Sentidiño
común.
Posiblemente dentro de varios anos, ós nosos fillos lles cause sorpresa, ou
indignación, que nós os seus pais estivesemos compartindo toda a súa vida con
centos de persoas, subindo continuamente fotos ás redes sociais,... pensarán se
nós non tiñamos nada mellor que facer, e posiblemente haberá fotos que non lles
guste que se atopen no mundo das redes dixitais.
Esta practica tan inocente en aparencia, ten moitos perigos; hoxe imos a
dar algúns pequenos consellos, para que todos fagamos un uso máis coherente e
seguro para os menores.
1º) Todo o que se
comparte nas redes sociais, logo resulta ser moi difícil ou imposible de borrar.
Podes facer un borrado da túa páxina persoal, pero non das copias que fixeron
outros “amigos” e o uso que logo poidan facer.
2º) Respeta-la
intimidade dos menores; antes de subir unha foto, vídeo,...
mellor consultar con eles, se lles gusta ou non.
3º) Non publicar
nunca fotos dos nenos espidos. Vale que as fotos dos nosos nenos
e nenas xogando na praia, a tan curta idade aínda non teñen o concepto da
vergoña da desnudez,... ¡¡¡Moito
coidado, nas redes hai pedofilos que poden facer copias destas fotografías e
vidos, e logo aparecen en lugares nada desexables!!!
4º) Non abuses das fotos dos teus
fillos, non as subas de seguido á túa rede social. Antes de facer isto, faite
varias preguntas: ¿estou facendo isto polo ben dos
meus fillos?, ¿de verdade isto ten interese para os meus contactos?, ¿estou
poñendo en perigo a intimidade da miña familia?
5º) Usa-lo correo
electrónico. Se realmente
queres compartir fotos dos teus fillos con familiares, amigos,... mellor usa-lo
correo electrónico; así hai máis privacidade e soamente as diriximos a aquelas
persoas coas que queremos compartir estes intres.
6º) Nas fotos que
lle fagas ós teus fillos e amigos deles, procura que se atopen de espaldas, ou
difumina os seus rostros. Para que non sexan recoñecibles por
persoas que son alleas ó noso núcleo familiar e de amizades. Se nas fotos aparece a matrícula do
coche, o enderezo da rúa,... é
importante que estes elementos sexan difuminados, borrados,... isto é por
seguridade de toda a unidades familiar. Non hai que dar pistas de onde
vivimos, cal é noso vehículo, os sitios que frecuentamos, os horarios que
temos, a que colexio van os nosos nenos,... ¡¡¡Hai que ser precavidos!!!
7º) Non etiquetes as fotos cós nomes e apelidos dos vosos fillos, hai
que evitar que estes datos sexan indexados a buscadores,... Pois
estades a poñer en risco a súa seguridade persoal.
8º) Se vas a
compartir fotos, onde hai outros menores; que menos que solicita-los permisos
dos seus proxenitores.
9º) Aqueles proxenitores que viven
separados (legalmente ou non); é moi importante que compartan estas normas e as
asuman como propias nas súas redes sociais. Os seus fillos sempre serán os seus
fillos, e a seguridade dos mesmos é algo moi importante. Varios compañeiros que
se adican ó Dereito Familiar, nas sentencias de separación ou divorcio xa
engaden un apartado referente a este elemento de respeta-los menores nas redes
sociais de cada proxenitor.
Este verán estivemos pasando unhas semanas de vacacións nunha localidade do
Levante,... mentras miles e miles de persoas gozan da praia, do baño, de
toma-lo sol,... Pola praia, polo paseo marítimo da mesma, pola zona de bares e
“chiringuitos” pasea a Policía Nacional e a Local, para garanti-la seguridade
dos cidadáns; un dos elementos que buscan son certas persoas que con discreción
e disimulo realizan fotos a persoas que están na praia, sexan mulleres e mozas
que están en bikini ou sen parte do mesmo, ou a menores que xogan espidos na beira
do mar.
Mentras estivemos de vacacións, un varón foi detido por facer fotos a
menores,... correuse a voz e varias decenas de pais, acudiron ó posto de
Policía na praia, con intencións de tomarse a xustiza directamente.
Por desgracia, no Baixo Miño non ollamos estas precaucións e actividades
preventivas por parte das nosas autoridades e corpos de seguridade. As veces
temos ollado a certas persoas que sen discreción ningunha fan fotos ás persoas
que están na praia, dende a terraza do bar de certo hotel que está a pé de
praia no río Miño.
Así que un consello final; antes de subir fotos dos fillos, sobriños,
netos, afillados,... ¡¡¡¡SENTIDIÑO!!!!
Mirador do Monte Ancos, a 9 de Setembro
do 2.015.
Emiliano Salido del Pozo. Médico
forense y Périto Judicial Criminal (Moscas del Páramo; León; España).
No hay comentarios:
Publicar un comentario