viernes, 24 de julio de 2015

Festas Patronais

CHANCHONADA  446º
Festas Patronais.




Na última década do século XIX, Willard Bundy inventou un reloxo para grava-lo tempo de chegada e de saída dos empregados;... unha invención que rapidamente extendeuse polas fábricas de USA, e logo polo mundo enteiro. Ou sexa, o Sr. Bundy inventou o reloxo de picada ou de fichada que todos coñecemos, ese elemento mecánico, electrónico, informático,... onde deixamos constancia da hora de entrada e de saída do centro de traballo.

Ben, moitos coñecemos e practicamos a diario esta rutina laboral con toda a normalidade. 110 anos despois desta invención do Sr. Bundy, resulta totalmente descoñecida en case todos os concellos do Baixo Miño, ou sexa moitos empregados públicos dos nosos concellos non están obrigados a fichar, ou pica-la súa hora de entrada laboral, a súa hora de saída laboral,... ¿¿¿Por qué non se establecen este medios de control dos horarios laborais???, polo que nós sabemos, os empregados públicos non están exentos legalmente de pasar por medios de control nos seus horarios laborais.

Poderíamos dicir que os empregados públicos e os nosos concelleiros viven nunha realidade laboral obsoleta, e que en certos aspectos bordea a legalidade, saíndose fóra dela. Se non hai uns medios de control sobre a xornada laboral dos empregados, ¿cómo poden saber cales cumpren coa xornada laboral e cales non?, ¿van a cobra-lo mesmo salario cumpridores e incumpridores?,... este sistema, directamente está favorecendo ós lacazáns, vagos e preguiceiros,...

Queridos lectores; a xornada laboral legalmente sinalada para os empregados públicos é de un mínimo de 37,5 horas por semana (37 horas e 30 minutos a laborar durante unha semana). En moitos dos nosos concellos a xornada laboral está sinalada de 8 da mañán ata as 15 horas (3 da tarde), isto totaliza 7 horas diarias, que polos 5 días da semana laboral (laborar de luns a venres), facendo una conta moi simple resulta: 7 horas diarias x 5 días laborais = 35 horas por semana. ¡¡¡¿¿¿Onde están as 2 horas e 30 minutos que faltan da xornada semanal???!!!

Isto quere dicir, que chegados ó final do mes, moitos empregados cobran por 10 horas de traballo que nunca teñen realizado. O problema e que isto xa ven de moitos anos atrás, ó igual que moitos que levan anos gobernando nos concellos, e nunca trataron de darlle unha solución a isto. ¿¿Porqué??

Legalmente, na normativa sancionadora dos funcionarios públicos, establece como unha falta grave: “incumprimento da xornada laboral de traballo, que no computo mensual supoña unha cantidade igual ou superior a 10 horas ó mes”. Cando unha falta repítese de maneira continua nun espacio curto de tempo, estamos ante unha figura legal que se chama reiteración; normalmente a reiteración actúa como un agravante da acción a sancionar.

Outra cousiña; non sabemos dende cando é “tradición” que os empregados municipais de oficiñas do Concello de A Guarda, toman para si mesmos unha reducción da xornada laboral durante a semana das Festas do Monte.

Queridos novos concelleiros, e outros vellos que levan anos vivindo na ignorancia; non existe legalmente ningunha licencia ou permiso legal que ampare esa situación de reducción de xornada laboral durante a semana de festas do pobo, sexan estas as festas do Patrono, Patrona, Santo, Santa,... Isto semella ser un privilexio que se auto-otorgaron uns, e outros por diversas razóns que descoñecemos o concederon.

¿Poderían os empregados públicos ter unha reducción da xornada durante as festas grandes do pobo, cidade, vila,...? SI; pero previamente deberían cumprir cunha xornada acumulada do réximen especial; isto é, ante de chegar a semana de reducción; os empregados durante os meses previos estiveron facendo algúns días máis horas do normal da súa xornada, para ir acumulando este incremento, así o incremento acumulado será gastado durante as festas.



Mirador do Monte Ancos, a 24  de Xullo do 2.015.

Sexto  Raíz Cuadrada.  Decano de la Facultad de Matemáticas, Universidad de los Valles de Tuy en Ocumare del Tuy (Estado de Miranda, Venezuela).











No hay comentarios:

Publicar un comentario