viernes, 18 de diciembre de 2015

Orgullo dos obreiros do naval

CHANCHONADA  485º
Orgullo dos obreiros do naval.





¡¡¡Que fermosa noticia!!!. O Tribunal Xeral da Unión Europea anula a decisión executiva da Comisión Europea que cancelaba o sistema español de bonificacións fiscais aplicado na construccións de buques; sistema fiscal que a Comisión Europea declarou ilegal tras unha demanda encabezada por Holanda. Todo ten o seu inicio, cando o Director Xeral para a Competencia, o Comisario da UE o Sr. Joaquín Almunia iniciou todo o proceso administrativo para anular este sistema fiscal, instou ó goberno español para que recuperará os incentivos fiscais.

A consecuencia de todo isto foi o derrumbe de gran parte da producción dos asteleiros españois, a perda dos pedidos que estaban en carteira, e deixar de contratar novos pedidos. Boa parte deste pedidos remataron en asteleiros holandeses, franceses e alemáns,... centos de empresas auxiliares do sector naval pecharon: Gonsusa, Islas, Nalvaliber, Emenasa, Mecanasa, Inelvigo,... e miles de empregados perdemos os nosos empregos.

Moitos tivemos que inicia-lo camiño de emigrar; pois as opcións eran seguir anos e anos no paro, sen expectativas reais de traballar no noso campo profesional; esperar un traballo do plan municipal para limpar rúas 4 horas ó días por unha miseria, vivir de esmolas oficiais,... A mellor opción foi face-la maleta e ir ó estranxeiro buscando unha opción laboral que era negada na nosa terra.


O dano xa está feito na industria do sector naval e do metal de Vigo e da comarca. Moitas empresas emblemáticas da industria naval de Vigo teñen desaparecido; posiblemente o sector industrial de Vigo nunca se recupere. Foron varios anos de duro pero grato traballo nas gradas de HJ Barreras; tiña un especial cariño para o Sr. Gerardo (encargado de Gonsusa); eu era un mozo novo, aínda un inexperto que teña que dirixir a varias ducias de homes e Gerardo foime ensinando a dirixir a un grupo de obreros, a programa-las obras, a inspeccionalas, a ser o primeiro en chegar e o último e irme,... Coñeume cariño por ser de A Guarda, pois Gerardo sempre lembraba que de neno pasaba o verán na Guarda na casa dunhas tías, gostaba de xogar no porto cós barcos de lata,... Hoxe Gerardo está jubilado; para mín sempre foi como un mestre e un gran amigo; moitos pensaban que eramos sobriño e tío, pois con este trato tan familiar Gerardo e eu faábamos.

Lembro ós meus compañeiros de “Islas Industries”; eramos unha empresa nova, con persoal novo pero moi experimentado na instalación de tubarias. Moitos traballos os facíamos en cooperación con unha empresa portuguesa de Setúbal, “Irontec”. Esta empresa lusa era unha pequeno mundo, había portugueses, caboverdianos, brasileiros, moldavos, polacos, ucranianos e algún extremeño.

Nos anos traballando no sector naval, ós miñotos das diferentes empresas e dos diferentes ramos creamos a nosa camaradería especial, que todos chamaban “A Lombardía, por iso que nos concellos de A Guarda e Rosal o apelido Lomba é moi común. Na nosa “Lombardía” había carpinteiros, ebanistas, soldadores, electricistas, informáticos, pintores, bombeiros, técnicos de seguridade, técnicos de mantenemento,....




¿Agora qué Sr. Joaquín Almunia?; miles e miles de obreiros perdemos os nosos postos de traballo pola súa culpa. ¿Quén nos vai indemnizar polas súas nefastas decisións?,... teño outras moitas preguntas, pero a ira e a carraxe me ferve nas venas. Hai unha cousa que teño moi crara; nos obxectivos e prioridades dos mandatarios do P$O€ non está a defensa dos postos dos traballos da industria, nen dos traballos dos obreiros; cada vez que goberna o P$O€ miles de obreiros perdemos os nosos postos de traballo, pechan centos de industrias,...

Realmente penso que a letra O das siglas do citado partido están de sobra; nel hai moito funcionario, pero moi poucos obreiros: operarios da industria. Nas nosas localidades, os membros deste partido viven moi alleos á sociedade, e ás preocupacións están centradas nos intereses privados das súas familias e como aproveitarse para irse colando dentro da Administración.

¿É coincidencia que familiares do PSOE miñoto traballen dentro de Correos?; eu non creo en tanta casualidade xunta.

Temos moi craro, cal é o partido ó cal non imos votar.

Señores futuros deputados e senadores: ¡¡¡¡Troquen a Lei de voto dos residentes no estranxeiro!!!!; por culpa desta Lei do goberno de Zapatero é imposible exerce-lo dereito ó voto dende o estranxeiro. Resulta que ó propio goberno “impide” que os cidadáns residentes no estranxeiro poidan exercer un dereito constitucional.

Señores políticos miñotos; fica aquí a seguinte reflexión:
“Cando sube o prezo do petróleo, sube o prezo do billete de ATSA (empresa de transporte en bus); pero cando baixa e baixa o prezo do petróleo. ¿Qué pasa có prezo do billete de ATSA?; ¿non teñen nada vostedes que dicir?”.


** As fotos corresponde a compañeiros que traballaron na construcción do navio 1661 de HJ Barreras; navío de nome "Abel Matutes" de armadora Balearia. Queremos que sexa unha pequena homenaxe para os obreiros do naval.


Mirador do Monte Ancos, a 18  de Decembro do 2.015.

Dña. Propuesta Sensata y Sincera. Ingeniera de Estructuras; Directora de operaciones de la empresa “Levanta Piedras” (Setenil de las Bodegas; Cádiz;España).






No hay comentarios:

Publicar un comentario