Día de Santa Lucia.
O vindeiro Domingo día 13, teremos en Koszki, no salón de actos da fábrica
un evento social, celebraremos o Día de Santa Lucia; unha festividade moi
querida polos suecos, e dado que a fábrica pertence a un grupo multinacional
sueco,... festexaremos con eles este día tan especial. Así da inicio ós actos
previos ó Nadal. Neste Día de Santa Lucía é tradicional que una nena porte unha
coroa chea de velas, ataviada cunha vestimenta branca e unha cinta vermella na
cintura, e probaremos os doces típicos deste día: “lussakatter” e os
“pepparkakor”; son uns boliños de azafrán o galletas de xenxibre.
Tamén hai comunidades de residentes suecos en España que festexan este Día
de Santa Lucia.
Polas novas que chegan dende A Guarda, o resultado do Pleno extraordinario
para a aprobación do Plan Xeral non saíu do agrado do Alcalde e do grupo de
goberno do PSOE; ou sexa, toda a oposición votou en contra. Meses despois de
iniciar este Mirador, sempre posicionámonos en contra do citado PXOM; para nós
é unha pequena victoria, polo cal sentimos ledicia pola nova.
Lamentamos a actitude de soberbia, chulería e falla de deportividade
democrática do actual Alcalde de A Guarda; querido Sr. Lomba debería vostede de
troca-los modais e ser máis dialogante e sinceiro cós seus compañeiros de
Corporación.
1º) Un PXOM non é un documento
administrativo calqueira; vai marca-las regras de concesión de licencias
urbanísticas e o crecemento da trama urbana para os vindeiros anos. Para elo
debe de ser preciso o maior número de consensos posibles.
2º) O PXOM que vostedes levaron a pleno foi cociñado pola empresa
“Consultora Gallega”, seguindo as directrices sinaladas baixo o 1º mandato
municipal do Sr. Freitas; cando o PSOE tiña maioría absoluta. Nese
mandato vostedes estaban cegados pola prepotencia e a soberbia, o fixeron
vostedes soiños, sen contar coa oposición,... O tempo e as eleccións locais
foron quitándolles votos e concelleiros ó PSOE, pero seguiron mantendo a
actitude de soberbia e prepotencia. ¿Onde está o talante de dialogo que
vostedes propugnan e presumen?.
3º) O PXOM pode definirse de maneira
simple, como un menú cociñado e preparado ó gusto do PSOE; ofrecido á oposición
baixo o lema: “estas son nuestras lentejas, o las tragas o las dejas”. Pois,
toda a oposición colleu a perola có potaxe de lentellas e verteullo sobre as
cabezas dos cociñeiros do PSOE,... ¡¡¡¡Non queremos lentellas!!!
4º) Moitos dos nosos lectores
deberían de saber que a empresa redactora do PXOM, “Consultora Gallega” é unha
empresa especializada en redactar proxectos de planeamentos urbanísticos; coa
crise económica e do sector inmobiliario, a
citada empresa estivo más de un ano en concurso de acredores,... pero aínda
hoxe pasa por foi penurias económicas,... Para saír das mesmas,
necesita que sexa que sexan aprobados os PXOM,... pero moitos concellos non
están pola labor e prefiren resolve-lo contrato, devolve-la garantía,... Hai
concellos que non se fían da capacidade técnica e laboral de empresa e están
rescindindo os contratos, como é co caso de Cangas.
5º) Se “Consultora Gallega”
desaparece ou con tan escaso persoal como o que hoxe ten,... Unha vez aprobado
o PXOM ven unha etapa de moito traballo de revisión, contestar alegacións,
incorporar alegacións ó PXOM,... ¿Con qué persoal ía a facer esta tarefa?
6º) Se o número de alegación fose
alto, e as incorporación das alegacións supuxesen importantes modificacións no
PXOM, entón debería de voltarse a facer un novo PXOM, pois o proxecto base
estaría practicamente invalidado.
7º) En poucos meses entrará en vigor a enésima Lei do Solo de
Galicia,... a cal vai deixar moi desfasado o proxecto de PXOM que vostedes
presentaban a aprobación,... Ou sexa, agora aprobamos un PXOM que en
poucos meses debemos de revisar en gran parte para facerlle adaptacións
legais,... Querido Sr. Lomba aquí o que estaríamos a crear é unha total
inseguridade xurídica ós veciños, promotores, constructores,... e teríamos máis
problemas xurídicos no Concello.
8º) Entendemos que a aprobación do PXOM era a súa liña preferente e
prioritaria do seu goberno. ¿Agora
qué?; ¿vai dimitir?; pois o motivo principal do seu goberno ficou
deitado no chan,... ¿ou resulta que o seu plan de goberno e estar 4 anos
cobrando un soldo?.
9º) Un PXOM debe definir un modelo
de crecemento urbano, de cidade a crear, un modelo de convivencia dos
cidadáns,... O citado PXOM, o modelo que presentaba era crear un novo marco
urbano en “Neo Kamposakos”, na zona de Suarribe,... esquecendo totalmente A
Guarda, Camposancos, Salcidos, Buxán, O Castro,....
10º) Gobernar non é
impoñe-los nosos desexos; é buscar o maior número de apoios e consensos para
quitar adiante proxectos e plans en común,... Varias veces lle
temos escoitado a vostede Sr. lomba cando era concelleiro de Cultura, dirixirse
ó Sr. Xan Lois Lomba e decirlle: “a mí nadie me marca la agenda”.
Querido Sr. Lomba vai vostede sobrado de prepotencia, de soberbia e de
chulería,... na fábrica temos un compañeiro español, dunha zona do sur,... na
súa terra natal, ós chulos, creidos e imbéciles chámanlles: “pollabobas”. Imos a darlle uns consellos
sinceros:
A) Deixe o seu coche aparcado na rúa da Cal,
alí na zona do Pirún- Lagartosa; e camiñe máis a pé, pare a falar cós veciños,
interésese polas súas vidas, polos seus problemas,....
B) A realidade do Concello de A Guarda está fóra do despacho da Alcaldía; está nas rúas, nas prazas,....
C) Hai máis vida alén do PSOE, fale e contraste as cousas cós outros compañeiros de Corporación, ¡¡non
son antropófagos!!. Ten vostede moitos prexuízos inoculados por algúns
compañeiros de partido.
O vindeiro Domingo, Día de Santa Lucia, prenderémoslle unha vela á Santa,
pedíndolle que o ilumine coa luz da sabiduría.
Mirador do Monte Ancos, a 12 de Decembro
do 2.015.
Aquiles
Cuatro Verdades.
Profesor de Derecho Fiscal Internacional en la Universidad de Joder (Condado de
Sioux, Nebraska; USA).
No hay comentarios:
Publicar un comentario