miércoles, 1 de julio de 2015

Aprendendo neumática

CHANCHONADA 441º
Aprendendo neumática.




Ctesibio foi un gran matemático grego, vivíu en Alexandría uns 250 anos antes de Cristo, foi o primer científico en escribir un tratado sobre o aire comprimido, en certo xeito Ctesibio é o “pai da neumática”. Unha das súas grandes creacións práctica é unha bomba de presión, na que se basan a maioría das bombas que usan os bombeiros do mundo; incluso chegou a experimentar con cañóns de aire comprimido.

Pois con esta última invención de Ctesibio estivemos xogando nestes días, para que así algúns rapaces en idade do bachiller aprendesen neumática e algo de cinemática (tiro parabólico) dun xeito práctico e ameno. Con tubos plásticos dos que usan os fontaneiros, cinta americana, un pequeno comprensor e varias patatas roidas polos ratos do campo,... estivemos xogando a ser “artilleiros”, disparando a caixas de cartón que fican abandonadas no mercadillo dos sábados,...

Gracias ás ensinanzas de Ctesibio pasamos unha tarde xogando có noso “cañón de patatas”. Non estaría mal que a próxima vez que viaxedes no voso coche, autobus,... despois de olla-las rodas e que teñades unha pequena lembranza a este gran inventor. Despois de todo, algunhas tecnoloxías son máis vellas do que pensamos.


Nestes días está comenzando a funcionar o novo hospital de Vigo; a súa ubicación non é moi axeitada para as xentes das comarcas do Baixo Miño, Louriña, Condado e Paradanta. Lamentablemente, de momento, as diferentes empresas que prestan o servicio de transporte público entre as nosas localidades e a cidade de Vigo ainda non teñen unha conexión directa con este novo centro hospitalario.

O anterior supón unha grave molestia para os usuarios destas comarcas, especialmente para as persoas maiores. Nós temos un familiar, que por problemas renais debe acudir unhas 3 veces por semana a facer dialise,... e nestes días pola ausencia deste servicio, varios familiares tivemos que face-lo favor de chófer.

De momento, o servicio de “Vitrasa” (empresa de transporte urbano en bus municipal de Vigo), non ten servicios a este novo centro hospitalario,...

Queridos señores e señoras concelleiros, estaría moi ben que fixesen as seguintes xestións:

1º) Xestionar que a empresa de autobuses ATSA, que presta o servicio de transporte urbano entre as nosas localidades miñotas e miñoranas coa cidade de Vigo, faga varios servicios directos entre as nosas localidades i este novo hospital.

2º) Xestionar ante o Concello de Vigo, para que a empresa “Vitrasa” poña en funcionamento autobuses que enlacen o novo hospital coa estación de autobuses. Así mesmo que os veciños das comarcas poidan acceder ós abonos de transporte de “Vitrasa”.

3º) Xestionar ante a Xunta, ou autoridade administrativa competente, para que os prezos do estacionamento do novo hospital sexan baixos,... pois moitas persoas que acuden a un hospital, saben a que hora chegan, pero nunca se está seguro da hora de saída; ademáis moitos usuarios deben acudir por cuestións de saude varias veces por semana,... E este servicio de estacionamento podería resultar gravoso e prohibitivo para persoas que teñen pensións pequenas.

Señores nos pensamos que isto si que é un tema de importancia que merece a súa atención,... e non a folclorada de camiños que hai entre leiras.




Mirador do Monte Ancos, a 1 de Xullo do 2.015.
Samuel Diente Torcido. Profesor de Odontología, de la Facultad de Medicina de la Universidad del Ratoncito Pérez; Muelas de los Caballeros (Zamora; España).








No hay comentarios:

Publicar un comentario