martes, 9 de febrero de 2016

Regalando diñeiro

CHANCHONADA  499º
Regalando diñeiro.


Lamentamos que esta ano os días grandes de Entroido (Carnaval), nas terras miñotas estivesen pasados pola agua das chuvias e dos temporais,.... Aquí en Varsovia o carnaval (en polaco; karnawał)tamén ten a súa celebración; non son os festexos carnavaleiros de Cádiz, de Tenerife, Gran Canaria,... quizais o mellor día é o “Xoves graxento” o cal ten lugar na semana anterior ó Mércores de Cinza; nese xoves é un día de grandes comilonas, de moitos doces, todo un paraíso para os lambisqueiros,... O doce tradicional dese día é un bolo recheo de crema, marmelada, chocolate,.. que chaman “paczki.



Lembro aquelas noites, cando finalizaba o turno nocturno no asteleiro de Viana do Castelo, circular pola A28, cando circulamos en sentido descendente pola serra da Arga, ollamos ó fondo o val do Tamuxe, a figura solitaria do Monte Santa Tecla,... Sempre pensamos mentras ollamos esa fermosa postal nocturna: ¡¡¡Canta enerxía eléctrica mal gastada!!! A esta distancia pódese discernir perfectamente, a praza que hai na cima do Monte Santa Tecla, a Avenida de Portugal na zona de Camposancos descendendo cara o Pasaxe, a zona oriental da vila guardesa (barrio de Salcidos),....

Un dos gastos máis importantes do Capítulo 2º dun orzamento municipal (gastos xerais) é o formado polas facturas de enerxía eléctrica das instalacións do Concello, do alumeado público,... No caso da Guarda, este custes superan os 350.000€ por ano; por decilo doutro xeito, cada día na Guarda gastamos 1.000€ en enerxía eléctrica.

Aquí os nosos gobernantes, da Guarda, de Oia, do Rosal,… teñen moito traballo que facer:

1º)  ¿Realmente necesitamos tódolos puntos de iluminación públicos prendidos durante toda a noite?.

A partir das 21.00 horas, xa son poucas as persoas que circulan polas rúas urbanas da Guarda,... a partir da 0.00 están totalmente desertas. A partir da 4.00 horas comezan a aparecer aquelas persoas que van traballar a fábricas de Vigo, Porriño,... logo hai outra tandada ás 6.30  que traballa en fábricas do norte de Portugal,... Realmente a Vila da Guarda comeza a coller actividade laboral a partir das 9.00 horas.

Pensamos, que neste intervalo que vai dende a media noite (0.00 horas) ata o amencer non é necesario ter o 100% dos puntos luminosos prendidos; pois non están dando uso a ninguén. Neste tramo horario debería se facerse unha reducción dos puntos luminosos que están activos; con ter sobre un 50 a un 60% activos, xa é dabondo. Por exemplo, esas rúas e avenidas que teñen mastros con farolas a ambos lados da rúa, con ter un lateral prendido sería suficiente.

Non debe ser unha solución técnica moi complicada aplicar esta medida; de feito o Concello do Rosal xa leva un par de anos aplicando esta medida, ou similar, en gran parte do seu termo municipal. ¿Por qué os outros concellos non copian esta medida?.

2º)  ¿Necesitamos iluminar zonas innecesarias?.

Comprendo que se faga necesario iluminar rúas; cando a farola non funciona, non tarda en aparecer un veciño polo Concello reclamando a reparación da mesma. ¿Realmente necesitamos iluminar un lugar onde non vive ninguén, non hai tránsito nocturno de peóns, non hai vehículos circulando en horas nocturnas, non hai actividade industrial nocturna?. Un exemplo desta tipoloxía de lugares: praza que hai na cima do Monte Santa Tecla.

Entendemos que mentres funcionan os locais hostaleiros, funcione o alumeado público e preste servicio;... ¿pero toda noite prendidas para qué, para quén?. En conclusión, é un gasto inútil en iluminación pública. Outros puntos similares, un paseo marítimo, zona de praias, paseos perto do río Miño, iluminación ornamental de edificios públicos e monumentos,....

3º)  ¿Iluminación urbana en función do uso?.

Durante toda a noite as nosas rúas están iluminadas; en gran parte do período nocturno non están ofrecendo servicio a ninguén. Aquí poderíamos implementar varias medidas, xa fosen por separado ou de maneira conxunta.

3A) Reduci-los puntos luminosos que están activos nas horas nocturnas; unha reducción dun 20% a un 30% sería boa e non fai perder calidade ó servicio.

3ºB) Instalar sensores de movemento, para aquelas rúas con poucos residentes, que sexan estreitas,... para que a iluminación pública se active cando hai movemento de persoas ou vehículos na zona monotorizada.


A aplicación destas medidas poderían supoñer un aforro anual dun 20 a 30% da factura de enerxía eléctrica por iluminación pública que abonan os nosos concellos; poderíamos no caso da Guarda de estar a falar dun aforro de entre 70.000€ a 100.000€ por ano.

Qué fácil é queixarse do Sr. Montoro que non envía diñeiro ós concellos,... pero que díficil é ollar que cousas xestionamos mal, que áreas de gastos teñen posibilidades de mellor xestión e facer aforros ós diñeiros públicos.

Pensamos que este tema do aforro enerxético é moi interesante; así como os resultados económicos a buscar; poderían ser usados en outras medidas que necesitan os nosos concellos. En caso contrario, de seguir facendo as cousas como ata agora, o que están facer os nosos gobernantes é regalar diñeiro ás eléctricas.

Mirador do Monte Ancos, a 9  de Febreiro do 2.016.

Johannes  Kuhn Pfeiffer (“Juan Concejal Gaitero”).  Profesor de Hacienda Pública de la Universidad de Kagarsee (Rheinsberg, Brandemburgo; Alemania).

No hay comentarios:

Publicar un comentario