domingo, 5 de julio de 2015

Avanzando no bó camiño

CHANCHONADA 442º
Avanzando no bó camiño.



Como moitos sábedes, nestes días estamos festexando a “Festa da Langosta”; non imos a falar da mesma; imos a centrarnos na sobremesa que mantivemos o sábado no Bar da “Camboa” en Oia; foi unha sobremesa entretida, onde tivemos que impartir unha pequena clase das novidades que trae o novo Código Penal, tratando de desfacer e clarexar conceptos que políticos de varias formacións espallan para desinformar á xente.

Nós somos da opinión que calquera pode falar, normalmente a ignorancia é moi atevida. O Código Penal é unha das leis máis extensas e complexas que hai; o novo Código Penal (LO 1/2015) ocupa 116 páxinas na súa publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE), introduce moitas modificacións e novidades respecto ó anterior, que non fica totalmente derogado; polo tanto faise necesario coñece-los dous.

O tema da “Prisión Permanente Revisable” é unha novidade que introduce o artigo 140º do novo Código Penal;.... non é unha cadena perpetúa, é unha pena de prisión con máis duración, con máis díficil acceso á libertade condicional, require máis tempo para acceder ó 3º penitenciario.

A “Prisión Permanente Revisable” só ten aplicación para 4 tipos de delitos moi graves:
1º) Asesinatos de menores de 16 anos, ou de persoas especialmente vulnerables (persoas con discapacidades).
2º) Asesinatos reiterados ou cometidos en serie.
3º) Asesinato subseguinte da victima dunha agresión sexual. (mata-la victima dunha violación).
4º) Asesinatos cometidos por membros de organizacións cirminais ou terroristas.

Realmente os delitos cometidos por asesinos, que tiñan causado a morte a varias victimas, na anterior lexislación apenas cumplían a pena similar a causar a morte a unha soa victima,.... Na práctica, na lexislación penal española, asesinar a máis de dúas persoas era “gratis”.

Entendemos as suspicacias sobre o artigo 25º da Constitución, que sinala o fin das penas é a reducación e a reinserción social de penado. Sexamos sinceiros, a inmensa maioría dos violadores, pederastas, pedofilos e moitos asesinos,... non queren reeducarse, rexeitan os medios de reinserción social e cando rematan o cumprimento da súa condena, moitos deles voltan a reincidir,... Polo tanto, dende a nosa opinión, se estes individuos non queren reeducarse nin reinsertarse, a sociedade debe ter medidas de autoprotección,...

É moi fácil subirse un domingo a un mitín do partido é dicir tonterias, falar na defensa dos dereitos dos criminais,... ¿¿¿quén fala dos dereitos das victimas??? Imaxinemos a uns pais que teñen unha filla desaparecida, posiblemente asesinada e violada, que o presunto culpable non da mostras de arrepentimento, non coopera cóa xustiza,... e ainda se mofa deses pais. ¿¿Qué calvario non estarán a vivir eses pais??

Unha das novidades que máis nos gusta, é o novo artigo 172º, agora é ilicito penal obrigar, intimidar a unha persoa para contraer matrimonio, ou engañala para sair de España para logo obrigala a contraer matrimonio. Na nosa sociedade, ninguen está obrigado a contraer matrimonio, isto é unha decisión libre e moi persoal de dúas persoas,... Pero hai grupos humanos que están asentandose en España, os cales pola súa cultura e equivocada interpretación da relixión, para eles o matrimonio é unha decisión que toman outras persoas e lle impoñen ós “casadeiros”, normalmente un deles é una rapaza menor de idade, i en moitos casos menor de 16 anos.

Sen esta norma era moi dificil actuar contra estas actitudes, pois esas menores estaban baixo a tutela dos seus pais,...

A novidade que máis nos gusta e que se recolle a aplicación do Convenio Europeo de Lanzarote do 25 de Outubro do 2.007, así faise un novo artigo 129º bis, para crear unha base de datos dos perfís do ADN dos condenados. Ata agora tiñamos un banco de datos policial de certos delincuentes,... pero así aproveitamos a ampliar esa base de datos cós condenados que temos no centros penitenciarios,...

Para evitar suspicacias, será para os delincuentes condenados por delitos graves contra a vida, integridade das persoas, contras as libertades sexuais (violacións e abusos), terrorismo, delincuencia organizada,... debe existir un pronostico de reiteración da conducta e sobre todo será por medio de orden xudicial.



Queridos señores concelleiros, terán que ir pensando en darlles cursillos de reciclaxe e actualizacións ós membros das nosas Policías locais,... pois evidentemente non poden ir actuando en base a preceptos legais que non existen, que están reformados, renovados,... Temos constancia, que moitos membros destes corpos municipais ainda están anclados no vello Código Penal do ano 1.995,...

Dado, que o grupo municipal do PP de A Guarda ven de presentar unha moción sobre o servicio dos GES (bombeiros municipais); debemos dicir sobre isto un par de cousas:

1º) O novo Código Penal, os protexe xuridicamente cando están prestando labores de auxilio, asistencia e rescate, en accidentes ou en calamidades,... así terán a consideración de autoridades, axentes ou funcionarios públicos,... das agresións ou ataques que sofran.
2º) Queridos concelleiros do PP, posiblemente o equipo de goberno trate de atacar a vosa iniciativa, alegando que é un servicio que está subvencionado pola Xunta e polo tanto non pode establecerse que unha parte do servicio sexa pagada polo usuario (ou seguro privado do mesmo).

É un argumento tramposo, os medicamentos da Seguridade Social tamén están subvencionados, pero os enfermos pagamos unha parte dos mesmos,.. A piscina municipal tamén está subvencionada (87,5% dos gastos os paga o Concello), pero os susarios debemos pagar unha mensualidade por usar esa instalación e os seus servicios,... Por desgracia, os informes da Secretaría do Concello, moitas veces valen para facer unha cousa e a contraria ó memso tempo,... poucas veces son claros e determinantes.

No fondo, os concelleiros do PSOE e algúns outros queren seguir nesta situación de “gorroneo” dos fondos e servicos públicos da Guarda, para que sexan de acceso gratuito ós veciños de outros concellos,... ¡¡que pagen só os veciños da Guarda!!. Sempre son xenerosos cós nosos diñeiros, pero nunca son xenerosos cós seus diñeiros privados.



Mirador do Monte Ancos, a 5 de Xullo do 2.015.
Braulio Criado Mayordomo. Analista de la Guía de restaurantes “Los Michelines” (Bienservida; Albacete; España).



No hay comentarios:

Publicar un comentario