viernes, 15 de enero de 2016

¿Cortina de fume?

CHANCHONADA  493º
¿Cortina de fume?.



 Cando como lectores con atención e presteza leemos a noticia da posible candidatura do castro do Monte Santa Tecla para que sexa declarado como Patrimonio Histórico da Humanidade pola UNESCO. Debemos recoñecer que sentimos orgullo pola nosa terra natal. As veces pecamos de orgullo e quitamos peito, presumimos que os nosos antepasados xa fai +2.300 anos vivían nunha pequena cidade da época pre-romana, que rexía todo o tramo final do río Miño, que comerciaba con Roma, que houbo explotacións mineiras de ouro no Val do Tamuxe,...

Ou sexa, que a nosa tradición urbanita xa ten varios milenios; mentres que outros son cidade dende fan uns poucos séculos.

Moitos veciños miñotos descoñecen que no ano 1.931 foron declarados como Monumentos Histórico-Artísticos a Cadetral de Tui, o Mosteiro de Santa María de Oia e o Castro de Santa Tecla.

Lamentablemente, deberían de ter más protección, coidado, cariño e amor dos veciños e autoridades locais; cousa que non acontece. Especialmente, doinos moito na alma e no corazón a situación de abandono do Mosteiro de Oia; para nós é incomprensible que sexa propiedade dunha empresa que trata de facer negocio có mesmo, e o use como elemento de “chantaxe” administrativo para lograr situacións administrativas e fiscais moi ventaxosas. Pero mentres, o Mosteiro segue abandonado e deteriorándose.

Estudiando o tema, para lograr este gran obxectivo de ser declarado o Castro de Santa Tecla como Patrimonio Histórico da Humanidade; queda un longo traxecto por facer. O primer paso e ter redactado e aprobado o “Plan Especial de Protección do Castro de Santa Tecla”, ou un instrumento xurídico-administrativo similar. De momento, este primer paso que sinala a Lei 16/1.985 do Patrimonio Histórico Español aínda está sen facer,... Mal empezamos, queremos chegar a un sitio e aínda non demos o primeiro paso.

Pero temos outra dubidas; a declaración de Patrimonio Histórico da Humanidade esixe moita responsabilidade, coidado e vixiancia sobre os usos que facemos do Monte.

1º)  Limitación e control do número de visitantes diarios, vehículos, autobuses, aparcamentos,... Posiblemente a actual forma de acceder ó Monte, as aglomeracións de coches no mes de Agosto e de  Xullo,... todo isto terá que trocar. Posiblemente só poderán acceder menos visitantes e con máis control, o número de vehículos será menor, e na cima do Monte o estacionamento será temporal para deixar visitantes ou recolle-los despois da visita.... ¿Temos construídas áreas de estacionamento alternativas dentro do Monte para prestar servicio?

2º)  Na liña do anterior, moi posiblemente haberá que retira-las antenas de telecomunicacións  e radio faro de navegación aérea que hai na cima do Monte. ¿Hai estudios técnicos para a nova ubicación dos mesmos?.

3º)  En liña coa limitación de acceso de visitantes sinalada no punto 1º e coa actividade de preserva-las ruínas da cidade pre-romana. ¿Qué facemos coa Festa do Monte e coa Romaría de Santa Tecla?.

4º)  ¿Están dispostas as Comunidades de Montes a perder competencias sobre os usos do Monte?


¿Queremos que a cidade pre-romana do Monte Santa Tecla sexa declarada Patrimonio da Humanidade?; a nosa resposta é  SI.

Pero, aínda administrativamente non se fixo o primeiro paso, queda moito traballo administrativo por diante, hai obras que debemos facer, para dota-lo Monte de medios e equipamentos necesarios que sexan unha alternativa real para os visitantes, e tamén para nós os veciños miñotos, especialmente durante a Festa do Monte e no día da Romaría de Santa Tecla.

As veces criticamos, pero tamén propomos ideas; recomendamos ós nosos gobernantes locais que lean as seguintes “Chanchonadas”.

“Chanchonada 463º” titulada Tanque de tormenta do día 30 de Setembro do 2.015; onde expoñiamos ideas de obras hidraúlicas para a seguridade do Monte e das persoas que acceden ó memo.

“Chanchonada 466º” titulada Cambiar para protexer, do día 12 de Outubro do 2.015; onde propomos obrar nos dous campos de Chans, para construír dúas áreas de aparcamento, con capacidade para 1.030 vehículos.

De momento, aínda non fixeron NADA. Soamente expuxeron unha idea na prensa, pero a prensa subvencionada con fondos municipais non é a realidade. ¿Non será esta idea unha cortiña de fume para tapa-los fracasos políticos do equipo de goberno e escondela súa incapacidade de gobernar?. Tempo ó tempo; pero posiblemente esta pregunta remate por ser unha realidade.


Mirador do Monte Ancos, a 15  de Xaneiro do 2.016.

Aquiles Pinto Paredes. Director del Museo de Arte Moderna de la Antigüedad, en Guarroman (Jaén; España).

No hay comentarios:

Publicar un comentario