¿Qué votan ahí?.
Si fago a pregunta: ¿qué votan ahí? A inmensa maioría das persoas non a
entenden, e polo tanto non saberían que responder. Lembro na miña infancia e
xuventude naquela todo poderosa militarmente URSS (CCCP), pero que en productos
de consumo andaba bastante escasa. Cando se formaban colas, preguntabas pola
última persoa (“posledni”); era evidente que algún producto do déficit ía saír
á venta. Naqueles anos 70 e 80, eses productos escasos que saían á venta de
maneira pseudo-clandestina eran chamados “déficits”, para algúns era un cambio
baixo man (“nalevo”).
¡¡¡Cantas tardes perdidas en facer cola!!! A min, persoalmente sempre me
gustaron eses mercados típicos e tradicionais de tódolos pobos, onde as persoas
das granxas próximas veñen a vende-los seus productos. A día de hoxe aínda
visito ese mercado que hai nas proximidades da estación de tren de Kiev.
Pero estes mercados antigos e tradicionais están chamados a ir morrendo.
¿Cantos miles de € levará
gastado o Concello de A Guarda na súa Praza de Abastos?; 100 mil, 200 mil, 300
mil,... Realmente non
o sabemos, pero é posible que nos atopemos máis cerca dos 300.000 ou perto a
superalos.
Dende o noso punto de
vista, todas estas inversións na mellora e actualización da Praza de Abastos
son cartos mal gastados. Por moito capital que se gaste na mellora desta instalación, as ventas
dos titulares dos postos da praza non van a aumentar, van a seguir minguando e
perdendo rentabilidade.
A maioría dos consumidores usuarios da Praza de Abastos son persoas maiores
de 60 anos; evidentemente moitas destas persoas a esperanza de vida que teñen é
de unha ou dúas décadas de vida. A súa capacidade económica é limitada, pois
dependen dunha pensión,... e ó ter certos problemas de mobilidade ou outros de
saúde, comenzan a depender de outras persoas... Polo tanto o
potencial de usuarios - consumidores é unha cantidade minguante que
desaparecerán en pouco máis de 20 anos.
En troques, toda as persoas das xeracións que teñen de 50 anos e menos,
temos outras pautas de consumo; somos consumidores de supermercado; gostamos de
ir có carro, ter a carnicería, a pescadería, a panadería,... todo dentro da
mesma instalación. Necesitamos ter o noso coche moi perto da instalación onde
facemos as compras, para logo cargar todo no maleteiro,... Moitas das compras
as pagamos con tarxeta bancaria, coa tarxeta de cliente do súper para acumular
descontos en productos, desconto en gasolina,...
As novas xeracións de consumidores non estamos
acostumados a mercar nunha Praza de Abastos; para nós é un mundo alleo.
¿Queren que funcione a Praza de Abastos e teña algo de futuro?; isto son as
nosas reflexións.
1º Buscar un novo lugar onde
insta-lar a Praza de Abastos; con espacio de estacionamento para clientes,
unha área reservada e acotada para os praceiros, para a carga e descarga de
mercadurias,...
2º Debe estar cerca do que hoxe é
o centro comercial da Guarda: a zona da Praza de Avelino Vicente e Alameda.
Evidentemente a actual ubicación da Praza de Abastos non cumpre con estes
requisitos; pola súa actual ubicación non pode crear unha amplía zona de
estacionamento próxima. Ademais vaise quedando afastada do centro comercial i
económico da Guarda.
Nos pensamos que a mellor
opción para ubica-la nova Praza de Abastos, sería a zona dos “térrenos da
Eléctrica”(inicio da
rúa Brasil),... hai espacio físico para obrar, está cerca da zona comercial, do
mercadillo dos sábados, é máis accesible para os veciños de Oia, do Rosal, de Salcidos,...
Supoñemos que deberán modifica-los plans de urbanismo, entrar a negociar coa
entidade bancaria propietaria dos terreos, buscar subvencións na Xunta,...
Posiblemente cós diñeiros gastados nestes anos, xa poderíamos ter adianto moito
nesta dirección.
Isto é a diferencia entre pensar e idea-las cousas a medio e longo prazo;
en troques os nosos gobernantes levan anos facendo as cousas pensando nas
próximas eleccións, ou noutro espacio temporal aínda máis curto.
Mirador do Monte Ancos, a 6 de Agosto
do 2.015.
Elpidio Dineral
Albanco. Director comercial de la zona Oeste y miembro
del Consejo de Administración del Banco Jones (Escondido; San Diego;
California; USA).
No hay comentarios:
Publicar un comentario