Buceando no arquivo municipal.
Aqueles lectores que seguen o “Mirador” dende os seus inicios xa son
coñecedores de moitas cousas da intra historia administrativa do Ferry de A
Guarda – Camiña, das recadacións procedentes de A Guarda “olvidadas” en varios
caixóns das oficinas municipais de Camiña, recadadores billeteiros de Camiña
que esquecían durante meses entrega-los diñeiros recadados,... Ou sexa, un total descontrol e desfeita
administrativa é o que hai na xestión do Ferry por parte de Camiña.
Cando a Sra.. Julia Paula chegou á Alcaldía do Concello de Camiña, de xeito
unilateral deixou de transferir información económica e contable ó seu socio no
Ferry (Concello de A Guarda); ante esta situación obstruccionista e de
ocultación de informacións relevantes, o
Alcalde de A Guarda o Sr. Riego decide abrir unha conta bancaria para que se
ingresen exclusivamente as recadacións do Ferry procedentes da billeteira
dependente do concello guardés, conta que se abre en Caixanova (hoxe Abanca),
na oficina que ten na rúa Concepción Arenal da vila guardesa.
Cando en Xuño do 2.007 o Sr. Freitas accede á Alcaldía da Guarda sempre
presumiu de regulariza-la situación económico-administrativa con Camiña, de
transferirlle os diñeiros pendientes,... ¿Qué
aconteceu con esa conta bancaria?; ¿transferíuselle todos os diñeiros a Camiña?.
Estivemos varios meses investigando datos no arquivo municipal da Guarda e
agora presentamos algúns dos resultados, así deste xeito, os nosos lectores xa
van a ter máis coñecementos que varios dos concelleiros do goberno municipal e
que moitos dos concelleiros da oposición, que a pesar de levar +9 anos aínda
non saben nada do tema, tampouco nunca preguntaron sobre o tema.
Ingresos da billeteira
guardesa do Ferry A Guarda – Camiña (en función dos datos bancarios atopados):
Ano 2.009 .............. 133.536,04€.
Ano 2.010 .............. 112.804,13€.
Ano 2.011 .............. 86.499,20€.
Ano 2.012 .............. 97.860,95€.
Ano 2.013 .............. 68.676,50€.
Recadación total do período 2.009 ó 2.013 = 499.376,82€.
Isto fai unha media de recadación anual de 99.875€; supoñendo unha hipótese
de traballo que durante o período 2.000 a Xuño do 2.007 as recadacións fosen
ingresadas na referida conta bancaria; estaríamos falando dun período de 7 anos
e medio; totalizando un hipotética débeda de 749.062€. ¿Cómo xustifica o
Concello de Camiña a súa reclamación por débedas de ata 2.300.000€?, ¿qué
documentación contable aporta?
O primeiro que debemos dicir é que a
conta bancaria exclusiva para o Ferry, despois da chegada á Alcadía do Sr.
Freita non foi pechada, 6 anos despois aínda seguía operativa. Polo
tanto, cando o Sr. Freita pregoaba nos mitins electorais e nalgúns plenos que a
pechara, que transferirá todo a Camiña,... isto era toda unha mentira. Estes
datos de recadacións que aquí ofrecemos, nunca foron presentados ó concelleiros
da Corporación municipal guardesa; ¿por qué o goberno municipal do Sr. Freitas
nunca fixo entrega deses datos?.
Pero o pior de todo,
estes datos tampouco están nos documentos administrativos i económicos que
forman as Liquidacións de Contas do Concello de A Guarda que debe ser aprobada antes de final de
ano,... cando menos esas Liquidacións de Contas son incompletas, ou por algún
“despiste” carecen desta información relevante. ¿O “despiste”
tan reiterado no tempo é un verdadeiro despiste ou hai detrás unha intención
real de facelo?. Se hai unha intención dolosa neste acto de
esquecemento, poderíamos estar ante un tipo penal de falsidade en documento
público. Entendemos que esta ausencia, fan que as Liquidacións de Contas
aprobadas son cando menos incompletas; ¿cabería aprobar un anexo de
rectificación?, ¿?.
