Pratos rotos.
Queridos lectores, despois da xornada electoral de onte, agora é o momento
de facer algunhas reflexións dende a perspectiva local.
1º) No ano 2.014 xa falamos aquí do
“Club dos 1.600”, para referir a aquel conxunto de cidadáns da Guarda que non
tiñan lealtade electoral ás tres opcións electorais que representan o PP, PSOE
e BNG, que buscaban outras opcións electorais. Este grupo electoral tamén tiñan
os seus semellantes nos concellos veciños. Foi nas eleccións locais do ano
2.015 cando agromou con visibilidade este grupo social, especialmente en Tui, A
Guarda e Oia. Hoxe seguen plenamente activos apoiando a outras alternativas
electorais.
En Oia oscilan entre os 480 a 570 votantes; na Guarda oscilan entre os
1.940 a 2.240 votantes; no Rosal están entre 1.100 a 1.270 votantes; en Tomiño
o grupo representa de 2.080 a 2.520 votantes e finalmente en Tui o grupo oscila
de 2.880 a 3.370 votantes.
2º) O PP do Baixo Miño resiste ben o
envite electoral, aínda que non de igual maneira; onde amosa un mellor
comportamento é en Oia, A Guarda e Tui; no Rosal a melloría é moi pequena;
soamente en Tomiño amosa sinais negativas. De feito en Tomiño respecto ós datos
do ano 2.011 é onde amosa a maior perda de votantes (40%), mentres que na
Guarda é onde se rexistra a maior fidelidade (perda dun 24% respecto ó ano
2.011).
Os dirixentes do PP en Tomiño teñen moito traballo que facer, sobre todo de
cara ó vindeiro outono.
3º) No PSOE miñoto hai un pouco de todo; na Guarda, Rosal e Tui logran
para-los descensos, pero en Oia e Tomiño aínda seguen a perder votos.
Outra sinal que debería de preocupar no PSOE miñoto é que hoxe son a actual
3º opción electoral no Baixo Miño nas eleccións xerais,... ¿qué acontecerá no
vindeiro outono?. A situación na Guarda é mala, pois hai unha distancia de 500
votos respecto á segunda opción electoral. En Oia acaban de marcan mínimos
electorais,...
4º) A pior situación electoral é para o BNG, con estes resultados volta a
niveis de 1.984; pasa a ser a 5º opción electoral en tódolos concellos; nin en
Tomiño onde ostentan o goberno municipal son capaces de resistir e manter unha
posición digna. ¡¡Que non se enganen cós resultados das municipais do 2.015!!
Respecto ós resultados das xerais do ano 2.011, na Guarda levan perdido o
62%, no Rosal o 64%, en Oia o 68%; en Tomiño o 73% e en Tui o 76% dos votantes.
¿¿Non haberá que facer unha reflexión interna e deixar de chimpar culpas a
outros??. Tanto presumir do goberno municipal de Sandra en Tomiño, e logo
resulta que en Tomiño é un dos lugares onde o BNG perde máis votos.
Posiblemente de seguir por este camiño, en anos vindeiros o BNG desapareza
do mapa electoral de Oia. De seguir por este camiño, posiblemente no vindeiro
outono o BNG fique sen grupo no Parlamento de Galicia, con poucos ingresos
económicos é unhas importantes débedas ás que non poderá facer fronte.
No chan están os restos do pratos rotos; pódense recoller e pegalos trozos
para tentar recompoñe-los pratos,... ou deixa-la ciscallada no chan e comer en
pratos de papel. ¿¿Qué pensan face-los dirixentes locais??; o outono está moi
perto.
Mirador do Monte Ancos, a 27 de Xuño do 2.016.
Toribio Verdugo de Dios. Doctor en Teología, Universidad Pontificia de
Hijos de Dios (La Hija de Dios; Ávila;
España).
No hay comentarios:
Publicar un comentario