viernes, 8 de enero de 2016

Unha esmola

CHANCHONADA  491º
Unha esmola.



Nestes días de Nadal estivemos revisando i estudiando as declaracións de bens dos membros da deputación de Pontevedra; aínda que tomaron posesión aló polo mes de Xullo do 2.105; tardaron ata Decembro en formaliza-las declaracións de bens. Polo menos, xa están publicadas, na páxina oficial da institución provincial.

A conclusión que chegamos, é que os nosos políticos do PP, BNG e PSOE, a pesar de ter carreiras políticas de +8 anos, ocupando cargos remunerados, pois semellan ser pobres ou ter un patrimonio moi escaso. Imos a concederlle o beneficio da dúbida, pero semellan ser patrimonios escasos; o formulario oficial é simple e require pouca información e moi xenérica.

Imos có exemplo da Sra. Carmela Silva, Presidenta da Deputación de Pontevedra; que con anterioridade a este cargo, compatibilizou o cargo de 1º tenente de Alcalde de Vigo có de Diputada no Congreso dos Diputados, e ser membro da Mesa do Congreso, có cargo de Secretaria 2º dese órgano de goberno do Congreso. Anteriormente xa fora Senadora pola provincia de Pontevedra,... Tamén foi asesora da Sra. Ministra Elena Espinosa,...

Despois de esta carreira política ocupando altos cargos, con soldos de +50.000€/ ano, con gastos pagados,... resulta que ten un saldo bancario que non chega a 4.500€, non ten plan de pensións, non ten un plan de xubilación,... non teñen nada aforrado.


http://www.depo.es/documents/1076146/3824398/Carmela+Silva+-+Patrimonio+e+incompatibilidades.pdf/3d65e5a6-4967-47f4-8430-307f8e850aad


Os señores concelleiros do Baixo Miño e Louriña que ocupan posto na Deputación de Pontevedra; semellan estar nunha situación similar. Ocupan postos retribuídos nos nosos concellos, e logo o patrimonio é escaso.


http://www.depo.es/documents/1076146/3824398/Nidia+Ar%C3%A9valo+-+Patrimonio+e+incompatibilidades.pdf/d6678f07-5d74-48d2-a277-c2d4ddc0184f

http://www.depo.es/documents/1076146/3824398/Ux%C3%ADo+Ben%C3%ADtez+-+Patrimonio+e+incompatibilidades.pdf/e77ae190-4a33-452c-976a-76592ffc9c3e

http://www.depo.es/documents/1076146/3824398/montserrat_magallanes.pdf/03181fca-4a9c-4c20-820d-5b861021cb37


Quizais cabe destaca-la excepción da Sra. Monteserrat Magallanes.

Nós, non valoramos se teñen moito, pero deberían ter algo máis. Semella que son algo “manirrotos”, pouco aforradores,... Agora ben, cada un xestiona os seus soldos como quere, os seus diñeiros os gasta ou inviste como crea interesante e convinte.

Polo menos, temos coñecemento das declaracións,... hai Corporacións municipais do Baixo Miño que non publicitan estes datos,... ¿Por qué?

Deixamos os enlaces das declaracións de certos membros da Deputación de Pontevedra; na páxina oficial desa institución están a dos restantes membros.



Mirador do Monte Ancos, a 8  de Xaneiro do 2.016.

Antón  Torrón  Gorrón.  Maestro Sidrero (La Ramera de Abajo; Castrillón; Asturias; España).

No hay comentarios:

Publicar un comentario