jueves, 4 de febrero de 2016

1.000 días e nada

CHANCHONADA  498º
1.000 días e nada.



Despois de 6 meses de nova lexislatura municipal, ollamos que o grupo de goberno do Concello de A Guarda segue na mesma dinámica dos últimos anos, ir aprobando no Pleno as iniciativas da oposición, pero sen vontade de facelas realidade, nin que sexan de aplicación práctica. As veces isto semella unha tomadura de pelo, ou a eses SI (afirmativos) que se lle dan ós tontos ou pesados para que nos deixen en paz, e non nos fagan perder tempo coas súas parvadas e leladas.


No outono do 2.011, o Pleno do Concello de A Guarda aprobou unha iniciativa da Sra. Beatriz Estevez (Converxencia Galega), para redactar unha normativa municipal que regule a publicidade en lugares públicos (Ordenanza Municipal). Supoñemos que a Sra. Montserrat Magallanes en calidade de concelleira de Facenda e Comercio ficaría como a persoa encargada da redacción desta normativa, para logo presentala en Pleno, debatila e aprobala se procede.

En principio non entendiamos moi ben esta iniciativa; pero charlando coa promotora da iniciativa, con sinxeleza foi capaz de plantexarnos todo o problema dende unha perspectiva moito máis amplía i entendible. O fin da normativa é regular toda unha actividade que hoxe está fora de control, o de menos son os poucos € que poden entrar no Erario Municipal; pois toda esa actividade fora de control está a producir un “feismo urbanístico”.

1º)  ¿Qué sucede con toda esa publicidade privada que está instalada en propiedades e instalacións municipais?

Cando acudimos ó pavillón ou ó campo de fútbol que están na zona da Sangriña, ambos de titularidade municipal, pero que o seu uso está privilexiado para varios clubes deportivos. Nestas instalacións existen moitos anuncios de empresas e negocios privados que existen na Guarda ou na comarca. O cal fainos reflexionar e plantexarnos as seguintes preguntas ante varias dúbidas razoables:

¿Hai autorización municipal para a instalación destes soportes publicitarios?. ¿Quén cobra por eses soportes publicitarios?; en caso de realiza-lo cobro o Concello, ¿en base a qué normativa municipal fai tal cobro?.

Se o cobro o realizan os clubes deportivos; ¿teñen permiso ou autorización municipal para facer este uso privativo e lucrativo dunha instalación municipal?.

¿Hai convenio entre eses clubes e o Concello de A Guarda sobre o uso, disfrute privilexiado e aproveitamentos privativos destas instalacións deportivas municipais e que ampare a instalación de soportes de publicidade?.


2º)  Sobre abundamento de soportes publicitarios nas vías públicas.

Nas rúas e prazas de A Guarda ó lado dunha sinal indicativa dun lugar concreto ou sitio de interese público, existen varias sinais de publicidade de bares, hoteis, restaurantes,... facendo que a sinal viaria ou indicativa pase totalmente desapercibida, pola camuflaxe publicitaria que a rodea. Evidentemente todas estas sinais publicitarias están ocupando un espacio público nas rúas.

¿Teñen permiso municipal de instalación e ocupación de vía pública?. ¿En base a que ordenanza municipal se conceden estas ocupacións de vía pública?. ¿Canto percibe o Concello de A Guarda por estas ocupacións de vías públicas?.

¿A normativa municipal guardesa permite que as sinais de publicidade oculten ou camuflen as sinais viarias de carácter e interese público?.


3º)  Modificacións de fachadas pola publicidade.

Cando unha persoa privada fai unha modificación que altere a fachada da súa casa, vivenda, edificio,... antes debe solicita-lo correspondente permiso municipal, có preceptivo informe dos técnicos municipais de urbanismo, pago das taxas municipais,... O normal en calquera concello do mundo mundial.

Dende fai uns anos, o edificio onde estaban situadas as oficinas do Banco Pastor (cruce das rúas Concepción Arenal e Galicia), vai tendo a fachada cuberta por grandes pantallas de elementos publicitarios, os cales supoñen unha evidente modificación externa da fachada.

¿Teñen permiso municipal para tal modificación da fachada?; ¿existe informe dos técnicos municipais de urbanismo que amparen esta situación?. Dado que esas grandes pantallas están para facer unha actividade mercantil e comercial, polo cal hai unha persoa física ou xurídica que percebe ingresos; ¿hai licencia municipal que ampare tal actividade comercial?.



Despois de todas estas reflexións e preguntas; agora é posible que os nosos lectores comprendan a importancia de ter unha normativa municipal que ampare, regule e fiscalice toda unha actividade que está totalmente fora de control; que debería seguir dous eixos problemáticos distintos:

A)         Ordenanza municipal reguladora de soportes publicitarios en instalacións de titularidade municipal e vías públicas, e propiedades privadas cara ás vías públicas.
B)          Convenios entre o Concello e os clubes deportivos e asociacións que teñan un uso e disfrute privilexiado de instalacións de titularidade municipal.



Pola nosa información, de momento todo isto non existe.

Nun mes hai 20 días laborais, no ano hai 11 meses laborais; despois de 4 anos e medio, isto fai un total de 50 meses, que totalizan 1.000 días laborais,... ¡¡¡En 1.000 días a Sra. Montserrat Magallanes non tivo tempo de redactar unha proposta de ordenanza municipal!!!

Queridos concelleiros, non é só levar iniciativas ós Plenos, logo hai que ir facendo un seguimento para que se materialicen,... en caso contrario rematarán no “caixón do esquecemento”, que no caso do Concello de A Guarda xa vai tendo dimensións dunha arca,... ¿Haberá que alugar un contenedor de mercadorias?



Mirador do Monte Ancos, a 4  de Febreiro do 2.016.

Luis  Felipe  Cabeza  Calva.  Director de operaciones portuarias del Servicio de Puertos Estatales en Puerto Cabello (Estado de Carabobo; Venezuela).

No hay comentarios:

Publicar un comentario