O caixón do esquecemento.
Descoñecemos se nas
oficiñas do Concello de A Guarda existe un caixón do esquecemento, posiblemente non exista como tal
elemento físico, pero o funcionamento político-administrativo dos últimos anos
semella estar baseado na existencia e uso do caixón do esquecemento. Este
suposto, ou hipotético caixón do esquecemento é o lugar onde rematan moitas
iniciativas, proxectos, propostas, expedientes,... que pasan a residir neste
lugar, onde có paso do tempo deixan de ser actualidade molesta, así esperan que
o paso do tempo faga esquecer todo. Sería algo similar ó “triángulo das
Bermudas”, non sabemos si existe ou é real, si é unha fantasía,... pero hai
cousas que desaparecen e outras son olvidadas intencionadamente.
Querida Sra. Ortega a ollamos moi satisfeita por estes 4 meses como líder
do PP guardés; por favor que a euforia non lle cegue a realidade; os seus
compañeiros dos PSOE son capaces de dicir unha cousa, votar outra distinta e
logo actuar dun xeito diametralmente contrario ós dous postulados anteriores. Non lles importa decir A, votar B e logo
facer C; para eles o único realmente importante e manterse no goberno para
cobrar un soldo.
Querida Sra. Ortega, por experiencia profesional, está ben ter ledicia dos
éxitos, pero hai que ir facéndolle un
seguimento como se materializan, que resultados obteñen,... non hai que deixar
que as cousas rematen dentro do caixón do esquecemento. Faga un seguimento
das mocións e proxectos que presenta, aprobados ou non, dos que se
materializan, das respostas ás súas preguntas plenarias, se as respostas son
certas e verdadeiras. Esta forma operativa poder dar bós resultados, como
demostrou a Sra. Beatriz Estevez, que foi capaz de demostrar documentalmente
que os membros do goberno municipal mentían sen rubor algún.
Agora chega o intre de poñerlle deberes ós nosos concelleiros para o último
trimestre do ano 2.015.
Durante a pasada lexislatura municipal, o 22 de Novembro do 2.012, o Sr.
Freitas fixo un acto de presentación con moito luxo, fanfarria ostentosa e
outros paripés con ágapes, petiscos e viños do “Plan Rector do
Monte Sta Tecla”. Tras unha presentación con moito bla, bla,
bla, tras blablear moito ¡¡¡Xa vai
camiño de tres anos do acto de presentación!!!. Facemos as seguinte preguntas.
¿Foi entregada unha copia do Plan Director do Monte Sta
Tecla?; ¿cándo pensan facelo público para coñecemento dos veciños?; ¿cándo pensan leva-lo a pleno para a súa
aprobación?; ¿poderemos decidir os veciños sobre o mesmo nun
referendum municipal?. ¿A qué ven tanto escurantismo sobre este
tema?; ¿Qué esconde ese Plan Rector do Monte Sta Tecla?
Non sabemos se o “Plan Director do Monte Sta Tecla” descansa no caixón do esquecemento;
pero posiblemente alí están depositadas dende fai anos a memoria e conciencia
de varios concelleiros; que despois de anos de actividade, a súa folla de
servicio ó pobo guardés limitase a asinar mocións chegadas de fóra, ou
simplemente a actuar de maniquís nas procesións. Tamén podería ser que por
causas médicas, teñen a prescripción de medicamentos como o Dormonoct,
Dormicum, Lorenin,.., ou outros medicamentos con efectos sedantes, hipnóticos e
ansiolíticos; isto explicaría o proceder tan lento e pausado.
O vindeiro 2 de Decembro do 2.015, o noso querido Ferry
cumplirá o seu 20º aniversario. Posiblemente a maioría dos nosos concelleiros descoñecían tal data e tal
aniversario; xa sabemos que ó noso novo Alcalde, o Sr. Lomba, ninguén lle marca
a axenda que debe de cumprir,... ¿Cándo
imos a coñece-las contas do Ferry?, ¿qué ingresos tivemos anualmente na
Guarda?, ¿qué gastos?, ¿qué cantidades ten cobrado Camiña?, ¿qué remesas lle
ten enviado o Concello de A Guarda?, ¿en qué gasta Camiña os ingresos
procedentes do Ferry?, ¿está amortizado?.
Nestes 3 meses, podemos decir que descobrimos unha faceta do novo Alcalde,
o Sr. Lomba, temos un alcalde que a súa maior ocupación diaria é facerse
autofotos. Agora temos unha aplicación para o telefono móbil, así podemos
denunciar que cousas están mal nas nosas rúas,... para facer isto, non era
necesaria tal aplicación, resultaba máis doado e barato para a facenda
municipal ollar diariamente o “infogauda” e prestar atención ós escritos,
especialmente ós de algúns concelleiros, e de cidadáns responsables, como o Sr.
Anselmo Martínez. Visto os precedentes que teñen as denuncias, non lle damos
moito futuro á aplicación.
¿As denuncias feitas na
aplicación van rematar no caixón do esquecemento?.
Queridos Sres. Concelleiros, a páxina oficial do Concello de
A Guarda está sen actualizarse dende fai varios meses; de feito
en varios organigramas aínda está o Sr. Freitas como Alcalde, a Sra.. Fátima
Iglesias como líder do PP, a Sra. Beatriz Estevez como concelleira,... As últimas actas de comisión de goberno son de fai 6
meses, e as dos plenos dende fai máis dun ano que non se actualizan.
¡¡¡Gastamos máis de 4.000€ nunha aplicación, e logo somos incapaces de manter
actualizada a información da páxina oficial!!!
Isto é política de paripé. Poucas veces un inútil vai cobrar un soldo tan
xeneroso que non se merece.
Posiblemente, os nosos concelleiros xa están a traballar na Liquidación das Contas do Concello do ano 2.014.
¿Existirá un apartado da tan
cacarexada débeda coa Cámara de Camiña?, ¿a cánto ascende esta débeda?.
Se esta débeda non está nas liquidacións de contas, é por que non existe tal
compromiso económico,... se existe e non aparece, poderíamos estar ante un caso
de falsedade en documento público, e ocultación de información. ¿Qué acontece con este tema?
Non sabemos se existe ou non un caixón do esquecemento; pero de existir
debe de ser de dimensións considerables; nel cabe o Ferry e ata o Monte Santa
Tecla.
Mirador do Monte Ancos, a 27 de Setembro
do 2.015.
Nereida Laguna
Dulce. Directora
Técnica de Mantenimiento de Acueductos del Consorcio Estatal del Agua (Ciudad de Aguascalientes, Estado de
Aguascalientes, México).
No hay comentarios:
Publicar un comentario