lunes, 11 de enero de 2016

Reformar ou cobrar un soldo

CHANCHONADA  492º
Reformar ou cobrar un soldo.



A estas alturas da vida, das cousas que dicen e opinan o políticos xa non creemos en nada delas; que un político diga unha verdade é posible;... pero algúns políticos teñen unha idea moi crara, o seu primer obxectivo é cobrar un soldo, logo seguir cobrando ese soldo e finalmente tentar manter ese soldo; neste grupo hai moitos do BNG e do PSOE. O resto son nimiedades que só preocupan ó común dos veciños, pero os nosos políticos non viven dentro de ese mundo tan común.

Hai que ter moi craro, que un político diga unha cousa en público e vote a favor da mesma, non significa que crea niso, pode ter unha opinión totalmente contraria. Dicir unha cousa e logo face-la contraria é a cousa máis normal e natural no mundo da política. Pero isto último resulta altamente chocando para moitos cidadáns.

Foi aló polo mes de Setembro do 2.013, no pleno ordinario que celebraba o Concello de A Guarda, o día 27 de Setembro. O BNG presentaba unha moción, con número de rexistro de entrada 1.341; sobre a reforma da Administración Local; na súa parte resolutiva, estaba o apartado B:

B)     Reforma constitucional que suprima as Deputacións Provinciais”.

Toda a moción obtivo o voto favorable do BNG, PSOE e de Converxencia Galega.

Xa non é de agora a postura do BNG de opoñerse a existencia das Deputacións Provinciais, pero só naqueles casos cando non as gobernan e están na oposición. Cando son parte do órgano de goberno dunha Deputación Provincial,... entón o mantra de suprimi-las, pode esperar, pois hai compañeiros que ocupan un cargo importante dentro delas, que están a cobrar un soldo,... Como vemos, predican unha cousa para facer logo a contraria.

No caso do PSOE, é máis cachondo; durante moitos ano nunca tiveron unha opinión crara sobre o tema; no ideario do PSOE e nos programas que presentan, nunca aparece o da supresión das Deputacións. Por exemplo, nestes 40 anos, a Deputación da Coruña case que sempre estivo gobernada polo PSOE. Nos últimos anos, algúns concelleiros do PSOE subense a este carro.

Despois de votar pola supresión da Deputación, meses máis tarde chega o intre de ocupa-lo cargo de deputado da Deputación Provincial, ocupar un posto con responsabilidades de goberno, cobrar un soldo,... ¿Qué pasa agora Sra. Montserrat Magallanes?, dado que estamos a cobrar un soldo a conta de Deputación, agora a supresión das Deputacións pode esperar uns anos, agora que temos responsabilidade de goberno, agora xa non é unha institución tan mala, non hai presa por facer esa reforma para suprimila... ¡¡¡verdade que agora o prioritario para vostede é o soldiño!!!

Que dicir do gran Alcalde de Vigo; pregoando sempre contra a Deputación provincial, que era un organismo inútil, que sempre ía contra a cidade de Vigo,... craro, neses intres o goberno da Deputación estaba en mans do PP. Agora que a mesma institución está gobernada pola súa segunda de abordo e 1º Tenente de Alcalde de Vigo,... desapareceu toda belixerancia contra esa institución, xa non é unha entidade inútil,...



Nós seguimos pensando o mesmo. As Deputacións Provinciais son un organismo obsoleto, que en 180 anos de historia levan aportado pouco á Administración Local; pero sempre serviron como un niño onde medraba o caciquismo.

Son unha Administración que carece de lexitimidade democrática; os membros das mesmas nunca son votados directamente polos cidadáns. Son os concelleiros que se votan entre eles.

Son uns entes que non serven con obxectividade ós intereses dos concellos; sempre actúan con premisas partidistas. Moitas das Deputacións provinciais só serven para a auto gloria persoal dos seus presidentes e promoción dos seus familiares.

Se a Sra. Montserrat Magallanes fose unha persoa coherente có votado o 27 de Setembro do 2.013, xa non tomaría posesión do cargo, ou como mínimo dimitiría,... os deputados do BNG, en coherencia có predicado pola súa formación farían outro tanto. Pero o soldos políticos son moi doces e gostosos; cobrar ben sen ter que respetar nin cumprir un horario laboral, sen cumprir obxectivos de laborais,...

Aló, polo mes de Maio do 2.019 contarán outras mentiras para que lles votemos.

Señores, hai que ser COHERENTES.


Mirador do Monte Ancos, a 11  de Xaneiro do 2.016.

Valentín  Paz  y Amor. Párroco y Gestor de un Banco de Alimentos en La Abundancia (Veracruz; México).

No hay comentarios:

Publicar un comentario