miércoles, 23 de septiembre de 2015

Blablear

CHANCHONADA  461º
Blablear.




A semana pasada, por motivos laborais estivemos en Aberdeen (Escocia), para acudir á Feira da industria de extracción mariña de petróleo (Offshore European); son viaxes de traballo por motivos profesionais.

Logo estivemos de visita familiar por Londres; pois un compañeiro visitaba á súa familia, e compartimos con eles certas celebracións. Nestes días os indostanís están a festexa-la Festa do Ghanpati (Festa do Deus Ganesha Chaturthi), que é fillo de Shiva e de Parvathi,... Para nós, torpes ignorantes, todo isto é totalmente descoñecido. Podemos decir que fomos agasallados moi ben, e teñen un postre especial para esta festa: “modak”.

Na nosa terra miñota non temos destas cousas, non hai comunidade indostaní,...


Descoñecemos si existe o verbo blablear; pero deberíamos poñelo en uso. Naqueles tebeos da nosa infancia, cando un persoaxe falaba cousas intranscendentes, sen importancia,... o autor do tebeo, no correspondente bocadillo escribía un: bla, bla, bla,...  Polo tanto, blablear sería falar ousas insustanciais, carentes de importancia, un falar e non decir nada. Por sorte, na Guarda e na bisbarra temos varios expertos en blablear,... son persoas que cando os oímos falar, ou leemos un escrito, semella que están a tratar un tema importante, pero logo cando analizamos con calma a mensaxe que comunica está valeira de contido.

Imos cun exemplo de blablear; fai uns poucos días o novo líder do BNG guardés, regalounos un gran escrito criticando as obras da Praza de Abastos de A Guarda. Despois de repasar varias veces o escrito, chegamos á conclusión que é unha blableada.

Comprendemos que os membros da oposición municipal, poden e deben critica-la acción do goberno municipal; pero cando se critica hai que facer propostas alternativas realistas. Para nós, os membros do Mirador, a Praza de Abastos é un pozo sen fondo de diñeiros públicos, que non van a dar resultados,... Cando hai un problema, hai que analiza-las causas do mesmo, estudiar alternativas,... Sobre o tema da Praza de Abastos, o pasado 6 de Agosto na “Chanchonada 450º” fixemos unha análise da situación da Praza de Abastos, e propuxemos unha alternativa.

Logo, no escrito do líder do BNG guardés, hai cousas que se deben mellorar na redacción; polo tanto imos a suxerirlle a corrección de certos erros.

Praceiro, ou praceira: persoa que ocupa unha praza.
As persoas que teñen un posto de venta na Praza, venden abastos, sexan de peixe, carne, vexetais,... o mais correcto sería chamarlles vendedores, pois a súa actividade principal é vender; tamén están as palabras de abasteiro e abasteira, que é a persoa que comercia con elementos adicados á alimentación dos humanos (abastos). No edificio onde resido, teño unha praza para aparca-lo coche, pero non me considero un praceiro.

Prexuízos: son os xuízos que temos a priori sobre un tema, ou cousa concreta, sen coñecemento da mesma.
Como a miña querida cuñada, que sen coñecer moi ben a cultura do Indostán, ten certos prexuízos ás persoas da India, Bangladesh e Pakistán; outras persoas teñen certos prexuízos ás persoas de etnia xitana ou cíngara, ós musulmáns, ós subsaharianos,...

Perxuízos: son os danos materiais ou inmateriais que causan determinadas accións.

Frase literal do escrito do líder do BNG guardés:
. A indignación entre os praceiros e praceiras é manifesta polos prexuízos que lles está a causar e a tensión de non saber o que se está a acometer”.



Dende logo, a Praza de Abastos de A Guarda ten un problema estructural; a idade media dos seus usuarios - compradores está por riba dos 50 anos, cada ano que pasa serán menos os usuarios; a pesar das moitas obras que se lle fagan. ¿Cántos dos nosos concelleiros son usuarios - consumidores da Praza de Abastos?; probablemente ningún. Dende logo, nós recoñecemos, que non somos usuarios, nin compradores na Praza de Abastos.

Dende logo a nós o exemplo de Tomiño non é válido. Tomiño existe como núcleo urbano dende fai pouco máis de 100 anos, durante gran parte deste tempo foi a casa do Concello, a Praza de Abastos a parada do autobús da ATSA e pouco máis,... Fai menos de 20 anos que o núcleo urbano de Tomiño comenzou a medrar e expandirse,... e polo tanto a dotarse de servicios.

No caso da Guarda é totalmente distinto, tanto o núcleo urbano da vila guardesa, como o de Salcidos datan de +1.000 anos para atrás, na Baixa Idade Media, e posiblemente varios séculos para atrás,... Modifica-la trama urbana e urbanizada dende fai 1.000, 1.100, 1.200 ou +1.300 anos é moi difícil.

Onde non hai nada, facer algo é fácil; onde xa hai moito, tratar de manter as cousas é compricado.

Queridos lectores e amigos; poden vostedes buscar no “Infogauda” o escrito do Sr. Angel Baz, líder do BNG da Guarda, adicado á Praza de Abastos, e logo comparalo coa nosa “Chanchonada 450º” do 6 de Agosto do 2.015. ¿Cal é a blableada?



Mirador do Monte Ancos, a 22  de Setembro do 2.015.

Aleksis Tikismikis Protestopokoulus. Secretario Ejecutivo de Exportación para Iberoamérica de la Agrupación de Empresarios, Comerciantes e Industriales de Tesalónica  (Kalamaria; Tesalónica; Grecia).

No hay comentarios:

Publicar un comentario