Agora imos a presentar uns pequenos datos dos movementos bancarios desa
conta:
ANO 2.010
Saldo inicial:.......
500.609,27€
Saldo final:.........
504.645.00€
Movemento relevante: transferencia de 116.944,76€ feita o 16 de Agosto do
2.010. O saldo restante despois deste movemento foi de 455.893,35€. ¿qué paga
esta transferencia?
ANO 2.011
Saldo inicial:.......
504.830,86€
Saldo final:......... 15.309.15€
Movemento relevante: transferencia á conta Nº 0427**********315 de
300.000,00€ feita o 13 de Xaneiro do 2.011;
¿¿¿???.
Movemento relevante: transferencia ó estranxeiro conta Ferry 2.009 por
133.536,04€ feita o 25 de Novembro do 2.011.
Movemento relevante: transferencia entre contas do Concello de A Guarda
150.000,00€ feita o 5 de Decembro do 2.011;
¿pago de nóminas do persoal municipal?.
Posiblemente, este ano 2.011 foi o ano do “gran vaciado”
desta conta bancaria.
Pero non se pechou; de tódolos xeitos o Sr. Freitas nestas datas xa leva 4 anos
e medio como Alcalde.
ANO 2.012
Saldo inicial:....... 15.627,31€
Saldo final:......... 89.316.65€
Movemento relevante:
transferencia de fondos o 5 de Marzo do 2.012 por un importe de 24.000€.
transferencia de fondos o 2 de Xullo do 2.012 por un importe de 14.461,65€.
transferencia de fondos o 3 de Agosto do 2.012 por un importe de
13.136,60€.
ANO 2.013
Saldo inicial:....... 89.511,65€
Saldo final:......... 7.506.52€
Movemento relevante:
transferencia de fondos o 29 de Abril do 2.012 por un importe de
58.638,95€; importes do 2 e 3 trimestre do Ferry do ano 2.012.
transferencia por cargos varios o 16 de Outubro do 2.013 por un importe de
92.726,68€. ¿¿¿Qué cargos varios???
De momento imos a ofrecer estes datos. Hai concelleiros con anos na
Corporación municipal que nunca ollaron estes datos, tampouco nunca preguntaron
por eles. Hoxe moitos lectores deste “Mirador” saben máis que moitos
concelleiros.
Señores concelleiros da Corporación Municipal guardesa, ¿porqué non piden oficialmente un listado de tódolos
movementos, extractos e saldos daquela conta bancaria aberta por orden do Sr.
Riego?. Maioritariamente foi adicada para o Ferry, pero hai
movementos alleos ó mesmo. Nos datos que nos temos, en Xuño do 2.014 ainda
estaba operativa.
Finalmente, se o acordo entre os Concellos de A Guarda e Camiña era
compartir gastos e ingresos ó 50%,... nós entendemos que as cantidades a
transferir a Camiña serían o saldo resultante da seguinte operación:
Cantidades a transferir = Recadación ferry – (soldos do
persoal, IRPF, SS, luz eléctrica, pagos a portos, material,...).
Pero según a Sra. Magallanes e as súas declaracións, semella que se
transfere a recadación total sen face-los descontos dos gastos. ¿¿¿???.
¿¿Regalámoslle diñeiro a Camiña??
Nos seguiremos buceando no arquivo municipal; pero estamos practicando no
pilotaxe dun ROV, vehículos robóticos operados a distancia.
Finalmente imos a deixar unha
pregunta maliciosa que debe ser dirixida ás autoridades municipais de Camiña: ¿Cánto tempo estivo funcionando
o Ferry sen a cobertura dun seguro de responsabilidade civil, para cubrir ós
usuarios?, ¿cántas veces aconteceu isto?.
Mirador do Monte Ancos, a 12 de Xuño do 2.016.
Urbana Aldea del Mundo. Directora
de la Escuela Profesional de Hostelería, “El Salero Andaluz” (Malcocinado;
Sevilla; España).
No hay comentarios:
Publicar un comentario