se estudie,
que a procesión continúe ascendendo por Concepción Arenal, ata alcanzar a Praza
de Avelino Vicente e logo xirar para Cánonigo Domínguez Fontenla e tras cruzar
esta rúa xa retomamos o mesmo tramo final. Así a procesión percorre máis rúas principais, é
máis vistosa neste tramo ascendente da rúa Concepción Arenal; percorre rúas
máis anchas e espaciosas,...
**** A partida orzamentaria do Concello de A Guarda para pagar palmas ós
membros da Corporación Municipal que acoden á procesión do Domingo de Ramos é
de moi dubidosa legalidade. Pois o acto non forma parte das actividades
legais que teñen asignadas os concelleiros; ademais isto podería supoñer un
ingreso (vía regalo) que non está contemplado na lexislación. Ademais acudir a
actos relixiosos non é unha competencia municipal, nin sufragar gastos por esta
asistencia. Dado que o Alcalde da Guarda, Sr. Antonio Lomba é
tan predicador e promotor da laicidade na sociedade, actuará consecuentemente
có seu ideario.
Mirador do Monte Ancos, a 17 de Marzo do 2.016.
Amador Felicidade
Eterna. Director de Comunicación de la revista de
eventos sociales y religiosos, “La Santa Paciencia” (Amadora, Distrito de
Lisboa; Portugal).
No hay comentarios:
Publicar un comentario